Skip to content

O Pleno da vindeira semana aprobará o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

Santiago, 6 de setembro de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana procederá á aprobación definitiva do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, un documento “ambicioso, vivo e moi útil non só pola transparencia e información que aporta, senón tamén porque deixa claro que temos obxectivos de país e establece o camiño para acadalos”, salientou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.

Así mesmo, o Grupo Popular demandará o apoio da Cámara galega ao manifesto, respaldado por sete gobernos autonómicos e o Congreso dos Deputados, para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria; así como solicitará ao Goberno central medidas que permitan a viabilidade da industria electrointensiva e avanzar na tramitación do PERTE para a descarbonización deste sector industrial.

 

Pedro Puy explicou que o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 “establece os obxectivos de país no ámbito da gobernanza e reflicte a vontade de facer política de longo prazo por parte do Goberno galego”. Neste sentido, lembrou que a elaboración deste plan contou coa participación non só de técnicos da Administración galega, senón tamén expertos e a implicación da sociedade galega. O seu contido está distribuído en cinco eixes transversais (reto demográfico; Galicia verde e sostible; competitividade e crecemento; cohesión social e territorial; e gobernanza) e fixa dez metas prioritarias, entre as que destaca a de acadar de aquí ao ano 2030 a práctica converxencia con España en termos de renda bruta dispoñible e superar o 90% do PIB per cápita da Unión Europea

 

O portavoz popular avanzou que “ao longo desta semana intentaremos achegar aos grupos da oposición as propostas de transacción que se debaterán na sesión plenaria, coa vontade de atopar puntos en común sobre o futuro de Galicia e cara onde deben camiñar as políticas públicas”.

 

A orde do día da sesión plenaria inclúe, ademais, a comparecencia do conselleiro de Educación, a petición propia e do BNG, para informar sobre o inicio do curso escolar.

 

ATENCIÓN PRIMARIA E ELECTROINTENSIVAS

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará o apoio do Parlamento galego ao manifesto apoiado por sete comunidades autónomas e o Congreso dos Deputados para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria, así como demandar ao Goberno de España o cumprimento deste mandato parlamentario.

 

Puy lamentou que, a pesar de que no último Debate sobre o Estado da Nación se aprobara unha resolución respaldando este manifesto, o Goberno de España non teña expresado a súa intención de dar cumprimento a este acordo nos Consellos Interterritoriais celebrados ata a data.

En segundo lugar, o Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno de España manteña un diálogo aberto coas comunidades autónomas para identificar as medidas necesarias que permitan dar viabilidade á industria electrointensiva, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros.

 

Así mesmo, pídese que avance na tramitación do PERTE anunciado para a descarbonización da industria electrointensiva, ao tempo que deseña mecanismos de colaboración análogos ao asinado con ArcelorMittal co fin de apoiar o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao.

Noticias recomendadas

Os eurodeputados do PPdeG solicitan á Comisión Europea que tome medidas ante o “fraudulento engano aos galegos” da papeleta compartida polo BNG con Esquerra e Bildu
A través dun escrito remitido polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez á vicepresidenta da Comisión para Valores e Transparencia, Věra Jourová
Unha delegación do PPdeG visita o Parlamento Europeo para abordar cuestións prioritarias para os concellos galegos
Unha delegación do Partido Popular de Galicia, encabezada pola secretaria xeral Paula Prado e alcaldesas do partido nos concellos galegos, así como outras representantes municipais, realizan a partir de hoxe unha visita á
Os deputados do PPdeG urxen ao Goberno central a axilizar o despregamento da banda ancha no rural galego para previr o illamento tecnolóxico
Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso veñen de rexistrar unha proposición non de lei e unha batería de preguntas ao Goberno co obxectivo de previr o illamento
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings