Rueda: “Sigamos traballando e convencendo sen complexos, con humildade, escoitando aos veciños e pensando nos 313 concellos”
30 de abril de 2023. Onte, na clausura da tradicional Romaría Popular do Pino, o presidente do PPdeG fixo un chamamento aos seus para que sigan traballando “sen complexos pero escoitando, con humildade, sen sectarismos, con altura de miras e sendo conscientes de que non hai nada gañado” e que o fagan pensando nos 313 concellos, en Galicia e nunha España gobernada por Alberto Núñez Feijóo.
Paula Prado: “Votar ao PSOE é votar á falta de compromiso de Sánchez con Galicia”
28 de abril de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reprochou hoxe a Pedro Sánchez que prefira “os votos antes que facer algo bo par os galegos e as galegas” e neste sentido asegurou que “votar ao PSOE é votar á falta de compromiso de Sánchez con Galicia”.
O Grupo Popular salienta que o PSdeG se sumara hoxe á solicitude ao Goberno central para que garanta fondos europeos ao proxecto de Altri en Palas de Rei
28 de abril de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou hoxe no Parlamento galego que o PSdeG “se sumara finalmente á solicitude ao Goberno de Pedro Sánchez para que cumpra o seu compromiso de garantir o financiamento necesario a través dos fondos Next Generation para a implantación da planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei, logo de que no Pleno do pasado 21 de marzo non apoiaran a proposta no mesmo sentido que saíu adiante co apoio dos deputados do PPdeG”.
O Grupo Popular considera a xestación subrogada unha realidade moi delicada e sensible que require un debate en profundidade, serio e sereno
26 de abril de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a xestación subrogada “é unha realidade moi delicada e extremadamente sensible polo que require un debate en profundidade, serio e sereno”.
O Parlamento galego pide por unanimidade ao Goberno central que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes
26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que sitúe a Ferrol entre as súas accións prioritarias e urxentes e materialice os compromisos pendentes coas veciñas e veciños deste municipio, en particular, desenvolvendo as medidas previstas no Pacto de Estado por Ferrol, dirixido á reactivación económica e social da cidade e das comarcas de referencia; dotando dos orzamentos necesarios para desenvolver con urxencia infraestruturas para modernizar as instalacións de Navantia Ferrol, nomeadamente, a construción dun dique seco que permita poñer en marcha o estaleiro 4.0; e estendendo a Ferrol os beneficios da alta velocidade, logrando a inclusión da liña Coruña-Ferrol no corredor atlántico de mercadorías, ademais da imprescindible modernización da liña Ferrol-Ribadeo.
O Parlamento galego solicita ao Goberno de España medidas para superar as deficiencias existentes no servizo de atención ao público nas oficinas da Seguridade Social
26 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que adopte as medidas de reforzo necesarias para superar, de xeito inmediato, as deficiencias apreciadas nos servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social, de tal xeito que se garanta un servizo público efectivo e de calidade.