Santiago, 8 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique criticou hoxe que tanto o PSdeG como o BNG “estean a utilizar co novo centro de saúde de Bouzas a mesma estratexia política que seguiron co Hospital Público Álvaro Cunqueiro: primeiro, negárono; e agora que xa é unha realidade menten e fan demagoxia coa dotación de persoal”.
Neste sentido, asegurou que “a actividade sanitaria neste centro de saúde iniciarase de modo progresivo e avaliarase coidadosamente de forma programada a dotación dos efectivos necesarios en función da demanda asistencial”.
? Bouzas tiene, por fin, un Centro de Salud. Hoy pude explicarlo, ante las críticas de PSdG y BNG, que lo demonizan y critican antes de que abra, como hicieron con el Hospital Público, Álvaro Cunqueiro.
¡Hasta les cuesta reconocer que ya está hecho! pic.twitter.com/GU0QWxXAVF— Teresa Egerique Mosquera (@temtem23) April 8, 2021
Teresa Egerique saudou que os grupos da oposición “recoñeceran hoxe no Parlamento galego recoñeceran que Bouzas ten un novo centro de saúde, logo de que, unha e outra vez, empregaran a sanidade pública como unha ferramenta política”.
Neste sentido, lembrou que este centro de saúde naceu en 2005, cando a daquela alcaldesa Corina Porro asinou un convenio de cooperación coa Xunta onde se establecían as bases para a súa construción. “Pero, lamentablemente, chegou Abel Caballero á Alcaldía de Vigo e mandou parar o proxecto, porque boicotea canto investimento quere facer a Xunta en Vigo, malia que o Goberno galego persiste e fainas”, apuntou.
A deputada popular explicou que a dotación do persoal sanitario neste centro de saúde “obedecerá a estritos parámetros técnicos e sanitarios, pero tamén a parámetros e ratios de poboación atendida”. Ademais, engadiu que “os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade, é dicir, se lles ofrece trasladarse ao novo centro de saúde ou quedar onde están a ser atendidos neste momento”.