Skip to content

Feijóo anuncia impostos cero para mozos, familias numerosas e discapacitados na compra de vivenda en concellos de ata 20.000 habitantes

Os Peares, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en Os Peares que durante a vindeira lexislatura “haberá impostos cero para os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes”.

Feijóo participou nun acto “moi especial para min porque son eu quen vos recibe: benvidos ao meu punto de partida, á miña aldea e á miña casa”. Neste sentido, explicou “todos temos un lugar no que empezamos, un sitio no que aprendemos a soñar e un punto no mapa que cremos máis noso que ningún outro, e Os Peares é o meu”. “Por iso, nos momentos importantes, sempre me gusta volver aquí e non cabe dúbida de que o inicio dunha campaña electoral como esta o é”.

 

MOTOR IDENTITARIO E EMOCIONAL
“Ninguén discute que o motor económico poida estar nas grandes vilas e cidades, pero o motor identitario e o motor emocional para a maioría de nós está nas aldeas dos nosos pais e dos noso avós”, indicou. Así, lembrou que no PPdeG “sempre fomos moi conscientes de que temos unha débeda co rural que aínda non está saldada na súa totalidade, malia que nos últimos anos avanzamos”.

 

Neste sentido, explicou que o rural “é hoxe máis atractivo, porque a Lei do Solo protéxeo pero tamén garante máis posibilidades de desenvolvemento; está camiño dunha mellor organización, porque se reforzaron os recursos para as concentracións parcelarias; ten mellores comunicacións, porque oito de cada dez galegos ten ao seu carón unha vía de altas prestacións e o obxectivo é chegar ao 100 por cento na vindeira lexislatura; e hai máis tecnoloxías, porque a práctica totalidade ten acceso a banda longa”.

 

“Hoxe hai máis inquietude por volver ao rural e hai máis xente que pensa no rural como alternativa de futuro”, manifestou o presidente do PPdeG, quen apuntou que “lograremos este obxectivo se seguimos sendo capaces, con máis intensidade, de que o rural non só sexa o lugar co que asociemos aos nosos antepasados, senón tamén o lugar ao que queiran asociar o seu futuro as novas xeracións”.

 

Deste xeito, Feijóo subliñou que “facer máis atractivo o rural foi, é e será a nosa prioridade e ao rural dirixiremos as nosas medidas máis ambiciosas”, en concreto “cero impostos para calquera que queira emprender no rural, cero impostos para os mozos que queiran vivir no rural e 100 por cento de compromiso para impulsar o rural”.

 

SEGUIR TRABALLANDO POR TODA GALICIA
Na súa intervención en Os Peares, Alberto Núñez Feijóo tamén alertou de que “non é posible facer política para todos, e logo moverse soamente nas grandes cidades; non é posible querer dar oportunidades a todos, e logo desprezar e insultar a todo aquel que non pensa igual; e é imposible querer representar o interese xeral, e logo defender un sentimento tan xeral en Galicia como o nacionalista e abrir debates tan xerais en Galicia como o dereito a decidir se nos chamamos nación e nos independizamos de España”.

 

“Quero seguir traballando por Galicia, por toda Galicia”, afirmou, para apuntar que “por iso temos que responder o 25 de setembro clara e contundentemente que Galicia somos todos, que esta terra está mellorando e que non precisamos que ninguén nos diga o que é Galicia nin como temos que sentila, porque cada un sinte a Galicia, nos Peares ou onde sexa, como lle peta”.

 

Feijóo rematou ofrecendo “un proxecto claro a Galicia, porque en Os Peares aprendín que un trato se pecha se están claras as condicións, e os galegos saben cales son as que se teñen que dar o 25 de setembro para contar con nós”. “Propoño seguir cunha Galicia unida e estable, e continuar trazando a Galicia que queremos para os nosos fillos, porque aquí aprendín tamén que o que lles deixemos é o máis importante”, sinalou.

 

“Por iso, propóñolle a Galicia que me vote, porque aquí aprendín que cando un deu todo de si mesmo, cando un cre sinceramente que ofrece algo mellor que os demais, cando un pode mirarlle aos ollos á xente, pode pedirlles a súa confianza”, rematou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies