Skip to content

O GPP defenderá no pleno que a Xunta elabore un informe sobre os impactos do Brexit na economía galega

Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos. Así mesmo, demandarase ao Goberno galego a consolidación das casas-niño para que todos os concellos de Galicia teñan recursos de conciliación no ano 2020.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, fixo un balance da orde do día da sesión plenaria que se celebrará a vindeira semana, na que 25 dos 31 puntos que incorpora son a iniciativa da oposición.

 

CUARTO DEBATE SOBRE ANGROIS

 

Tellado explicou que o Grupo Popular aceptou que “por cuarta vez se debata sobre a constitución dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. “Aceptamos todos os debates pero reiteramos os argumentos que xa temos defendido nesta Cámara sobre por que entendemos que este non é o foro adecuado”, indicou.

 

Ademais, lembrou que o Regulamento do Parlamento recolle a posibilidade de que un terzo dos deputados pidan e aproben a apertura dunha Comisión de Investigación, polo que “se os grupos da oposición queren abrir esta comisión de investigación non precisan do apoio do Grupo Popular e poderían facelo cos seus propios votos”.

 

O Pleno do Parlamento incorpora tamén a comparecencia de dous conselleiros para continuar co paso polo Parlamento de responsables do Goberno galego para dar conta dos obxectivos dos seus departamentos. En concreto, nesta sesión comparecerán o conselleiro de  Economía, Emprego e Industria, e o de Sanidade, á que se acumula unha solicitude da oposición para que informe dos feitos que se produciron recentemente na Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo.

 

BREXIT E CASAS-NIÑO

 

O Grupo Popular defenderá nesta sesión plenaria dúas proposicións non de lei. A primeira, insta á Xunta a elaborar, coa participación do Consello de Acción Exterior de Galicia, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos. O obxectivo é que este documento faga un diagnóstico das oportunidades e ameazas derivadas da saída do Reino Unido da Unión Europea, contemplando ademais os distintos escenarios temporais e ritmos de aplicación da normativa da Unión Europea.

 

A segunda proposición non de lei ten como obxectivo que a Xunta consolide as casas-niño nos concellos rurais galegos, de xeito que no ano 2020 todos os municipios galegos dispoñan de recursos de conciliación que faciliten a fixación de poboación no rural e permita a todas as familias galegas compatibilizar a súa vida familiar e laboral.

 

No apartado de preguntas, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre as actuacións realizadas e as previsións de futuro respecto da praga da pataca e respecto da situación na que se atopa a execución da nova estación intermodal no concello de Vigo.

 

CONCIENCIA TRANQUILA COS PREFERENTISTAS

 

Cuestionado sobre a situación dos afectados polas preferentes, Miguel Tellado lembrou que o Goberno galego foi pioneiro na implantación da arbitraxe para a resolución deste conflito e que na actualidade máis do 80 por cento dos afectados xa recibiron a totalidade dos seus aforros. “Os que aínda non recuperaron o seu diñeiro foron os que acudiron á vía xudicial e están pendentes da resolución das súas demandas”, apuntou.

 

Tellado afirmou que, tanto o Goberno galego como o Grupo Popular, “temos a conciencia moi tranquila porque ante un problema que non xeramos nós, como foi a estafa dos preferentistas, actuamos con determinación, mentres outros buscaron a calada política para ver como se xeraba un conflito contra o Goberno e incluso animábanos para que non acudiran á vía da arbitraxe”.

Noticias recomendadas

O Consello de Contas incorpora ao seu Plan de Traballo unha auditoría dos concellos que non cumpriron a obriga de render as súas contas
O Consello de Contas incorporará ao seu Plan de Traballo para 2024, a proposta do Grupo Popular, a realización dunha auditoría operativa dos concellos galegos que non cumpriron a súa
O Parlamento galego pide ao Ministerio de Facenda unha maior flexibilidade no IRPF e no imposto de sociedades para a actividade forestal
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Ministerio de Facenda unha maior flexibilidade fiscal no IRPF
O Grupo Popular solicita a constitución da Comisión de estudo sobre a reforma do financiamento autonómico
O Grupo Popular vén de solicitar a constitución, no menor prazo de tempo posible, da Comisión de estudo sobre a reforma do financiación autonómico, co obxectivo de elaborar o ditame
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies