Skip to content

O Parlamento reclama ao Goberno central “máis apoio efectivo” para o sector marisqueiro e as confrarías galegas

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe dúas iniciativas do Grupo Parlamentario Popular nas que se reclama ao Goberno central un incremento substancial do apoio e a protección para o sector marítimo-pesqueiro, incidindo especificamente nas demandas das mariscadoras e das confrarías de pescadores de Galicia.

A través destas propostas, os populares instan ao Executivo estatal a adoptar medidas urxentes e eficaces que vaian máis alá de promesas incumpridas e que garantan a viabilidade económica dun sector estratéxico para miles de familias na costa galega.

EXENCIÓN DO 100% DAS COTAS PARA AS MARISCADORAS
A deputada popular Nazareth Cendán incidiu na urxente necesidade de protexer ás profesionais do marisqueo –maioritariamente mulleres- que, tras a suspensión de forma temporal da súa actividade por causas alleas a elas, seguiron efectuando o pago íntegro das cotas mensuais á Seguridade Social.

Para a parlamentaria popular, resulta incomprensible e de evidente desigualdade que estas profesionais, por motivos totalmente alleos á súa vontade como os temporais ou a mortaldade do bivalvo, teñan que afrontar o pago íntegro das cotas sen xerar un só euro. Tal e como explicou, esta falta de protección ante causas de parálise de actividade “é responsable única e exclusiva do Goberno de Pedro Sánchez”.

Neste senso, cualificou de inexplicable o bloqueo que o Executivo central teña paralizada a tramitación parlamentaria do proxecto de lei co que se comprometera a exención destas taxas, acumulando sucesivas ampliacións nos prazos de emendas. “É incomprensible e inasumible que o Goberno de Pedro Sánchez mire cara a outro lado, mentres segue asfixiando a quen non pode faenar”, denunciou.

Por iso, a iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, insta á Xunta a esixir ao Instituto Social da Mariña a aprobación inmediata dunha exención extraordinaria do 100 % nas cotas para as mariscadoras afectadas por estas paradas que non conten coa protección por cese de actividade. Unha medida que, segundo reclamou Cendán, debe garantir o mantemento da alta no Réxime Especial do Mar e recoñecer os períodos como cotizados con carácter retroactivo.

“Esta iniciativa pide que as nosas mariscadoras sexan tratadas coa mesma xustiza coa que se tratou a outros sectores en situacións de forza maior e pide que o Goberno de España cumpra as súas obrigas legais e constitucionais, xa que a competencia en materia de Seguridade Social é exclusivamente estatal”, sentenciou.

AXUDAS ESPECÍFICAS PARA AS CONFRARÍAS GALEGAS
Pola súa banda, a deputada popular Dolores Hermelo defendeu a segunda das iniciativas –que saíu adiante sen votos en contra– para pedir “máis apoio efectivo” ás 63 confrarías de pescadores de Galicia –que representan o 28% de todo o Estado-, cuxo bo funcionamento garante o futuro de miles de postos de traballo. Hermelo alertou do impacto que a falta de persoal nas Capitanías Marítimas e a plena aplicación do Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima están a provocar no sector ao xeneralizarse os despachos e roles electrónicos.

A parlamentaria popular explicou que este proceso derivou nunha externalización de tarefas administrativas estatais cara ás confrarías galegas, que agora actúan como intermediarias en contratos, enrolamentos e xestións dixitais sen recibir recursos a cambio. Segundo advertu, estase producindo un desprazamento efectivo da carga de traballo desde as Capitanías cara ás confrarías, o que está a supor un sobreesforzo de xestión e responsabilidade para unhas entidades que non teñen por que suplir as carencias de persoal e medios da Administración do Estado. “Non se lles pode cargar de tarefas e de responsabilidades que non lle corresponden como propias”, dixo.

Por este motivo, os populares instan á Xunta a demandar ao Goberno de España a posta a dispor, con carácter inmediato, dunha “liña específica de axudas compensatorias destinada ás Confrarías de Pescadores e ás súas Federacións que compense as funcións que complementan ao Estado, corrixa a asfixia administrativa e garanta unha resposta áxil e próxima para todos os profesionais do mar.

Noticias recomendadas

O Parlamento pide que se estude a implantación do modelo de atención extrahospitalaria para pacientes oncohematolóxicos en Cangas
O Parlamento de Galicia vén de aprobar, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular na que se insta ao Goberno galego a estudar a implantación no Centro de Saúde
Paula Prado lamenta os graves altercados da Coruña e urxe ao BNG que condene os actos violentos
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, condena os graves actos violentos “absolutamente inadmisibles” acaecidos onte na Coruña e urxe ao BNG que condene o acontecido tras a manifestación convocada
Rueda pide “dalo todo” e “acudir ás urnas” para que Galicia sexa “unha peza fundamental” na vitoria de Alberto Núñez Feijóo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou a “dalo todo” e “acudir ás urnas” o 29 de novembro, de tal forma que Galicia se erixa en “motor do cambio de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies