Skip to content

O Parlamento galego pide actuacións enerxéticas ao Goberno central para garantir a viabilidade e competitividade de empresas en Galicia

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do BNG, a través da que se solicitan ao Goberno central diversas actuacións enerxéticas para garantir a viabilidade e competitividade de empresas como Alcoa en San Cibrao uo Stellantis en Vigo, e facilitar que novos proxectos como Altri en Palas de Rei, Showa Denko en A Coruña ou Sentury e a planta de hidróxeno de Reganosa e EDP en As Pontes se convertan nunha realidade.

A viceportavoz popular, Marta Nóvoa, manifestou que, “nun contexto de transformación industrial no que estamos inmersos, é clave a importancia dunha rede eléctrica axeitada que permita avanzar cara un sistema eléctrico baseado en enerxía renovable e garantir un subministro de enerxía seguro, continuo e de alta calidade para todos os consumidores, tanto domésticos como industriais”.

 

GALICIA, PREXUDICADA NA PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA

A planificación da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026 foi aprobada polo Consello de Ministros o pasado 22 de marzo de 2022. “Galicia saíu moi penalizada respecto a plans anteriores, ao asignárselle tan só 68 millóns de euros, o 1,1 por cento dun investimento total que se achega aos 7.000 millóns de euros, cando no período de 2015-2020 o investimento para a Comunidade galega ascendeu a 308 millóns de euros, o que supoñía o 6,7 por cento do conxunto nacional”, lamentou. Diante desta situación, manifestou que “as empresas non poden agardar a unha nova planificación, porque as decisións dos seus investimentos en Galicia van a ser no ano 2023, cando hai a dispoñibilidade de  fondos Next Generation”.

Ademais, criticou o “fracaso da excepción ibérica improvisada polo Goberno de Pedro Sánchez, que despois de seis meses desde que se implantou leva subvencionado un total de 1.300 millóns de euros a Portugal, Francia, Marrocos e Andorra”.

“Necesitamos que as industrias existentes en Galicia e os novos proxectos industriais poidan ver satisfeitas as súas necesidades enerxéticas con acceso a enerxía renovable e con mellores infraestruturas de conexión á rede eléctrica, o que lles permitirá abaratar a súa factura enerxética”, indicou a viceportavoz popular. Máis en concreto, sinalou que “a prioridade é garantir a viabilidade e competitividade de proxectos industriais clave para a economía galega, e falamos tanto de industria manufactureira estratéxica, como é o caso de Altri, Showa Denko, Stellantis, Sentury, Armonía Verde ou a biofábrica de Ence; como de industria enerxética clave para acadar unha transición xusta, a través da instalación de nova potencia eólica e hidráulica e plantas de hidróxeno verde”.

 

DEMANDAS CONCRETAS

Deste xeito, a proposición non de lei aprobada hoxe polo Pleno do Parlamento galego solicita ao Goberno central a construción dunha nova subestación eléctrica, unha liña de conexión e unha entrada e saída á liña de 220kV existente entre Mesón do Vento-Belesar para atender en condicións óptimas as necesidades de subministración da fábrica de fibras téxtiles sostibles de Altri en Palas de Rei, para o que Marta Nóvoa tamén demandou apoio a través dos fondos europeos.

En segundo lugar, pídese ampliar a capacidade da subestación existente nos nós de Sabón e Meirama para dar viabilidade aos proxectos industriais existentes na área de A Coruña, como son a nova fábrica de ánodos de grafito para baterías de Showa Denko ou a planta de amoníaco verde de Armonía, entre outras iniciativas anunciadas por diversos promotores.

Tamén se solicita determinar o destino dos 1.400 MW de capacidade dispoñible no nó existente de As Pontes, “para ver a compatibilidade do proceso de desmantelamento parcial da central térmica cos proxectos industriais e enerxéticos que se queren desenvolver na zona, como a fábrica de hidróxeno verde de EDP e Reganosa, a biofábrica de Ence ou a central hidroeléctrica reversible promovida por Magtel”, concretou Marta Nóvoa.

Outra das demandas ao Goberno central presentes na proposición non de lei é a inclusión da nova subestación de 220 kV para a zona industrial de Vigo, de xeito que se garanta unha subministración eléctrica de calidade tanto á fábrica de Stellantis en Balaídos, como a toda a área industrial desta zona. “Estamos a falar dunha infraestrutura de vital importancia para o futuro desta factoría e non hai  argumento que sosteña a negativa a implantar unha nova subestación, porque é patente o risco de deslocalización da maior fábrica de vehículos de España, todo por culpa da negativa do Goberno de Sánchez de dotar de fondos europeos e de unha subministración eléctrica axeitada a esta importante empresa”, sinalou.

Por último, a proposición non de lei pide dar cobertura a calquera outra necesidade da industria galega, tanto a que estea asentada como a que quere implantarse en Galicia para impulsar a recuperación económica e a creación de emprego.

Noticias recomendadas

Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies