Skip to content

Feijoo compromete unha maioría aberta ao acordo cun Goberno para todos e seguir avanzando na moderación e a estabilidade que os galegos decidiron

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe a confianza da Cámara comprometendo unha maioría aberta que traballará para todos e coa man tendida ao gran consenso para seguir, aseverou, o rumbo que os galegos decidiron: a estabilidade e a moderación. Feijóo iniciou así o debate propoñendo traspasar ao Parlamento a excepción do resultado electoral en Galicia, cun comportamento político que tamén sexa excepcional.

MÁIS EMPREGO E DE MELLOR CALIDADE

   Anuncia unha nova Lei de emprego de Galicia para que: a taxa de paro se sitúe nunha cifra por debaixo dos dous díxitos, priorizar os colectivos máis afectados como os mozos, mulleres e parados de longa duración e reducir a temporalidade e a precariedade laboral
·    Propón unha estratexia máis ampla que converta Galicia no lugar máis favorable para ser autónomo: extensión durante un ano máis da tarifa plana, creación do Bono Autónomo de ata 2.000 euros, ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar e a posta en marcha do Programa de remuda xeracional
·    Promoverase unha auditoría que detecte, aínda con maior claridade, posibilidades de axilizar todos os trámites da actividade económica

CRECEMENTO, INNOVACIÓN E COÑECEMENTO

 Avanza a posta en marcha de novos programas de apoio á internacionalización, con máis coñecemento e máis innovación
·    Avoga por potenciar Galicia como sede de I+D+i creando consorcios de innovación e abrindo novas convocatorias de unidades mixtas
·    Reforzarase a Estratexia de captación de talento, flexibilizando os criterios de acceso ás axudas e incrementando os recursos do Programa Ignicia
·    Destaca a incidencia que teñen a FP e as universidades sobre a economía e avanza que se completará a adaptación do mapa de titulacións, ademais de introducir no ensino medio materias innovadoras como Robótica e Programación

 

OS SECTORES ESTRATÉXICOS E O SECTOR PRIMARIO, SINÓNIMO DE FUTURO

 

 “Do mesmo xeito que a pasada lexislatura foi a do naval ou a da automoción, esta ten que ser a lexislatura do sector primario”, afirma
·    Destaca que grazas ás súas capacidades tecnolóxicas o naval pasou dunha situación sen novos pedidos a ter hoxe encargos por máis de 2.300 millóns de euros
·    Lembra que a automoción ten garantida actividade para a próxima década e 3.000 millóns de investimento para a industria auxiliar
·    Cun investimento de 150 millóns de euros estanse sentando as bases para que Galicia se converta nunha referencia mundial do sector aeronáutico
·    No eido do turismo recalca que se traballará desde o primeiro minuto para que o do 2021 sexa “o mellor Xacobeo da historia”
·    Expresa o seu convencemento de que as iniciativas de transformación láctea se traducirán en máis estabilidade, mellores prezos e un futuro con máis esperanza para os gandeiros
·    En materia forestal propón distintas melloras entre as que destaca o recoñecemento da figura do silvicultor activo, a redacción dos plans de ordenación de recursos forestais e o impulso aos deslindes de montes veciñais en man común
·    Salienta a importancia da cogobernanza co sector pesqueiro para mellorar a xestión dos recursos marítimos
·    Anuncia que tamén se poderán beneficiar do programa de impostos cero os mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade que adquiran a súa vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes

 

INFRAESTRUTURAS E PATRIMONIO AMBIENTAL E CULTURAL

 

Garante que se completará a rede de vías de altas prestacións para que a práctica totalidade dos galegos teñan unha ao seu carón
·    Anuncia a aprobación dun novo Plan de transporte público pensado para o século XXI, que integre o transporte a demanda e siga a impulsar a intermodalidade
·    Aposta  por un crecemento “ordenado e sustentable”, con todas as infraestruturas hídricas funcionando ou coa execución garantida, con menos emisións de CO2 e coa vista posta en que todas as necesidades enerxéticas da Galicia do futuro poidan ser cubertas integramente con enerxías renovables
·    Unha nova Lei de patrimonio natural ampliará e blindará os nosos espazos protexidos e a primeira Lei de rehabilitación e mellora dos conxuntos históricos de Galicia promoverá a posta en valor dos nosos centros históricos
·    Comprométese a avanzar na ordenación do territorio cunha nova lei que substitúa a anterior, aprobando un Plan básico autonómico para que os concellos pequenos tamén poidan contar cun PXOM actualizado e que integre as recomendacións da Guía de cores e materiais

 

RESPOSTAS INTERXERACIONAIS, DESDE O BERCE ATA A TERCEIRA IDADE

 

   Sitúa como os grandes retos do noso Estado do Benestar a personalización e adaptación ao contexto demográfico
·    “Esta será a lexislatura na que Galicia finalizará o novo Servizo Público Galego de Saúde”, asegura, que rematará co 100% dos galegos tendo ao seu carón un hospital ou un centro de saúde novo ou renovado
·    En materia educativa reforzarase a aposta polo plurilingüismo e a formación en igualdade e no respecto aos nosos símbolos, especialmente a lingua
·    Seguirase traballando para “consolidar Galicia como o mellor lugar para nacer e ser neno”, afondando nas medidas de conciliación e garantindo a Tarxeta Benvida ata 2020, que se ampliará ata os 3 anos para as familias en risco de pobreza ou exclusión social
·    Profundarase na aposta polo envellecemento activo, seguiranse creando prazas públicas para dependencia e apostarase por unha Sanidade pública que deixe de estar limitada fisicamente aos centros sanitarios e dea respostas á cronicidade  
·    Fai un chamamento a todos os grupos políticos para reflexionar conxuntamente sobre o reto demográfico, “un asunto central no que nos queda de década e máis da próxima”
·    No eido da Xustiza as melloras centraranse en acelerar a informatización e facer realidade importantes infraestruturas en Tui, Pontevedra, A Coruña e Vigo
·    Avanza que os empregados públicos recuperarán nesta lexislatura o poder adquisitivo perdido durante a crise económica

 

UN FINANCIAMENTO ESTABLE, SUSTENTABLE E PROGRESIVO

 

   Pide consenso á hora de reclamar un financiamento autonómico que remate coa provisionalidade, que respecte o reparto de responsabilidades entre Goberno central e as comunidades e que garanta a solidariedade interterritorial e recoñeza os cumpridores
·    Asegura que Galicia non está disposta a pagar nin os privilexios que algúns queiran obter nin tampouco a factura da parálise co AVE que está pendente desde hai décadas
·    “Galicia pedirá sempre dous requisitos previos nas relacións co Estado e coas restantes autonomías: lealdade e unidade”, di
·    Avoga por que a Conferencia de Presidentes deixe de ser excepcional e case simbólica para converterse en ordinaria e efectiva
·    En relación ao debate sobre o modelo territorial afirma que Galicia non pode apoiar un proceso que carece de rumbo e de punto de chegada, nin tampouco un trato de favor á insubordinación sistemática ao marco legal que fixemos entre todos

 

DIÁLOGO E CONSENSO

 

 “Non esixo respecto para min, para o meu Goberno ou para o meu Grupo; esixo respecto para a maioría dos galegos aquí representados”, incide
·    “Galicia é de todos e todos temos a responsabilidade de facela nosa, para que os nosos fillos poidan ter a oportunidade de facela súa”, di
·    Salienta a disposición ao consenso dunha “maioría que está aberta a todos os galegos e a todos os membros desta Cámara”

 

Santiago, 8 de novembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe a confianza da Cámara comprometendo unha maioría aberta que traballará para todos e coa man tendida ao gran consenso para seguir, aseverou, o rumbo que os galegos decidiron: a estabilidade e a moderación. Feijóo iniciou así o debate propoñendo traspasar ao Parlamento a excepción do resultado electoral en Galicia, cun comportamento político que tamén sexa excepcional.

“Galicia: un pobo, unha terra, unha fala…e un Parlamento”, dixo, incidindo en que, se ben o apoio obtido en Galicia polo grupo que representa é excepcional, a súa vontade é que esta maioría sexa unha maioría aberta a todos os galegos, con independencia do que votasen, “porque poden ter a seguridade de que haberá un Goberno autonómico que traballará para todos”. E unha maioría aberta tamén neste Parlamento, con independencia do partido ao que se pertenza, “porque sempre terán a miña man tendida para sumarse nas solucións ao gran consenso político e social que se produciu nas urnas o 25 de setembro”, dixo.

Motivado, impulsado e lexitimado polos galegos, o presidente do PPdeG recoñeceu sentirse actor partícipe dun momento histórico que esixe acordos con máis intensidade que nunca, incidindo en que o que verdadeiramente representa o resultado electoral é un temperamento, que os galegos expresaron nas urnas con contundencia. “De forma maioritaria a nosa xente non quere leas, e si estabilidade; si traballo pronto, e non máis demoras; si unidade, en Galicia e co resto de España, en lugar de máis división; e, en  vez de axitación, elixe si moderación”, aseverou, afirmando que o tempo novo que se abre ao mesmo tempo que esta X Lexislatura, e agora que se comeza a superar a crise e consolidar a recuperación, presenta retos estruturais que esixen respostas xeracionais, e non simplemente respostas partidistas.

Feijóo aproveitou tamén a súa intervención para poñer en valor a institución parlamentaria. Coa aspiración de que o que se defenda nela sexa o acordo ou o desacordo, pero nunca a agresión á Cámara, “porque quen despreza un representante do pobo aquí, desprézase a si mesmo pero, sobre todo, está tamén a desprezar o pobo”. E, pola súa banda, garantiu que o novo Goberno seguirá escoitando o pobo e respectando sempre a súa idiosincrasia e opinión.

Logo de confirmar que as persoas que máis sofren –polo motivo que sexa- seguirán a ser a primeira preocupación e o principal compromiso, o responsable do PPdeG lembrou que, ben que ningunha das dúas lexislaturas anteriores foi sinxela, con acertos e con erros, sempre houbo un Goberno que cumpriu coas súas obrigas. E asegurou que, nesta terceira xeira tamén haberá un Goberno que cumprirá coa súa función e que o fará inspirado por unha idea fundamental: agora Galicia ten que conxugar o seu futuro.

“Faremos o que Galicia precisa, o que dixemos que fariamos e o que os galegos votaron”, sentenciou, asegurando que o novo Goberno cumprirá a folla de ruta avalada maioritariamente nas urnas; seguirá desenvolvendo o Plan Estratéxico 2015-2020 e adaptándoo ás melloras económicas que se vaian producindo; “e Galicia terá un Goberno desde o primeiro ata o último día da lexislatura”.

Nesta liña, avanzou que a primeira decisión será a aprobación do teito de gasto para o próximo ano, e posteriormente dos presupostos antes de que remate este 2016 para que poidan ser debatidos neste Parlamento no menor tempo posible. “Desde o 1 de xaneiro xa empregaremos os mecanismos orzamentarios que a Xunta ten ao seu alcance –basicamente anticipados de gasto- para poder gobernar sen ningún tipo de demora, tal e como dixemos que fariamos”, dixo, resaltando que se trata dunha decisión cun efecto cuantitativo relevante porque permitirá afondar por terceiro ano consecutivo na tendencia crecente e poñer coa máxima rapidez posible case 250 millóns de euros máis á disposición das prioridades dos galegos.

Cunha Galicia cuxo rumbo non cambiou e cunha situación que segue a mellorar, Alberto Núñez Feijóo aseverou que o Goberno volverá responder aos galegos con menos impostos nesta lexislatura. “Respondemos aos galegos con menos impostos na crise e as distintas reducións selectivas son proba diso; respondemos aos galegos con menos impostos cando comezou a recuperación, e desde este ano está en vigor a maior baixada fiscal da historia de Galicia, incluída a supresión do imposto de sucesións para a práctica totalidade de Galicia; e volveremos responder con menos impostos tamén nesta lexislatura”, abundou.

Aínda que dicir a verdade implica afirmar que segue habendo problemas que resolver, Feijóo recoñeceu que hoxe Galicia está en mellores condicións para afrontalos. E, neste sentido insistiu en que a mellor situación económica se traduce en tres consecuencias directas de grande importancia para a acción da Xunta, pero tamén para a vida diaria dos cidadáns. A primeira delas: máis orzamentos, e esta pode ser a primeira lexislatura desde 2008 en que as contas públicas serán expansivas todos os anos e, por tanto, con máis investimentos sociais e económicos.

A segunda consecuencia fai referencia a unha menor débeda, “toda vez que o noso compromiso é reducir progresivamente a ratio débeda/PIB, para que Galicia siga estando entre as comunidades con menos débeda de España”. E a terceira está relacionada con menos impostos, “seguir reducindo a presión fiscal sobre os galegos”.

Diante disto, avanzou os tres obxectivos prioritarios para esta lexislatura: orientar a recuperación cara a unha economía viable e sustentable no futuro, que incorpore con máis fortaleza ao sector primario; seguir mellorando os servizos públicos, consolidando a Galicia como o lugar máis atractivo para nacer e vivir; e participar activamente no debate territorial aberto no Estado, proxectando cara ao exterior o modelo galego de Autonomía, especialmente arredor do modelo de financiamento autonómico.

 

Máis emprego e de mellor calidade

 

Consciente de que a recuperación económica non está completada, porque aínda non alcanzou a moitos galegos, Feijóo garantiu o compromiso a seguir preto das familias que continúan inmersas no drama do paro, ou das que tendo traballo aínda carecen dos recursos suficientes para unha vida digna. “É o noso primeiro compromiso”, reiterou, asegurando que Galicia seguirá sendo a comunidade autónoma con maior compromiso social.

Nesta liña, o presidente do PPdeG avogou por máis emprego, como xa está ocorrendo, pero tamén coa calidade suficiente. E avanzou que ambos os dous obxectivos serán o eixo dunha das principais leis nesta lexislatura: unha nova Lei de emprego de Galicia, que dote a nosa terra dun contexto normativo máis favorable para lograr tres obxectivos: seguir reducindo o desemprego, co fin de que se creen entre 80.000 e 100.000 novos postos de traballo e que a taxa de paro se sitúe nunha cifra por debaixo dos dous díxitos. Dar prioridade, con máis intensidade, a colectivos especialmente afectados, como os mozos, mulleres e parados de longa duración. E incrementar as actuacións encamiñadas a reducir a temporalidade e precariedade laboral, incrementando o nivel de contratos indefinidos, por máis que hoxe xa son dous de cada tres.

Sobre este punto, referiuse tamén a unha figura clave do tecido empresarial: os autónomos, propoñendo a aprobación dunha estratexia máis ampla que converta Galicia no lugar máis favorable para ser autónomo: coa ampliación durante un ano máis da tarifa plana para os autónomos que requiran dese tempo adicional para consolidarse; coa creación dun Bono Autónomo de ata 2.000 euros e co reforzo da súa formación; coa ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar, e abríndoa tamén aos pais; e coa posta en marcha do Programa de remuda xeracional que xa existe no comercio.

Logo de lembrar que a Rede de aceleradoras de empresas, os incentivos fiscais, a oficina Doing Business ou a eliminación da licenza previa para abrir un negocio son os máis claros expoñentes de que hoxe en Galicia xa é moito máis fácil emprender e máis barato, Feijóo adiantou que a Xunta promoverá unha auditoría que detecte, aínda con maior claridade, posibilidades de axilizar todos os trámites da actividade económica. “E seguiremos ademais abríndonos ao mundo, con novos programas de apoio á internacionalización e a través da implicación directa do Goberno, mantendo a axenda económica como prioritaria na súa acción exterior, e tentando explorar novos destinos como o mercado oriental”, engadiu, apostando ademais por máis coñecemento e máis innovación.

 

Crecemento, innovación e coñecemento

 

Aínda que Galicia ten dado mostras de que quere e pode ser exemplo de innovación, o responsable do PPdeG avogou por potenciar Galicia como sede de I+D+i creando consorcios de innovación que sumen esforzos de investigadores, centros tecnolóxicos, grandes empresas e pemes. “E, nesta liña, ademais do aeronáutico que xa temos en marcha, o primeiro que queremos impulsar é o do eido da biotecnoloxía”, dixo.

Así mesmo, referiuse á apertura de novas convocatorias das unidades mixtas de innovación; ao reforzo dos recursos para facer realidade a Industria 4.0; e a definición dun plan de provedores a grandes empresas, que detecte as súas necesidades de contratación e oriente a innovación das nosas pemes cara a esas oportunidades de negocio.

Alberto Núñez Feijóo trasladou tamén a determinación de reforzar a Estratexia de captación de talento, non só flexibilizando os criterios de acceso ás axudas para que cheguen a máis científicos de prestixio, senón tamén incrementando os recursos do Programa Ignicia, que permite verificar e sacar ao mercado os proxectos dos nosos investigadores. E destacou a incidencia sobre a economía que teñen a formación profesional e as universidades, avanzando que se completará a adaptación do mapa de titulacións, ademais de introducir no ensino medio materias novas como Robótica e Programación

 

Os sectores estratéxicos e o sector primario, sinónimo de futuro

 

En relación aos sectores estratéxicos da economía galega, o responsable do PPdeG abriu a súa intervención aseverando que “do mesmo xeito que a pasada lexislatura foi a do naval ou a da automoción, esta ten que ser a lexislatura do sector primario”.

Feijóo lembrou que grazas ás súas capacidades tecnolóxicas o naval pasou dunha situación sen novos pedidos a ter hoxe encargos por máis de 2.300 millóns de euros nos estaleiros públicos e privados. O sector da automoción ten garantida actividade para a próxima década e 3.000 millóns de investimentos para a industria auxiliar e, cun investimento de 150 millóns de euros estanse sentando as bases para que Galicia se converta nunha referencia mundial do sector aeronáutico.

No eido do turismo recalcou que se traballará desde o primeiro minuto para que o do 2021 sexa “o mellor Xacobeo da historia”.

En relación ao sector primario, afirmou que potenciar a industria agroalimentaria, e os selos de calidade que a avalan, debe seguir sendo o eixo das políticas do Executivo galego. No tocante ao sector lácteo expresou o seu convencemento de que as iniciativas de transformación láctea se traducirán en máis estabilidade, mellores prezos e un futuro con máis esperanza para os gandeiros.

Sobre este punto referiuse, a modo de exemplo, á decisión de instalar en Curtis unha fábrica de transformación de leite, con capacidade para atraer case un de cada catro litros de leite que se producen en Galicia; á ampliación da planta transformadora de queixo situada en Vilalba; ou á recente fusión de tres cooperativas, que supón agrupar  3.600 gandeiros que representan o 15% da produción galega. “En resumo, tres iniciativas que, xunto con outras, absorberán sobre o 50% da produción leiteira de Galicia, e traduciranse para os gandeiros que dela dependen en máis estabilidade, mellores prezos, e un futuro con máis esperanza”, abundou.

En materia forestal, Feijóo propuxo distintas melloras entre as que destacou o recoñecemento da figura do silvicultor activo, a redacción dos plans de ordenación de recursos forestais e o impulso aos deslindes de montes veciñais en man común.

En materia de pesca, salientou a importancia da cogobernanza co sector para mellorar a xestión dos recursos marítimos e anunciou que tamén se poderán beneficiar do programa de impostos cero os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran a súa vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes.

Infraestruturas e patrimonio ambiental e cultural

O candidato á investidura recalcou a importancia das conexións para “harmonizar de forma completa as realidades que coexisten na nosa terra”. Parte destas conexións son as tecnolóxicas, nas cales comprometeu que seguiremos mellorando para garantir maiores velocidades.

No relativo ás infraestruturas viarias, Feijóo garantiu que se completará a rede de vías de altas prestacións para que o 100% dos galegos teñan unha ao seu carón. Citou algunhas das obras que se van realizar, como a autovía do Morrazo, a conexión da Vía Ártabra coa AP-9, o enlace do polígono de San Cibrao das Viñas coa A- 52, o enlace de Areas no Baixo Miño na vía Tui- A Guarda e a prolongación da autovía da Costa da Morte, ademais do inicio da conversión en autovía do tramo entre Lugo e Sarria, avanzar coa VAP Costa Norte (variante de Viveiro) e continuar a autovía entre Santiago e A Estrada.

Nesta lexislatura tamén se buscará avanzar na ordenación do transporte público, estendendo o Plan de transporte metropolitano a Ourense e a Pontevedra e impulsando as intermodais de Vigo, Ourense, Santiago e A Coruña. Esta ordenación culminará na aprobación dun novo Plan de transporte público deseñado para o século XXI, que incorpore servizos como o pago por móbil, o transporte a demanda ou a opción de que o transporte público urbano saia dos límites municipais.

“Non persigo unha Galicia perfecta porque ningún político responsable pode prometer varrer do mapa todos os problemas —recordou Feijóo—, pero si aspiro a contribuír a unha Galicia que crea máis nas súas posibilidades e, sobre todo, unha Galicia que se queira máis a si mesma”.

Para iso é imprescindible traballar por un crecemento ordenado e sustentable, que respecte o medio ambiente. Ao final da lexislatura, todas as infraestruturas hídricas estarán funcionando ou coa súa execución garantida, polo que as nosas rías estarán saneadas. Ademais, camiñamos cara a unha Galicia con menos emisións de CO2, para o que se aprobarán a Estratexia galega de sustentabilidade ambiental e a Estratexia galega de cambio climático. O obxectivo final é que todas as necesidades enerxéticas da Galicia do futuro poidan ser cubertas integramente con enerxías renovables.

O candidato á presidencia da Xunta puxo o acento na importancia da conservación do patrimonio, tanto ambiental como cultural. Unha nova Lei de patrimonio natural ampliará e blindará os nosos espazos protexidos e a primeira Lei de rehabilitación e mellora dos conxuntos históricos de Galicia promoverá a posta en valor dos nosos centros históricos. Tamén irá nesta última liña a Estratexia galega de rehabilitación, que recolle obras ora impulsadas pola Xunta, ora polas familias que queiran rehabilitar unha vivenda. Tamén se terá especialmente en conta a posta en valor dos elementos patrimoniais dos camiños de Santiago.

Para garantir que a expansión de Galicia sexa “racional e coherente”, vaise aprobar unha nova Lei de ordenación do territorio, que complementará a Lei do solo que viu a luz na anterior lexislatura. Ademais, un Plan básico autonómico facilitará que os concellos menores de 5.000 habitantes conten cun PXOM actualizado. Este documento terá en conta as recomendacións que formule a Guía de cores e materiais.

 

Respostas interxeracionais, desde o berce ata a terceira idade

 

O presidente do PPdeG salientou que “a sanidade pública, a educación pública e os servizos sociais públicos son tamén unha parte importantísima do noso patrimonio”. Durante a X Lexislatura, deberán responder aos grandes retos dos servizos públicos do século XXI: a personalización e a adaptación ao contexto demográfico.

Para que os departamentos competentes poidan centrarse en prestar servizos e non nas edificacións nos que se prestan, Feijóo anunciou que a Axencia Galega de Infraestruturas vai asumir “os procesos de contratación e construción dos centros sociosanitarios e educativos”. Isto enmárcase nos retoques nos niveis intermedios que presentará o novo Goberno, se ben este non sufrirá cambios na súa estrutura.

“Esta será a lexislatura na que Galicia finalizará o novo Servizo Público Galego de Saúde”, avanzou. Neste proceso de renovación, a tecnoloxía tamén terá un papel esencial, pois contribuíron a que os datos de listas de espera fosen os mellores desde que existen rexistros. Ademais, en 2020 o 100% dos galegos terán ao seu carón un hospital ou un centro de saúde novo ou renovado.

Nestes catro anos remataranse novos ambulatorios públicos, iniciaranse tres novas grandes ampliacións (no Gran Montecelo en Pontevedra e nos hospitais públicos de Ferrol e da Mariña), ademais da ampliación do Hospital Público de Santiago (no marco da reorganización derivada da construción da nova Facultade de Medicina), rematará a ampliación dos hospitais públicos da Coruña e de Ourense e ampliaranse tamén as urxencias do Hospital Público do Barbanza.

“Cando falamos do Estado do Benestar, as respostas deben ser interxeracionais”, indicou o candidato á presidencia da Xunta. A nosa rede de benestar deberá dar respostas “desde o berce ata a terceira idade”. Por iso seguirase traballando para “consolidar Galicia como o mellor lugar para nacer e ser neno”, garantindo a Tarxeta Benvida ata 2020, que se ampliará ata os 3 anos para as familias en risco de pobreza ou exclusión social.

Para dar respostas ás familias, vanse afrontar dous desafíos esenciais  como son a racionalización de horarios e a conciliación da vida laboral e familiar. A creación de novas prazas públicas de escolas infantís permitirá elevar a ratio de cobertura ata o 40% e consolidar a lista de espera cero.

Tamén se estenderán iniciativas innovadoras como a das casas niño, para que co horizonte do 2020 os 313 concellos de Galicia poidan contar cun servizo de conciliación. “Galicia seguirá ofrecendo deducións fiscais á maternidade e paternidade e dialogaremos co novo Goberno central para intentar reducir o IVE dalgúns produtos básicos, como os cueiros. Non hai mellor legado posible que facer de Galicia o mellor lugar para fundar unha familia”, sentenciou.

En materia educativa, o novo Goberno galego vai apostar pola formación en igualdade e no respecto aos nosos símbolos, especialmente a lingua. Alén diso, manteranse as principais liñas de actuación da pasada lexislatura, como o aumento das oportunidades que ofrece a formación profesional e o mantemento das taxas universitarias máis baixas de España.

Unha destas liñas estratéxicas é o plurilingüismo, no que se vai afondar coa extensión desta medida á educación infantil de 3 a 6 anos e á FP. Así mesmo, destacou o obxectivo de lograr que en cada unha das sete grandes cidades haxa polo menos un centro público de excelencia en Bacharelato plurilingüe, ampliar os programas de estadías para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, especialmente inglés e portugués, ampliar a gratuidade das matrículas para os estudantes das escolas de idiomas e fomentar que as tres universidades galegas implanten graos internacionais.

“A Galicia de 2020 vai ofrecer moitas máis oportunidades ás galegas e aos galegos da Xeración do Estatuto”, afirmou o candidato á presidencia da Xunta. Por iso, aínda que Galicia é a Comunidade española con menor taxa de emigración xuvenil, imos traballar para que os que emprenderon ese camiño e queren volver á súa terra poidan facelo. Ademais, vaise intentar atraer os galegos de segunda e terceira xeración que estean residindo nos países onde tradicionalmente emigrou o noso pobo, como Arxentina, Uruguai, Cuba ou Venezuela.

Con respecto aos nosos maiores, aos que Feijóo recoñeceu como “unha parte indispensable de Galicia”, seguiremos a apostar polo envellecemento activo e reforzando a atención á dependencia, tanto creando novas prazas públicas como impulsando o servizo de axuda no fogar. O reto demográfico é especialmente desafiante para a Sanidade pública, que afronta un cambio de paradigma en que deixará de estar limitada aos espazos físicos dos hospitais e centros de saúde.

É por iso que imos elaborar un Plan galego de atención á cronicidade, reforzar as unidades de hospitalización a domicilio e a asistencia a domicilio desde a atención primaria, aprobar un Programa de apoio a persoas maiores que viven soas, reforzado polo Fogar Dixital, e avanzar cara a unha Sanidade preventiva, co Plan galego de resistencias antimicrobianas e a extensión do cribado de cancro de colon.

O presidente do PPdeG fixo un chamamento a todos os grupos para reflexionar conxuntamente sobre o reto demográfico, “un asunto central no que nos queda de década e máis da próxima” e que “non entende de cores políticas”.

No eido da Xustiza as melloras centraranse en acelerar a informatización e facer realidade importantes infraestruturas en Tui, Pontevedra, A Coruña e Vigo. Por último, Feijóo asegurou que esta será a lexislatura na que os empregados públicos recuperarán o poder adquisitivo perdido durante a crise.

 

Un financiamento estable, sustentable e progresivo

 

O presidente do PPdeG rematou o seu discurso pedindo consenso á hora de reclamar un financiamento autonómico que remate coa provisionalidade, que respecte o reparto de responsabilidade entre o Goberno central e as comunidades, que garanta a solidariedade interterritorial e recoñeza os cumpridores. “O benestar dos cidadáns, que é o que en definitiva está en xogo, non pode estar ao arbitrio de presións derivadas de xogos partidarios pouco responsables”, aseverou.

Así mesmo, asegurou que Galicia non está disposta a pagar nin os privilexios que algúns queiran obter nin tampouco a factura da parálise co AVE, que está pendente desde hai décadas.

Por outra banda, afirmou que a Comunidade galega pedirá sempre dous requisitos previos nas relacións co Estado e coas restantes autonomías: lealdade e unidade. E avogou por que a Conferencia de Presidentes deixe de ser excepcional, e case simbólica, para converterse en ordinaria e efectiva. En relación ao debate sobre o modelo territorial asegurou que a nosa Comunidade non pode apoiar un proceso que carece de rumbo e de punto de chegada, nin tampouco un trato de favor á insubordinación sistemática ao marco legal que fixemos entre todos. “Cómpre explicitar o ‘para que’ antes de embarcarnos nun debate deste calibre”, sostivo.

 

Diálogo e consenso

 

Alberto Núñez Feijóo concluíu reiterando a disposición ao consenso dunha maioría que está aberta a todos os galegos e a todos os membros desta Cámara. “Galicia é de todos e todos temos a responsabilidade de facela nosa, para que os nosos fillos poidan ter a oportunidade de facela súa. Velaquí o momento, velaquí o motivo, velaquí a obriga de quen estamos chamados a responder co noso traballo as preguntas que nos foron formuladas”, dixo, esixindo respecto “non para min, nin para o meu Goberno ou para o meu Grupo, senón respecto para a maioría dos galegos aquí representados”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies