O Parlamento insta á Xunta a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza con motivo do centenario do seu nacemento

16
Dec

O Parlamento insta á Xunta a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza con motivo do centenario do seu nacemento

16 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza no ano do centenario do seu nacemento que axude a divulgar a vida e a obra deste poeta entre a poboación de Galicia.

Paula Prado: “Melide necesita e merece un cambio para deixar de ser noticia por escándalos, corruptelas e clientelismos”

14
Dec

Paula Prado: “Melide necesita e merece un cambio para deixar de ser noticia por escándalos, corruptelas e clientelismos”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegurou esta tarde que “os veciños de Melide non merecen seguir na senda de clientelismo, corruptelas e escándalos permanentes aos que os somete o Goberno local” e por iso avoga por un goberno do Partido Popular a partir do 28 de maio. Para que deste xeito “Melide volva ser noticia pola boa xestión, polos investimentos e pola creación de emprego”.

O Congreso insta ao Goberno central, a iniciativa do PP, a conxelar as peaxes da AP-9 e a AP-53 para 2023

14
Dec

O Congreso insta ao Goberno central, a iniciativa do PP, a conxelar as peaxes da AP-9 e a AP-53 para 2023

A proposición non de lei presentada polos populares galegos para solicitar a conxelación para o ano 2023 das peaxes das autopistas estatais AP-9 e AP-53 foi aprobada hoxe na Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso coa abstención de PSOE, Unidas Podemos e o Grupo Plural, do que forma parte o BNG.

O Parlamento galego demanda unha alianza estratéxica para impulsar a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable

14
Dec

O Parlamento galego demanda unha alianza estratéxica para impulsar a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable

14 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover, en liña coa Alianza Europea por un Hidróxeno Limpo, unha alianza estratéxica para impulsar toda a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable.

O PPdeG avoga porque o novo Plan de residuos da Xunta contemple a asistencia aos concellos sobre o modelo de financiamento máis axeitado ao seu contexto de xeración de lixo

14
Dec

O PPdeG avoga porque o novo Plan de residuos da Xunta contemple a asistencia aos concellos sobre o modelo de financiamento máis axeitado ao seu contexto de xeración de lixo

14 de decembro de 2022. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, avogou hoxe no Parlamento de Galicia porque o novo Plan de Residuos 2022-2030 da Xunta contemple a asistencia aos concellos no modelo de financiación máis axeitado ao seu contexto de xeración de lixo, para asegurar que se sufraga o custo real do servizo, tal e como establece a lei estatal de residuos e solos contaminados.

O PPdeG afirma que a Xunta impulsará novas medidas que potencien a protección natural e as actividades tradicionais na Rede Natura 2000

14
Dec

O PPdeG afirma que a Xunta impulsará novas medidas que potencien a protección natural e as actividades tradicionais na Rede Natura 2000

14 de decembro de 2022. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta “vai impulsar o recoñecemento de novas medidas de xestión da Rede Natura 2000 en Galicia co fin de potenciar a compatibilidade entre a imprescindible protección natural destes espazos e aquelas actividades tradicionais ligadas ao territorio, que xogan un papel clave para garantir a preservación dos seus hábitats”.