Skip to content

Tellado: «O PPdeG celebrará o Día de Galicia cun acto no Xardín Botánico de Padrón»

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016.-
 
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu no día de hoxe unha rolda de prensa na que anunciou a próxima celebración por parte do PPdeG dun acto de celebración do Día de Galicia. Dito acto terá lugar na tarde do venres 22 de xullo no Xardín Botánico de Padrón.
 
Tellado explicou a elección de Padrón polo simbolismo que aporta a celebración dun acto “rodeados de árbores senlleiras que simbolizan o enraizamento do partido coa nosa terra e rodeados de referencias literarias plurais que nos identifican como partido que exerce un galeguismo integrador en lugar dun nacionalismo sectario”.
 
Abondando neste contraste, o número dous do PPdeG defendeu que, fronte a “partidos que reivindican o seu amor a Galicia dende o odio” e “que desprezan ás eleccións políticas da maioría social galega e non aceptan a pluralidade ideolóxica, identitaria ou lingüística do noso país”, o PPdeG “ve Galicia con orgullo e por iso é o partido que máis se parece a ela”.
 
“Nós dicimos que Galicia, por moitos motivos, non é Castela nin é Madrid, pero o dicimos sen ter nada en contra de Castela nin de Madrid e sen renunciar aos vínculos históricos moi profundos que nos unen co resto de España”, destacou Tellado.
 
Defendeu tamén a identificación do PPdeG coa “loita histórica do galeguismo”, que foi “a de ter institucións propias que se gobernen segundo decida o pobo galego”. En troques, sinalou, “outros desprezan estas institucións cando o pobo galego decide o que eles queren”, actitude que, considerou, “en ningún caso pode ser galeguismo”.
 
Tellado fixo unha síntese da defensa das institucións propias realizada polo PPdeG nesta lexislatura: dende a blindaxe da capacidade executiva ao manterse fora da intervención económica por parte do goberno central ata a mellora da representatividade do poder lexislativo galego “con instrumentos que non existen en ningunha outra asemblea autonómica, como as iniciativas cidadás de impulso”.
 
Asemade, o secretario xeral do PPdeG lembrou o reforzo que nesta lexislatura viviron todas as institucións propias: o Consello Consultivo coa facultades de elaborar proxectos de lei por encargo da Xunta; o Consello de Contas gañando competencias en materia de prevención da corrupción ou o Valedor do Pobo converténdose no órgano de control da transparencia da administración galega.
 
Por último, reivindicou que “somos galeguistas porque cremos na sabedoría da sociedade tradicional galega”, tal e como facían Brañas ou Otero Pedrayo. Contrastou esta actitude co “adanismo de quen cre que está a inventalo todo”, desprezando así as leccións dos nosos devanceiros. O PPdeG, en cambio quere usar ese pasado “para cimentar o noso futuro”.
 
Este novo acto conmemorativo, concluíu, sumarase á tradicional ofrenda floral de Novas Xeracións no Panteón de Galicia. Porén, considerou acaído instaurar un acto propio do partido porque “é o lóxico nun partido galeguista, é o lóxico nun partido que representa á maioría social de Galicia e é o lóxico nun partido que cre que estas dúas cousas teñen, necesariamente, que ir da man”.
 
“O PARTIDO QUE MÁIS PRETO ESTÁ DE GALICIA”
 
Nesa sintonía do PPdeG coa maioría social galega enmarcou tamén Tellado o primeiro balance da xira ‘A Galicia que ti queres’.
 
Segundo avanzou o número dous dos populares galegos, o presidente Feijóo está “moi satisfeito de cómo está funcionando” esta ruta que o ten levado xa polas catro provincias e que volverá a levalo por todas elas ao longo da vindeira semana.
 
“Está recibindo directamente da xente información moi valiosa de cómo perciben o funcionamento dos servizos públicos e está a recibir propostas de mellora para as nosas políticas”, salientou Tellado.
 
O secretario xeral ligou esta boa acollida ao feito de que “nun momento no que a nivel nacional a xente percibe políticos que nin sequera se queren escoitar entre eles, valórase moito máis a un proxecto que baixa á rúa a escoitar a todo o mundo, sexa ou non do seu partido e sexa ou non das súas ideas”.
 
Para Tellado, o resultado desta xira “amosa unha vez máis que é verdade cando dicimos que somos o partido que máis se parece a Galicia e que máis preto está de Galicia”, así como o grande contraste derivado de que “mentres Feijóo está saíndo á rúa a escoitar tranquilamente, de ti a ti, as propostas da cidadanía, os outros partidos están pechados nas súas sedes berrándose entre eles por liortas internas”.
 
CONDOLENCIAS POLO ATENTADO DE NIZA
 
Miguel Tellado quixo comezar a súa rolda de prensa expresando “as condolencias por parte do Partido Popular de Galicia co pobo francés e coas vítimas do atentado terrorista que se produciu onte en Niza”.
 
O secretario xeral do PPdeG apelou “á unión de todas as persoas demócratas e de todas as persoas que queren vivir en sociedades abertas e libres para manternos xuntos contra o fanatismo e contra a intolerancia”. 
 
“En Europa caben todas as persoas, de todas as procedencias e de todas as relixións que queiran e saiban vivir no respecto mutuo, na tolerancia e na liberdade e o que non cabe é ninguén que queira vivir dende u odio, dende a intolerancia ou dende a imposición”, concluíu Tellado.
 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies