Skip to content

O Grupo Popular reiterará cada mes no Parlamento a solicitude de construción dun barco en Navantia

Santiago, 3 de febreiro de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, incidiu hoxe no Parlamento galego na “preocupación pola situación dramática que vive o sector naval da ría de Ferrol”, polo que anunciou que “reiteraremos cada mes nesta Cámara a solicitude ao Goberno central para que realice o encargo dun barco nos estaleiros de Navantia”.

Así mesmo, o Grupo Popular apoiou a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que dote á fábrica de turbinas de dirección e recursos propios suficientes para a definición de novos produtos destinados ao sector das enerxías renovables, en particular a eólica mariña.

 

Miguel Tellado lembrou que “a carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol se esgota” e manifestou que “sobre a política industrial na comarca de Ferrolterra o PSOE debe estar calado”. En concreto, lamentou que “o Goberno socialista negou toda posibilidade de traballo para Ferrol: perderon os contratos das fragatas de EE.UU., retrasaron a construción das fragatas F-110 e nos negaron o BAM, que levaron aos estaleiros de Cádiz”.

 

MESA DE ÁMBITO GALEGO

 

Diante desta situación, o viceportavoz popular avanzou que “imos traer de forma reiterada cada mes, ben a comisión parlamentaria ou ao Pleno, a mesma iniciativa pedindo que o Goberno central encargue un barco de execución inmediata nos estaleiros da ría de Ferrol”. “Imos traela ata que aos socialistas se lles caia a cara de vergoña e a voten a favor neste Parlamento”, apuntou.

 

O Grupo Popular apoiou a aprobación dunha proposición non de lei do BNG a través da que se demanda ao Goberno de España a constitución dunha mesa de ámbito galego para a promoción da diversificación de actividades de Navantia en Ferrol, dotando á fábrica de turbinas de dirección e recursos propios suficientes para a definición de novos produtos destinados ao sector das enerxías renovables en xeral, fomentando a súa introdución e participación nos contratos da eólica mariña en particular. Así mesmo, demándase a introdución na fábrica de turbinas naqueles segmentos de actividade relacionados cos novos modelos sustentables de mobilidade marítima, procurándose as colaboracións con centros de investigación ou empresas que fosen precisas.

 

“Celebramos que o BNG crea na eólica mariña como un campo de diversificación de actividade industrial de Navantia, porque lembramos que cando desde o Grupo Popular o propuxemos entre 2014 e 2015 foi motivo de burla por parte dos nacionalistas e das Mareas de Podemos, en particular pola actual ministra de Traballo, Yolanda Díaz”, sinalou.

 

AVANCE NA EÓLICA MARIÑA

 

Miguel Tellado reiterou que “estamos a favor de que Navantia avance no mercado da eólica mariña, ben en solitario ou en UTE con outras empresas que aportan o coñecemento, a tecnoloxía ou a experiencia”. Neste sentido, agradeceu “a aposta que a empresa asturiana Windar fixo no seu momento pola comarca de Ferrolterra, poñendo en valor unhas instalacións achatarradas polos socialistas”.

 

Por último, na proposición non de lei tamén se inclúe a solicitude para que a Xunta entre no Consello de Administración de Navantia, “unha previsión legal que xa está prevista na Lei do sector naval de Galicia de 2010”. “Supoño que o BNG confía máis na presenza dun observador da Xunta dentro deste Consello de Administración que no cumprimento do Goberno socialista de todo aquilo que os nacionalistas galegos pactaron para investir como presidente a Pedro Sánchez”, indicou Tellado.

Noticias recomendadas

Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies