Santiago, 22 de marzo de 2021.- O Grupo Popular incidirá no Pleno do Parlamento desta semana “en iniciativas que inciden na recuperación económica e a creación de emprego na Comunidade”, como é a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia en Ferrol ou a rebaixa do IVE, do 21 ao 10 por cento, en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.
O portavoz popular, Pedro Puy, explicou que na sesión plenaria “imos insistir na petición ao Goberno de España encarga a construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia en Ferrol”.
PETICIÓN DESDE HAI TEMPO
“Levámolo pedindo desde que se sabe que vai haber un parón na actividade nos estaleiros públicos de Ferrol, xa que non seu puxo en marcha o programa de construción das Fragatas F-110 despois de que o Goberno de Mariano Rajoy incluíra nos orzamentos aprobados de 2018 unha partida orzamentaria de 250 millóns de euros para este fin”, lembrou. Ademais, apuntou que “se negou a construción dun BAM en Ferrol, alegando os socialistas galegos que non era necesario, e despois se encargou no estaleiro de Puerto Real en Cádiz, o que supón un millón de horas de carga de traballo”.
Así mesmo, o Grupo Popular demandará ao Goberno central que promova as modificacións oportunas para reducir o tipo impositivo do IVE, do 21 ao 10 por cento, en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física. “Estamos a falar dun dos sectores máis afectados polas consecuencias das restricións derivadas do coronavirus”, manifestou Pedro Puy, quen fixo referencia a estudos realizados que fixan perdas próximas ao 40 por cento na cifra de negocio en 2020, o que se reflexará directamente na perda de emprego do sector.
?O sector de prestacións de servizos deportivos ?♀️?está a sufrir de forma intensa as consecuencias das restricións pola pandemia, con perdas que se estiman nun 40% e con incidencia no 35% do emprego, o @ppdegalicia defenderá no Pleno a rebaixa do IVE, do 21 ao 10% neste sector pic.twitter.com/1giUUSag5v
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) March 22, 2021
O portavoz popular lembrou que esta solicitude de rebaixa do IVE súmase á petición xa aprobada no Parlamento galego para o sector dos salóns de peiteado. “En ambos casos é necesario para inxectar liquidez e que os distintos negocios poidan sobrevivir a esta complexa situación”, engadiu.
?️?Únese á petición da rebaixa do IVE do 21 ao 10% para os servizos deportivos a demanda feita polo @ppdegalicia fai poucos días no @Par_Gal sobre a mesma rebaixa aos salóns de peiteado, necesaria para inxectar liquidez e que permitan sobrevivir a estes sectores pic.twitter.com/NLSiZJakWQ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) March 22, 2021
Súmase esta iniciativa ao que xa solicitamos: unha rebaixa do IVE para os salóns de peiteado. É necesario nos dous casos par inxectar liquidez e poder sobrevivir. Confiamos que se atendan estas peticións para que polo menos a curto prazo dar liquidez.
COLABORACIÓN DE TODOS
Preguntado sobre a reunión que o Presidente da Xunta manterá o vindeiro venres cos voceiros da oposición, Pedro Puy confiou que “sexa positiva e se avance na procura dalgún acordo que se traduza en accións específicas”. “Sería bo que houbese certa predisposición á colaboración por todos, e particularmente daqueles que teñen máis capacidade de influír nas decisións que está a adoptar o Goberno de España en relación coa distribución dos fondos europeos”, indicou.
?️O @ppdegalicia espera que reunións entre @FeijooGalicia e oposición sexan positivas e permitan avanzar na procura de acordos para saír da crise sanitaria,social e económica e que se traduza en accións específicas como o apoio á distribución máis xusta dos fondos europeos pic.twitter.com/Ycsd2Sp6TR
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) March 22, 2021