Skip to content

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese ao apoio de todo o sector

21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese á vontade de todo o sector, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega.

Así mesmo, pídese que cumpra o seu compromiso de garantir o financiamento necesario con fondos europeos Next Generation para implantar a fábrica de fibras téxtiles de Altri no concello lucense de Palas de Rei.

 

A portavoz popular de Industria, Cristina Sanz, destacou “a indubidable importancia do sector téxtil en Galicia, que lidera a xeración de riqueza, aportando o 22,85 por cento do valor engadido bruto; emprega a máis de 42.000 persoas, onde máis de 76 por cento é emprego feminino; e conta con 928 empresas”.

 

CAMBIO NO XEITO DE TRABALLAR

 

“As empresas do téxtil están firmemente comprometidas coa necesidade de cambio no xeito de traballar e son conscientes de que os consumidores demandan produtos cada vez máis sostibles”, manifestou. Diante deste escenario, Cristina Sanz indicou que os fondos Next Generation “configúranse como unha fiestra de oportunidade histórica para afrontar a transformación e o futuro do téxtil, nun escenario marcado pola saída da pandemia, a invasión rusa de Ucraína, o encarecemento dos custos de produción e polas perspectivas de desaceleración”.

 

Na súa intervención, a portavoz popular lembrou que “hai pouco máis de un ano todo o sector unía as súas forzas para presentar un proxecto coa intención de que se aprobara un PERTE específico para o téxtil, que servise para impulsar a súa reindustrialización e traer produción de volta a España”. En concreto, este PERTE tiña por obxectivo lograr investimentos por un valor de entre 11.000 e 12.000 millóns de euros mediante a colaboración público-privada.

 

“Lamentablemente, o Goberno de Pedro Sánchez decidiu, sen previo aviso, aparcar este PERTE e como única alternativa ofreceu a participación desta industria no PERTE de economía circular, onde introduciu unha pequena partida específica para o téxtil de 100 millóns de euros, que aínda non ten convocado”, dixo Cristina Sanz, quen subliñou que “estamos ante unha mostra máis da distribución dos fondos europeos que Moncloa intentou acaparar para si, e caracterizada pola lentitude e a falta de transparencia”.

 

EN RISCO O PROXECTO DE ALTRI

 

Sanz sinalou que “unha das consecuencias máis inmediatas desta decisión do Goberno de Pedro Sánchez é que está poñendo en risco un dos principais proxectos transformadores de Galicia: o de Altri en Palas de Rei”. “Un proxecto de economía circular, cun investimento de 800 millóns de euros e que esixe plena colaboración de todas as administracións para que se leve adiante coas máximas garantías: o Goberno central apoiando con fondos europeos, a Xunta, axudando na tramitación administrativa; e o Concello de Palas de Rei, desenvolvendo a iniciativa”, apuntou.

 

Con esta falta de decisión, “están a poñer en risco 2.500 empregos vinculados a este proxecto e a posibilidade de abastecer de materia prima sostible ao sector téxtil, co produción de 200.000 toneladas ao ano de lyocell reciclando roupa e utilizando madeira dos bosques galegos”, dixo a portavoz popular.

 

“Altri quere executar o seu proxecto en Galicia, pero se está encontrando con que o Goberno de Pedro Sánchez non aproba o PERTE específico para o sector téxtil no que encaixaría”, asegurou Cristina Sanz, quen engadiu que “a única alternativa de financiamento que se lle ofrece a Altri é fraccionar o proxecto en 17 miniproxectos para presentar en diferentes PERTEs”.

Noticias recomendadas

Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies