Skip to content

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra os seus compromisos de axudar aos enfermos de ELA e ás súas familias

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno de España que cumpra o seu compromiso de axudar aos enfermos de esclerose lateral amiotrófica (ELA) e as súas familias.

“Galicia foi a primeira comunidade en crear o proceso asistencial integrado de ELA e en poñer a disposición das persoas enfermas de ELA unha axuda anual de 12.000 euros, pero lamentamos profundamente o desleixo do Goberno de Pedro Sánchez con estes enfermos bloqueando unha proposición de lei que se estaba a tramitar no Congreso despois de 49 prórrogas e máis de 400 días sen proceder á súa tramitación”, sinalou.

 

A deputada popular Rosalía López explicou que a esclerose lateral amoitrófica é a doenza neurodexenerativa máis frecuente despois do alzhéimer e enfermidade do parkinson. Neste momento, en España hai cerca de 4.000 persoas afectadas, detectando cada día unha media de tres novos casos.

 

ATENCIÓN MULTIDISCIPLINAR

 

“Estamos a falar que estes doentes precisan dunha atención multidisciplinar e de coidados especializados con carácter permanente, o que supón, na maior parte das ocasións, un esforzo persoal e económico moi importante para as persoas que teñen a enfermidade e as súas familias, a maior parte das veces absolutamente inasumible”, indicou.

 

Diante desta situación, a deputada popular lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez comprometeuse no ano 2020 a axudar aos enfermos de ELA e ás súas familias, así como seguir traballando para mellorar o diagnóstico, o tratamento e a vida destas persoas e dos seus achegados.

 

“Despois de máis de tres anos, o Goberno central non fixo absolutamente nada, pero é que, ademais dilatou tanto no tempo unha proposición de lei, cuxa toma en consideración foi aprobada por unanimidade no Congreso en 2022, que rematou a lexislatura e decaeu, coa conseguinte desesperación e sentimento de impotencia de todas as persoas enfermas e das súas familias”, lamentou.

 

Entre outras cuestións, esta proposición de lei incluía o recoñecemento do 33 por cento do grao de discapacidade desde a diagnose da patoloxía; a atención preferente no recoñecemento do grao III de dependencia para que os doentes conten canto antes con recursos técnicos e humanos especializados; a posibilidade de acollerse ao bono social eléctrico; e o servicio domiciliario que garanta o acceso á atención fisioterapéutica, de terapia ocupacional e especializada as 24 horas do día.

 

RUTA SOCIOSANITARIA E AXUDA ECONÓMICA

 

Fronte a este desleixo por parte do Goberno central, Rosalía López salientou que a Xunta xa aprobou en 2018 o proceso asistencial integrado de ELA, “o primeiro de España e que permite aos enfermos dispoñer dunha ruta sociosanitaria para a mellor atención integral aos doentes”. En concreto, este proceso asistencial integrado define unha vía clínica de esclerose lateral amiotrófica en cada área sanitaria, que garante que unha persoa con sospeita de ELA conta cunha primeira consulta nos servizos de neuroloxía nos seguintes 15 días; establece tempos máximos recomendados para a realización de probas diagnósticas; adxudica a tarxeta dobre A para unha atención preferente aos enfermos de ELA; establece consultas hospitalarias multidisciplinares de acto único; e abre unha vía preferente para que as solicitudes de dependencia da ELA sexan tramitadas en menos dun mes.

 

“Ademais, desde o pasado mes de abril, os enfermos diagnosticados de ELA dispoñen dunhas axudas de 12.000 euros ao ano por persoa, situando a Galicia como a primeira comunidade autónoma en contar con este tipo de axudas directas e inmediatas”, sinalou a deputada popular. Ata o pasado mes de xuño, máis dun cento de persoas xa solicitaran estas axudas impulsadas pola Xunta.

Noticias recomendadas

O PPdeG reivindica en Europa a importancia de facer política “desde o territorio e para o territorio” de cara a garantir o futuro do sector primario galego
O PPdeG reivindicou hoxe no Parlamento Europeo a necesidade de facer política “desde o territorio e para o territorio” para garantir non só o futuro do sector primario galego, senón
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central habilite os mecanismos para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central habilite os mecanismos necesarios para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a
Aprobado o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, paso previo para o seu debate definitivo en sesión plenaria
A Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, un texto que adapta á nova
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies