O Parlamento aproba, co único voto favorable do PPdeG, o mantemento do emprego e actividade industrial de Ferroatlántica

Santiago, 23 de novembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, cos únicos votos a favor do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a que todas as actuacións que realice en relación coa posible venda pola empresa Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas que posúe nos ríos Xallas e Grande vaian dirixidas a salvagardar os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e súa a competitividade das empresas.

O PPdeG demanda ao Goberno que estude á maior brevidade a sentenza que equipara as indemnizacións dos contratos temporais e indefinidos

Santiago, 22 de novembro de 2016.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno central, a través do grupo de expertos que ten creado, estude a maior brevidade a repercusión da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europa que equipara as indemnizacións por finalización dos contratos temporais aos contratos indefinidos.

o GPP demanda a creación dun centro de referencia en Galicia para a atención da interrupción voluntaria de embarazo de máis de 22 semanas de xestación

Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Pleno do Parlamento instar á Xunta de Galicia a crear un centro de referencia para a atención da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) nos supostos de máis de 22 semanas de xestación, con persoal sanitario especializado, na rede sanitaria publica de Galicia.

 

A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou que “desde o PPdeG nos preocupa a atención que se lles da ás mulleres no caso de ter que someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo, porque sabemos que non é unha situación para nada agradable nin desexable para elas”.

 

ATENCIÓN INTEGRAL E DE CALIDADE

 

Por este motivo, solicitamos a creación dun centro de referencia para a atención da IVE na rede sanitaria pública, ao tempo que “se garanta unha atención integral e de calidade a todas as mulleres que teñen que interromper o seu embarazo nos termos que contempla a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, actualizando o protocolo para adaptalo á evidencia científica, e corrixindo calquera disfunción na súa aplicación ou na asistencia prestada a ditas mulleres”.

 

Rodríguez-Vispo asegurou que “as actuacións levadas a cabo nos centros sanitarios galegos son iguais en todo tipo de interrupcións do embarazo”. “Non  hai diferenzas si se trata dun aborto espontáneo ou voluntario e o circuíto asistencial dos abortos de 14 a 22 semanas de xestación no SERGAS é o mesmo”, apuntou.

O GPP avoga porque Xunta e Fegamp soliciten conxuntamente ao Goberno central bonificación do IBI para as familias con rendas baixas


Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta de Galicia acorde coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha solicitude conxunta ao Goberno central para impulsar unha nova bonificación potestativa de ata o 90 por cento da cota íntegra do imposto de bens inmobles (IBI) a favor daqueles suxeitos pasivos que acrediten unha situación económica de insuficiencia de rendas familiares, modulables en función do valor catastral do inmoble.

O PPdeG reitera que o Hospital de Vigo é 100% público e gratuíto,como o certifican os máis de 465.000 pacientes atendidos e as 300.000 estadías

Santiago, 22 de novembro de 2016.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe que “a asistencia sanitaria en Galicia e, por suposto, no Hospital Álvaro Cunqueiro, é cen por cen pública e gratuíta, prestada por profesionais do Servizo Galego de Saúde e xestionada desde este mesmo organismo”, como o poden certificar os máis de 465.000 pacientes atendidos en consultas ou as cerca de 300.000 estadías de hospitalización. Porén, indicou que “o seu rescate, como propoñen os grupos da oposición, si implicaría detraer fondos doutras partidas necesarias para o bo funcionamento do sistema, comprometendo a posibilidade de investimento en áreas de relevancia para a sanidade galega”.

Millán Mon pide avances en la Europa de seguridad y defensa frente a las amenazas actuales y los escenarios regionales de conflicto

Estrasburgo, 23 de novembro de 2016. - El eurodiputado del PP y miembro de la Comisión de Asuntos Exteriores del Parlamento Europeo Francisco Millán Mon intervino en Estrasburgo durante el Pleno del Parlamento Europeo donde resaltó que “nos encontramos ante un nivel de amenazas, incluida la amenaza terrorista, sin precedentes desde hace años”.