Skip to content

O Parlamento galego aproba a lei de residuos e solos contaminados, que avanza cara un modelo baseado na economía circular

Santiago, 9 de febreiro de 2021.- “Galicia culmina coa nova Lei de residuos e solos contaminados un novo marco legal completamente adaptado á normativa comunitaria e que avanza cara un cambio de modelo baseado na economía circular e que está chamado a ser o único modelo de futuro posible”, afirmou a deputada popular Marta Nóvoa no debate de aprobación deste texto lexislativo celebrado hoxe no Pleno do Parlamento galego.

Na súa intervención, defendeu o modelo Sogama, que este ano chegará ao vertido técnico cero, “15 anos antes do establecido polo Parlamento Europeo para o conxunto dos estados membros”.

 

Marta Nóvoa salientou que “Galicia sempre estivo na vangarda das esixencias europeas en materia de residuos” e lembrou que xa no ano 2010 se deseñou o Plan de Xestión dos Residuos Urbanos de Galicia, pasando posteriormente pola aprobación en 2016 do Plan de Residuos Industriais, ata chegar ao 2019 coa implantación das Estratexias de Cambio Climático e Economía Circular.

 

POR DIANTE DA NORMATIVA BÁSICA ESTATAL

 

“Coa aprobación desta nova lei de residuos e solos contaminados de Galicia deixaremos atrás unha norma de hai 12 anos, nos que mudaron moito as cuestións relativas á xestión de residuos, e nos adiantamos á aprobación da normativa básica estatal, que tiña que estar aprobada desde o pasado mes de xullo e o único que hai na actualidade é un texto articulado que aínda non pasou polo Consello de Ministros”, sinalou.

 

A deputada popular fixo un repaso polas características máis importantes desta nova lei. En concreto, sobre a xestión de residuos, destacou que “se adianta en cinco anos o obxectivo de redución dos residuos producidos ao 15 por cento, marcando como obxectivo acadar en 2025 que un 55 por cento dos residuos téxtiles, de aparellos eléctricos e mobles se introduzan na cadea de reparación para a reutilización”.

 

O texto lexislativo tamén contempla o incremento progresivo da reutilización ou valorización material de residuos non perigosos de construción e demolición ata acadar o 75% no 2025 e fixa obxectivos de reciclaxe, apostando por impulsar a reciclaxe de residuos de envases coa meta de chegar ao 65 por cento en 2025.

 

No referente ao envío de residuos a vertedoiro, e igualando os obxectivos europeos, fixa que só se envíe a vertedoiro un 10 por cento da cantidade de residuos xerados. Neste sentido, Marta Nóvoa destacou que “en Galicia o modelo vertedoiro rematou logo de que se clausurara en 2013 o derradeiro vertedoiro municipal non autorizado existente, eliminándose máis de 1.000 puntos de vertido incontrolado na Comunidade galega”.

 

PRIORIDADE COS CONCELLOS

 

Nóvoa afirmou que “a colaboración, apoio e coordinación cos concellos, segue a ser unha prioridade, tendo presente que a xestión de residuos é unha competencia municipal”. Deste xeito, sinalou que “un dos principais puntos de colaboración entre Xunta e entidades locais continuará sendo a xestión dos biorresiduos, xa que os municipios deberán instaurar a recollida separada a finais de 2023”.

 

“Outro dos obxectivos básicos deste texto é reducir drasticamente o consumo de plásticos dun só uso”, dixo a deputada popular. Para isto, explicou que a nova lei prohibe a entrega gratuíta de bolsas de plástico e a venta de vaixelas de plástico ou dun só uso.

 

Outro dos obxectivos deste novo texto lexislativo é frear o desperdicio alimentario. Neste sentido, Marta Nóvoa sinalou que “debemos ser máis responsables cos nosos hábitos de compra, xa que un 42 por cento dos residuos alimentarios se xera no fogar” e para conseguir este obxectivo a lei establece que en 2025 deberá reducirse nun 30 por cento o volume de residuos de alimentos que xeramos respecto ao ano 2010.

Ademais, os titulares de establecementos de restauración estarán obrigados a entregar, se o cliente así o solicita, as fraccións sobrantes de alimentación non consumidas no local. “E deberán facelo en recipientes compostos nun 50 por cento de material biodegradable, nunca de plástico”, engadiu.

FORMACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL

Marta Nóvoa afirmou que “é necesaria a formación e a educación ambiental, xa que potenciará que o consumo de materias primas e produtos se realice desde unha óptica cada vez máis responsable”. “De feito, a lei aposta por impulsar que os máis novos actúen de catalizadores para un futuro mellor, ao tempo que aposta por unha administración sostible e respectuosa co medio ambiente, incluíndo medidas como o emprego de enerxías verdes e o impulso á denominada contratación pública verde”.

Por último, a deputada popular referiuse á contaminación de solos e concretou que esta lei “pon o seu foco na prevención da contaminación dos solos”. Así, establécese que os solos deberán conservar as súas funcións naturais ao máximo e deberán recuperarse usando as mellores técnicas dispoñibles, priorizando sempre os tratamentos de recuperación in situ.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
O Grupo Popular avanza a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia
O deputado do Grupo Popular Borja Verea avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia, que dará continuidade ao traballo que xa
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies