Skip to content

O Parlamento de Galicia expresa o seu firme compromiso na defensa da Constitución e da independencia do Poder Xudicial

O Pleno do Parlamento de Galicia expresou hoxe, a proposta do Grupo Popular pero co voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG, o seu firme compromiso na defensa da Constitución de 1978 e dos valores democráticos que se ven reflectidos no seu artigo 1º, onde define a España como un Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político; así como na defensa da independencia do Poder Xudicial, o cal non pode ser usado como elemento de negociación mediante cesións esixidas por partidos independentistas para garantir a continuidade dun Goberno.

O deputado popular Adrián Pardo lamentou que “a pasada lexislatura estatal pasará á historia por ser a do ataque á separación de poderes”. Así, fixo un relato dalgúns dos ataques ao Poder Xudicial realizados en tres anos, como o nomeamento da exministra de Xustiza como Fiscal Xeral do Estado; o uso de prerrogativas excepcionais como os indultos para o beneficio político; o nomeamento de altos cargos do Goberno de Pedro Sánchez como maxistrados do Tribunal Constitucional; ou o ataque deliberado e recorrente á Xustiza española, “especialmente pola aplicación da Lei do si é si, chegando a chamar ‘fachas con toga’ aos xuíces por aplicar a nefasta lei que aprobaron e a propia ministra de Igualdade afirmou que os xuíces eran ‘machistas’”, concretou.

“Probablemente, esteamos ante o Presidente do Goberno de España con mellor concepto de si mesmo porque el non minte, cambia de opinión”, sinalou Adrián Pardo, quen lembrou varios “cambios de opinión” de Pedro Sánchez ao longo da pasada lexislatura: cando dixo que non ía indultar aos políticos promotores do referendo ilegal, cando dixo que nunca ía facer unha mesa bilateral Estado-Generalitat, cando dixo que nunca ía a rebaixar os delitos de sedición e de malversación ou cando dixo que nunca ía a ter como interlocutor a Puigdemont. “E non quero facer spoiler dos seus próximos cambios de opinión con respecto á amnistía e á autodeterminación”, engadiu.

 

TRITURAR OPINIÓNS

O deputado popular sinalou que “esta indignidade democrática non só é rexeitada pola meirande parte dos cidadáns españois, senón que tamén por grandes voces socialistas, como Felipe González, Alfonso Guerra, Odón Elorza, García Page ou Javier Lambán”. “O certo é que hoxe en día, para algúns estas persoas son vella garda, pero é que con esta máquina de triturar opinións que é o PSOE resulta vella garda calquera socialista que se quedase no argumentario socialista de hai tres meses”, matizou.

Respecto do BNG e da súa negativa a apoiar esta proposición non de lei, Adrián Pardo sinalou que “non me sorprende esta decisión dunha formación política que ten como socios a EH Bildu e a ERC, e que non lle importa nada a igualdade dos galegos co resto dos cidadáns españois”. Así, dixo que “dálles igual vivir na irrelevancia política e hoxe exemplificaron no Parlamento galego esa inutilidade para Galicia, confirmando que están máis preocupados pola amnistía do señor Puigdemot que pola defensa dos intereses dos galegos”.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies