Skip to content

Feijóo propón para as cidades gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España

Na presentación dos sete candidatos, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo para as cidades galegas gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España: “Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”.

O líder dos populares subliñou que o PPdeG é garantía de ofrecer o que os cidadáns merecen: solucións, alcaldes coñecidos e recoñecibles, con experiencia e proxectos; políticos fiables e predicibles; e administracións que dan certezas: “o noso partido leva dez anos demostrando en Galicia que se poden facer as cousas ben, que se pode e se debe gobernar sen ocorrencias nin sobresaltos, e que as administracións deben mirar por todos os cidadáns”.     

                                                        

Tal e como apuntou, de non ter acadado o PPdeG a maioría absoluta en 2016, hoxe Galicia tería un Goberno como o de España: un goberno que xera inestabilidade, incerteza e é irresponsable. Feijóo incidiu en que, mentres o executivo central comeza agora a presentación dos orzamentos, un anteproxecto do que non se fía ninguén en Europa e que está pensado en pagar as facturas a Podemos, a nacionalistas e a independentistas; en Galicia, as contas xa están en vigor, son fiables e só están centradas nos galegos. “Para os veciños e para as cidades é mellor ter gobernos parecidos aos de Galicia que ao de España”, indicou.

 

ESPAÑA E GALICIA, DESDE OS CONCELLOS

Tras destacar que o PPdeG é un apoio único en España, xa que Galicia é na única comunidade autónoma na que conta con maioría absoluta, Feijóo salientou que a grandeza da formación radica na súa presenza en cada un dos recunchos: “Non falamos dunha Galicia irreal que só está no obxectivo dunha ideoloxía, tratamos a Galicia que está na vida cotiá dos galegos. E non tocamos de oído, falamos de Galicia e de cada un dos concellos cos pés na terra”.

 

Fronte aos que queren inventar o que pasa en Galicia, co afán de acadar maior número de votos fóra, Feijóo fixo fincapé en que o PPdeG propón realidade, coñecemento e a experiencia do que pasa en cada concello; fronte aos que non teñen propostas para as cidades, o PPdeG ten programas específicos para cada unha delas; e fronte os que piden o voto para proxectos nacionalistas e independentistas en Galicia, o PPdeG presenta proxecto de cidade. “É un partido de goberno: con experiencia de goberno, con propostas para gobernar e con gobernos que gobernan”, indicou.

 

Apuntou que, de cara as próximas eleccións de maio, haberá partidos que queiran que os galegos escollan entre a súa cidade e Galicia ou entre Galicia e España. Fronte a isto, os populares propoñen “a nosa cidade, Galicia e España”. “Os galegos –engadiu- nunca quixemos escoller entre Galicia e España, e quen pretende que así o fagamos sempre se levou a mesma responta: non escollelos a eles, porque somos galegos e españois”. Neste senso, dixo que se fai España desde cada comunidade autónoma e “desde Galicia tamén facemos a España que somos e a España na que cremos”.

 

OS CANDIDATOS DAS SETE CIDADES

Salientou que a formación política ten “un proxecto, un equipo e un candidato para cada concello e para cada cidade”. Neste senso, amosou a súa confianza en Elena Muñoz, xa que Vigo merece ser xestionada con humildade e que poida aspirar a metas moito máis ambiciosas; avogou por Beatriz Mato para que A Coruña saia da parálise e da decepción política e avance de xeito imparable; e destacou a figura de Jesús Vázquez para que Ourense siga crecendo en proxectos e para que supere o maior dos seus obstáculos: a oposición.

 

Dixo que Lugo non pode permitirse catro anos máis da nada, polo que ten que poñerse en marcha con quen escoita e dialga cos seus veciños, que é Ramón Carballo. Incidiu en que presentan a Agustín Hernández porque Santiago ten que ser o máis importante para o seu alcalde e non dedicarse a outras cousas que o distraen das prioridades e paralizan a cidade. Confía en Rafael Domínguez para que Pontevedra saia da inercia, recupere o impulso e se afaste de proxectos narcisistas e nacionalistas. E dixo que, con José Manuel Rey, Ferrol recuperará un goberno que goberna, con xestores que xestionan.

 

O líder dos populares galegos tamén tivo palabras para os grupos da oposición. Así, dixo que o PSdeG “vive nos mundos de Tezanos”, que cre que Pedro Sánchez é un estadista e que pensa que van arrasar en maio; recordou que o BNG irá as eleccións pedindo o voto para Bildu e para ERC; e que nas Mareas de Podemos se suceden os capítulos dunha comedia tráxica mentres paralizan as cidades onde gobernan. E é que tal e como dixo, dan leccións de transparencia, cando son opacos; de democracia, cando se acusan entre eles de fraude; e seguirán falando en nome da maioría dos galegos cando son minoría.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies