Skip to content

Tellado: “No primeiro ano desta Lexislatura a Xunta quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns»

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, no seu afán por facer que a maioría dos galegos note a recuperación, no primeiro ano desta Lexislatura a Xunta «quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns».

 

Tras lembrar que esta fin de semana se cumpre o primeiro aniversario da toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo para comezar o seu terceiro mandato como presidente da Xunta, logo de acadar a súa terceira maioría absoluta; Tellado puxo en valor que hoxe a nosa Comunidade está mellor ca hai un ano. “E cremos, se tiveramos que resumilos, que estes doce meses estiveron marcados pola consolidación do crecemento económico, pola mellora dos servizos sociais e pola estabilidade institucional”, subliñou.

 

Nese senso, salientou que nos últimos doce meses, a economía galega tivo un comportamento extraordinario, crecemos no entorno do 3%, máis cá media española; temos máis de 18.000 afiliados máis á Seguridade Social, o INE reflicte que os salarios creceron, batemos un novo récord de exportacións e en turismo, volvéronse baixar os impostos autonómicos e mantivéronse as rebaixas de anos anteriores, e aprobouse unha Lei que pretende darlle un impulso á implantación de empresas e a creación de postos de traballo.

 

Así mesmo, Tellado tamén apuntou que no último ano asistimos á mellora dos servizos públicos e a un novo esforzo por parte do Goberno autonómico en materia de Política Social. Deste xeito, entre outros logros destacou o recente anuncio da ampliación do Bono Coidado ata os 12 anos así como a da Tarxeta Benvida ata os tres anos, a apertura dos dous primeiros quirófanos híbridos de España nos Hospitais de Vigo e A Coruña, a aprobación aínda onte dun Plan de Excelencia do Sistema Universitario, ou a continuación da ampliación do número de prazas en escolas de infantil, centros de día, de atención á discapacidade e residencias de maiores.

 

O número dous do PPdeG considerou que nada disto se podería ter conseguido sen a estabilidade institucional que os populares galegos levan reivindicando durante estes anos como un dos grandes valores da nosa Comunidade. “E seguirémolo facendo, porque nos últimos tempos demostrouse que é máis importante ca nunca”, recoñeceu.

 

Do mesmo xeito, aseverou que nestes últimos meses, e malia a estarmos sufrindo en España a maior das ameazas ao Estado de Dereito en décadas, Galicia conseguiu presentar dous orzamentos en tempo e forma, grazas a non ter un gobernado secuestrado por unha minoría e amosarse como un territorio con seguridade xurídica e fiable para investir.

 

“En definitiva, cremos que o Goberno que lidera Alberto Núñez Feijóo ten demostrado que ten unha folla de ruta moi clara, ten a receita para aplicala con éxito e ten a ambición para seguilo facendo e mellorando nos tres anos que aínda quedan por diante. E desde o Partido Popular de Galicia consideramos, con toda humildade, que iso son moi boas novas para o conxunto dos galegos”, remarcou.

 

Tellado concluíu afirmando que no PPdeG están convencidos de que a recuperación económica, a creación de emprego, e as baixadas selectivas de impostos seguirán sendo a súa principal prioridade; que Galicia seguirá apostando pola política social, pola sanidade pública, pola educación, pola conciliación familiar e pola atención á dependencia; e que a estabilidade institucional seguirá a ser unha das súas grandes fortalezas e un dos grandes activos desta Comunidade.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies