Skip to content

Tellado: “Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia”

18, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia, por ter un bo sistema de atención a domicilio e por ter actuado con axilidade e anticipación coas residencias integradas. Así se refería ao inxusto reparto dos fondos que prepara o Goberno central para compensar ás Autonomías polos gastos que trouxo consigo a pandemia.

 

Segundo aseverou, Galicia oponse aos criterios de reparto do fondo Covid anunciados no Consello de Ministros, xa que se cambian os utilizados ata agora tanto no reparto do fondo aprobado en marzo como no vixente sistema de financiamento autonómico.

 

De feito, en marzo, a poboación protexida tiña un peso do 80% mentres que agora redúcese a menos do 40%, menos da metade. “Isto prexudica a Galicia porque reduce o peso do avellentamento, que é precisamente a poboación que maior investimento sanitario precisa”, explicou o secretario xeral engadindo que a proposta é totalmente insuficiente para a Comunidade, igual que o teñen expresado outras Autonomías de distinto signo político.

 

Ademais, no reparto do gasto sanitario o Goberno só ten en conta o hospitalario sen ter en conta o gasto por atender a persoas nos seus fogares, nas residencias integradas ou polo gasto que afrontou Galicia en atención primaria. “Unha vez máis, non pedimos máis fondos que ninguén, pero si que non se nos discrimine por ter xestionado esta crise con rigor”, insistiu Tellado.

 

De igual xeito, pediu ao Goberno central un pouco máis de sensibilidade cos problemas de Galicia: “Que se busquen solucións para Alcoa e as demais electrointensivas, que non se ataque ás nosas empresas situadas no dominio público marítimo-terrestre coa reforma do Regulamento da Lei de Costas e que non se poñan trabas á recuperación económica nin ás axudas as empresas e traballadores”.

 

Así mesmo, falou do episodio absolutamente incomprensible vivido estas semanas na Deputación de Ourense, no que semella que o PSOE provincial aposta por frear as axudas directas aos autónomos da provincia. “Se os socialistas galegos non queren ser parte da solución aos problemas dos seus veciños, alomenos agradeceriámoslles que non puxesen máis trabas a aqueles que si queremos axudar a saír desta crise”, salientou.

 

PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

Por outra banda, o número dous do PPdeG anunciou que o partido celebrará a presentación de candidaturas este domingo nun acto innovador, que reflectirá a filosofía da que será unha campaña diferente “na que primará a precaución e a seguridade, será máis dixital e audiovisual e na que seguiremos igual de pegados ao territorio ca sempre”.

 

Como indicou, será un evento con cinco sedes distintas pero conectadas: os presidentes Feijóo e Casado intervirán desde Santiago de Compostela e as cabezas de lista das catro candidaturas farán o propio desde a súa capital de provincia, arroupadas polos compañeiros de cada unha delas.

 

“Galicia é unha cidade única, con 2.700.000 habitantes, e este partido é moi grande e está en cada recuncho dela” dixo recoñecendo que os populares utilizarán a tecnoloxía para ser prudentes pero facer o que sempre fai o PPdeG: “Chegar a cada punto da Comunidade e levar a nosa mensaxe a cada galego”.

 

Cómpre lembrar que o presidente Feijóo tomou a decisión de renunciar a máis de 30 días de precampaña electoral para centrarse na xestión da pandemia e na desescalada. Desde hai un mes que se convocaran as eleccións o PPdeG non celebrou nin un só acto público de carácter preelectoral.

 

Nese senso, Tellado recordou que os populares expresaron a súa vontade de reducir a campaña, unha proposta á que se lles contestou mesmo con insultos desde os partidos da oposición, que non interromperon nin un día a súa precampaña, presentaron candidaturas e programas electorais e mantiveron encontros sectoriais e territoriais cos seus alcaldes e cargos institucionais. “Desde o PPdeG respectamos a súa estratexia en todo momento, aínda que non a compartísemos”, aclarou sinalando que a súa formación retomará a actividade electoral no mesmo punto que a deixou en marzo, cando quedaba unha semana para comezar a campaña.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies