Skip to content

O Parlamento aproba impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia promovendo proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural e o impulso das agrupacións forestais

Santiago, 27 de maio de 2022- A Comisión 7ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe sendas iniciativas do Grupo Popular encamiñadas a impulsar a Lei de recuperación de terra agraria de Galicia, coa promoción dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural na que se valore de xeito prioritario os proxectos que impulsen os instrumentos de recuperación de terra agraria, e impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo creadas a través, entre outras, desta Lei.

Ao respecto da primeira iniciativa, a deputada popular e voceira de Medio Rural, Elena Candia, recordou que Galicia foi unha das primeiras autonomías en garantir a continuidade dos GDRs, despois de que a UE ofreceu aos Estados membros a posibilidade de prorrogar a financiación dos seus programas de desenvolvemento rural no 2021 e 2022, á espera dun novo Leader 2023-2027, e grazas a esta medida garántese o funcionamento axeitado dos 24 GDRs espallados por toda Galicia.

 

Elena Candia sinalou que unha das prioridades da Consellería de Medio Rural está sendo a loita contra o abandono da terra e traballar na súa recuperación para poñela a producir e deste xeito poder xerar actividade económica, novos postos de traballo e asentamento da poboación no rural galego.

 

Nese sentido, “o Grupo Popular considera relevante que todos os GDRs galegos poidan seguir aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrece o poder traballar na modalidade de cooperación, e sacarlle o máximo proveito as ferramentas que pon a disposición a nova Lei de recuperación da terra agraria de Galicia”, sinalou a voceira de Medio Rural.

 

Deste xeito, sería moi positivo que a convocatoria de axudas, ao abeiro da medida Leader, contemple de xeito prioritario a posibilidade de dar soporte a proxectos de cooperación entre os GDRs que impulsen os instrumentos orientados ao aproveitamento agrícola, gandeiro ou forestal da terra, como son os polígonos agroforestais, as das aldeas modelo, como a aqueles destinados a mellorar a calidade de vida da poboación rural, como son os plans de dinamización do núcleo rural das aldeas modelo, sinalou Elena Candia.

 

AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA E SILVICULTORES ACTIVOS

 

Por outra banda, o deputado popular José Antonio Armada defendeu tamén no seo da Comisión 7ª unha iniciativa, aprobada por unanimidade da Cámara, encamiñada a impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo creadas ao abeiro da Lei 7/2012 de Montes de Galicia e da lei 11/2021 da recuperación da terra agraria.

 

“A Lei de recuperación da terra agraria promovida dende o Grupo Popular ten como obxecto levar a cabo a mobilización da terra produtiva, como impulso ao sector primario e ampliación da base territorial das explotacións e o fomento da mobilidade das terras forestais en Galicia debe situarse no marco xeral da política de ordenación de usos e recuperación e posta en valor das terras agrarias” sinalou o deputado popular.

 

Deste xeito, indicou, debe fomentarse de xeito prioritario a promoción da dispoñibilidade dos terreos ás diferentes iniciativas de xestión conxunta dos terreos forestais, independentemente do grao de compromiso dos titulares forestais que as compoñan.

 

“As ferramentas básicas con que se conta para modificar o problema estrutural do minifundismo son as reestruturacións parcelarias, o fomento de fórmulas de xestión conxunta e a activación e dinamización da xestión forestal activa mediante o recoñecemento e fomento das agrupacións forestais de xestión conxunta e a concienciación de silvicultor no propietario galego de terreos forestais” indicou o deputado popular

Podedes ver as iniciativas parlamentarias completas na nosa web:

 

Promoción dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural:

http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas-3/item/5963-promocion-dunha-nova-convocatoria-de-axudas-para-proxectos-de-cooperacion-entre-grupos-de-desenvolvemento-rural

Impulso as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo

http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas-3/item/5964-impulso-as-agrupacions-forestais-de-xestion-conxunta-e-a-figura-do-silvicultor-activo

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda reivindica a vitoria do PPdeG nas eleccións autonómicas coa mobilización máis alta da historia: “Galicia participou como nunca e votou como sempre”
Hoxe, acompañado polo presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, na Xunta Directiva do PPdeG “Galicia tiña que escoller entre as mentiras que algúns intentaron contar e o camiño da
A xornada de reflexión de Alfonso Rueda
Durante a xornada de reflexión deste sábado, 17 de febreiro, o presidente e candidato do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, saíu camiñar a primeira hora desta mañá coa súa
Alfonso Rueda: “Cada galego, viva onde viva e vote o que vote, ten en min alguén en quen confiar”
Hoxe, no mitin de peche de campaña na Coruña ao que asistiron 3.500 persoas e no que tamén participaron o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, o cabeza de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings