Skip to content

Feijóo propón aos galegos un novo programa en positivo, que se poderá comezar a aplicar o mesmo 13 de xullo

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propón un novo programa en positivo, que se poderá comezar a aplicar o mesmo 13 de xullo.

 

Asegurou que o documento é “realista e viable” e que non hai brindes ao sol, dogmas ideolóxicos nin promesas que só se sosteñen no papel. E garantiu que Galicia pode ter a certeza de que o PPdeG cumprirá e seguirá xestionando nesta lexislatura, ao igual que que fixo nestes once anos.

 

No escenario actual de dificultades económicas e de incertezas pola evolución da pandemia, dixo que cobra máis importancia un programa que fonda as súas raíces en todo o feito desde 2009. Así, avogou por “aproveitar cada minuto” para seguir reforzando os servizos públicos e destinando recursos contra a pandemia económica e social; en lugar de perder o tempo en discusións entre partidos ou en negociar reparto de cadeiras e de cotas de poder dentro do goberno: “Propoñemos un programa que se pode poñer ao servizo de Galicia desde a propia noite electoral”.

 

GALICIA, REFERENTE DE ESTABILIDADE E RESPONSABILIDADE

Tal e como remarcou Feijóo, Galicia converteuse en referente de estabilidade e responsabilidade porque desde o Goberno se xestionou a realidade sen despegarse dela. Así, fixo fincapé en que o importante non é formular promesas que soen ben, senón “asumir compromisos que se poidan cumprir”. E é que, tal e como salientou, “o valor dun programa electoral non se mide polas súas palabras, senón polos seus feitos”.

 

Detallou que o programa electoral do PPdeG está articulado en cinco eixes e que ten un dobre horizonte temporal: por unha banda, afrontar a pandemia e paliar as súas consecuencias económicas e sociais; e, por outra, deseñar a Galicia de 2030. Deste xeito, o obxectivo é que a nosa comunidade, ademais de seguir reforzando o estado de benestar, recupere a senda do crecemento e se manteña firme no seu autogoberno e no seu galeguismo reformista.

 

CINCO EIXES: ECONOMÍA, INNOVACIÓN, FAMILIA, VERDE E GOBERNANZA

O primeiro dos eixes pretende superar a pandemia e volver impulsar a economía. Neste senso, puxo en valor o Plan de reactivación económica -aprobado xa polo Goberno galego- e recordou que, grazas a que nestes anos Galicia cumpriu co déficit e non se endebedou máis do necesario, hoxe disponse de liquidez para afrontar os retos económicos.

 

O segundo dos eixos está encamiñado a facer de Galicia unha comunidade innovadora. Así, Feijóo destacou o reforzo nas políticas en I+D+i; nunha Educación con máis plurilingüismo e máis inclusiva; e na adaptación dos sectores económicos tradicionais á sociedade dixital.

 

Así mesmo, apostou por unha Galicia que sexa cada vez máis familiar e que avance cara o futuro con máis benestar. O reforzo da Sanidade Pública, o apoio ás persoas maiores e aos máis pequenos ou encarar o reto demográfico son algúns dos pilares deste terceiro eixo do programa electoral.

 

Por outra banda, Feijóo defendeu que a Galicia de 2030 sexa máis verde, sustentable e ordenada: con menos emisións, cunha planificación forestal avanzada, cunha mellor xestión dos residuos e co remate do proceso de ordenación do territorio.

 

O últimos dos eixos é a mellora das estruturas de gobernanza democrática de Galicia. Para iso, garantiu a defensa da Constitución española e do Estatuto de Autonomía; lealdade co resto de administracións, sen deixar de defender o que lle corresponde a Galicia; o apoio dos galegos residentes no exterior; a aposta pola nosa lingua, cultura e patrimonio; e o compromiso co Xacobeo 2021.

 

UN BALANCE DE COMPROMISO E FEITOS

Así, o líder dos populares galegos asegurou que, despois de tres lexislaturas, preséntase cun compromiso e cun balance de feitos: “A Galicia de 2020 parécese pouco á Galicia que asumimos en 2009, pero ten bastantes semellanzas co contrato asinado no Obradoiro hai once anos”.

 

Para o líder popular, a boa política produce certezas, inspira confianza e formula solucións. Por iso, sostivo que non lle interesa a política baseada unicamente na confrontación gratuíta e nos ‘non’ sen alternativa; na de estar por estar; na da dialéctica sen ideas; e a que divide e serve só aos intereses partidistas. E defendeu a política útil, a que, precisamente, lle interesa á nosa Comunidade: a dos consensos, as solucións e a que constrúe e une: “Esa política útil referendada nas urnas en 2009, 2012 e en 2016, e a que volvemos propoñer, con máis forza, con máis experiencia e con máis urxencia, neste 2020”.

 

Amosouse contrario á política formulada en negativo e salientou que Galicia merece uns representantes que non estean contra ninguén, senón con quen máis o necesita; e que gobernen desde o sentidiño e a experiencia por Galicia.

[iframe width=”560″ height=”315″ src=”https://www.youtube.com/embed/f6c_FaiPj40″ frameborder=”0″ allow=”accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture” allowfullscreen ]

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies