Skip to content

O Grupo Popular salienta que o PSdeG se sumara hoxe á solicitude ao Goberno central para que garanta fondos europeos ao proxecto de Altri en Palas de Rei

28 de abril de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou hoxe no Parlamento galego que o PSdeG “se sumara finalmente á solicitude ao Goberno de Pedro Sánchez para que cumpra o seu compromiso de garantir o financiamento necesario a través dos fondos Next Generation para a implantación da planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei, logo de que no Pleno do pasado 21 de marzo non apoiaran a proposta no mesmo sentido que saíu adiante co apoio dos deputados do PPdeG”.

“Os socialistas galegos conseguiron limpar a súa mala conciencia aceptando hoxe a emenda do Grupo Popular que reiteraba a solicitude ao Goberno central de fondos europeos para o proxecto de Altri, unha panca financeira clave para levantar este complexo de fibras téxtiles en Palas de Rei”, manifestou Balseiro.

 

Neste sentido, indicou que “a pregunta clave agora é saber se o Goberno de España vai cumprir ou non o seu compromiso de garantir o financiamento necesario para o proxecto de Altri, algo ao que se comprometeu o propio Pedro Sánchez no encontro que celebrou co Presidente Rueda”.

 

EXEMPLO DE PORTUGAL

 

José Manuel Balseiro animou ao Goberno de España “a seguir o exemplo do Goberno de Portugal, que xa anunciou 130 millóns de euros de fondos europeos para a fábrica de Altri no seu país”. “Portugal ten demostrado, con feitos, que o proxecto de fibras téxtiles está perfectamente deseñado e con encaixe perfecto nas liñas marcadas en Europa para recibir fondos europeos”, indicou.

 

Porén, lamentou que “observando a actitude do Goberno de Pedro Sánchez moito nos tememos que a instalación de Altri en Galicia está en risco, xa que se negaron a aprobar un PERTE específico para o sector téxtil, o que obriga á empresa a fraccionar a proposta inicial en 17 miniproxectos para poder captar fondos europeos”.

 

“Namentres, o Goberno central si concede axudas directas e PERTES a outras comunidades para proxectos como o de vehículo eléctrico en Cataluña, 120 millóns de euros; o de hidróxeno verde en Asturias, 450 millóns de euros; ou o de almacenamento enerxético en Estremadura, 52,9 millóns de euros”, sinalou o portavoz popular.

 

Balseiro contrapuxo o apoio da Xunta a esta iniciativa empresarial, “con decisións políticas como a adoptada o pasado mes de decembro declarando o proxecto como de interese estratéxico, ao amparo da nova Lei de simplificación administrativa; ao tempo que acompaña a Altri no proceso de deseño do proxecto tanto desde o punto de vista técnico como económico”.

Noticias recomendadas

O Parlamento demanda ao Ministerio de Transición Ecolóxica que rectifique a súa decisión de incluír ao lobo no listado de especies con protección especial e no catálogo de especies ameazadas
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG, a través da que se demanda ao Ministerio
O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que flexibilice canto antes os requisitos de benestar animal relativos ao deseño das explotacións recollidos no Real-Decreto 1053/2022
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non foi apoiada polo BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España,
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies