O vicesecretario de Economía e Desenvolvemento Sostible do Partido Popular, Alberto Nadal, amosou esta tarde o seu apoio ao sector do automóbil de Vigo e da provincia de Pontevedra nun encontro mantivo cos representantes de CEAGA Fundación Clúster da Automoción e Mobilidade de Galicia.
Nesta reunión, o representante popular interesouse pola situación actual do sector, do que lembrou que constitúe na cidade olívica un dos principais centros de produción de España, que ademais é o segundo país europeo en fabricación.
Alberto Nadal estivo acompaña neste encontro polo cabeza de lista ao Congreso, Julio García Comesaña, a responsable de Economía e Industria do Goberno galego, María Jesús Lorenzana, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, e a tamén candidata viguesa Irene Garrido.