Skip to content

O Parlamento aproba unha moción que fixa puntos esenciais de interese para Galicia de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico

Santiago, 6 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha moción, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se fixan puntos esenciais de interese para Galicia de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico. En concreto, demándase que o novo modelo garanta que a Comunidade galega non perda recursos en termos absolutos; reforce o principio de solidariedade interterritorial mediante a aplicación da nivelación en termos de habitantes axustados e do custo real da prestación dos servizos; e evite a discriminación entre comunidades pola aplicación dos mecanismos extraordinarios de financiamento.

 

 

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, explicou que a reforma do sistema de financiamento autonómico “debe abordarse desde tres dimensións”. En primeiro lugar, a nivel estatal, porque o novo sistema se debate no Congreso. Neste sentido, avanzou que “o Partido Popular está en condicións de defender un mesmo modelo en todas as comunidades, pero descoñecemos onde está o PSOE e se pode plasmar as súas ideas nun único modelo”.

 

INTERESES COMPARTIDOS

 

Puy tamén se referiu ás relacións existentes entre distintas comunidades autónomas que comparten intereses, como a demografía ou o envellecemento da poboación. Neste sentido, salientou o acordo acadado recentemente entre as comunidades de Asturias, Aragón, Castela e León, e Galicia.

 

Na súa intervención, Puy considerou “importante” o acordo acadado hoxe no Parlamento galego, que traslada a mensaxe de que, “dentro das nosas forzas, somos capaces de chegar a consensos para reformar o sistema de financiamento autonómico”.

 

En concreto, a moción aprobada esta tarde no Parlamento galego é a seguinte:

“O Parlamento de Galicia demanda á Xunta de Galicia que na reforma do modelo de financiamento autonómico defenda que:

1.    Para contribuír a reducir os desequilibrios verticais agravados nos últimos anos, o Goberno de España achegue ao novo modelo de financiamento autonómico os recursos adicionais demandados no Informe da Comisión de Expertos.

2.    O modelo garanta que Galicia non perde recursos en termos absolutos no seu primeiro ano de vixencia, nin nos seguintes exercicios.

3.    O modelo garanta a suficiencia dinámica, polo que o índice de evolución a aplicar aos distintos compoñentes do sistema terá como referencia a evolución dos ingresos tributarios totais, tendo en conta a evolución do PIB nominal.

4.    O novo modelo reforce o principio de solidariedade interterritorial mediante a aplicación da nivelación total, en termos de habitantes axustados (necesidades de gasto e custe dos servizos correspondentes ao conxunto das competencias descentralizadas).

5.    A efectos do cálculo de necesidades e custe dos servizos deberían establecerse catro bloques (sanidade, educación, política social e resto de servizos)

a.    A ponderación de cada un dos bloques debe reflectir a situación real do gasto das CCAA, con actualizacións periódicas
b.    Para o bloque de sanidade debe recollerse a poboación protexida polo sistema, incluíndo a toda a poboación e ponderándoa por tramos de idade, sendo necesario crear novos tramos por riba dos 65 anos. Incluíndo a dispersión como un elemento relevante do custe.
c.    Para o bloque de política social compre antes de nada restablecer os compromisos de financiamento previstos na LAPAD, revertendo a suspensión da aplicación do nivel acordado de protección, e polo tanto o financiamento dos convenios entre a AXE e as CCAA. Para a distribución entre CCAA compre ter en conta a distribución da poboación en tramos de idade por riba dos 65 anos, a probabilidade de experimentar algún tipo de dependencia e a dispersión.
d.    Para a educación debe terse en conta: o censo de poboación en idade escolar para a educación obrigatoria, para a educación non obrigatoria o número de prazas financiadas con fondos públicos; así como os efectos da dispersión.

6.    Redefinir a recadación normativa con criterios homoxéneos.

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que:

1.    Evite toda discriminación entre comunidades autónomas pola aplicación dos mecanismos extraordinarios de financiamento, o que inclúe que:
a.    Garanta que o subsidio extraordinario por medio de tipos de xuros inferiores aos de mercado que perciben as comunidades autónomas a través dos mecanismos de financiamento por medio dos que a facenda central lles presta liquidez sexa tido en conta, mentres dure, para evitar discriminacións entre comunidades.
b.    Garanta que unha eventual reestruturación de débeda sexa efectuada en condicións que eviten favorecer a algunha comunidade e singularmente a aquelas comunidades que incumpriron de xeito máis habitual os criterios de déficit ou acumularon un maior volume de débeda.
c.    Garanta que este mecanismo posibilite o retorno ao mercado de débeda das comunidades autónomas.

2.    Desenvolva as actuacións precisas para facer efectivas as entregas a conta indicadas na comunicación do mes de xullo de 2017 por parte do Ministerio (e tidas en conta nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2018).

3.    Reforce a efectividade plena do principio de lealdade constitucional para recuperar as mermas de recursos do sistema de financiamento.

4.    Garanta a aplicación efectiva do principio de solidariedade,  previsto constitucionalmente, por parte da Comunidade Autónoma do País Vasco, recollido na Lei 12/2002 do Concerto Económico (artigo 2) e da Comunidade Autónoma de Navarra, recollido na Lei Orgánica 13/1982, de reintegración e amelloramento do seu réxime foral (artigo 1). 

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies