Skip to content

O Pleno do Parlamento inicia a vindeira semana a tramitación da proposición de lei para a implantación empresarial en Galicia

Santiago, 5 de setembro de 2017.- O Pleno do Parlamento galego iniciará a vindeira semana a tramitación da proposición de lei, impulsada polo Grupo Popular en colaboración co Goberno galego, para a implantación empresarial en Galicia co debate de totalidade deste texto lexislativo. O portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que na mesma sesión plenaria o PPdeG defenderá a introdución do cheque formación en Galicia e solicitar ao Ministerio de Xustiza que, canto antes, estableza o número de xulgados que lle corresponden á Comunidade galega en 2018.

Puy explicou que os seis asuntos incorporados polo Goberno galego e o Grupo Popular no Pleno “dan conta da nosa preocupación prioritaria pola creación de emprego e a mellora dos servizos sociais”. Ao mesmo tempo, reiterou que “o 80 por cento das iniciativas son a proposta dos grupos da oposición, o que volve demostrar que o traballo parlamentario facilita o control e o impulso ao Goberno galego”.

 

IMPLANTACIÓN EMPRESARIAL

Así, explicou que a proposición de lei de implantación empresarial ten como obxectivo principal “mellorar a implantación empresarial en Galicia para promover un emprego de maior calidade”. En concreto, sinalou que introducirá “enormes avances na capacidade dos empresarios para instalarse en Galicia, simplificando todos os trámites administrativos para a súa localización na Comunidade galega”.

 

O portavoz popular sinalou que na mesma liña de fomento do emprego en Galicia seguirá a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria. En concreto, falará da Estratexia Autónomo 2020, que estará dotada ao longo desta lexislatura con 160 millóns de euros e se prevé beneficiará a máis de 10.000 autónomos cada ano.

 

“Se trata de apoiar o establecemento como autónomo e a contratación indefinida polos autónomos de persoas en Galicia”, explicou Pedro Puy, facilitando mellores condicions laborais e priorizando a incorporación ao mercado laboral dos menores de 30 anos.

 

CHEQUE FORMACIÓN E XULGADOS

O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria dúas proposicións non de lei. A primeira ten como obxectivo que a Xunta introduza o cheque formación, para que as persoas traballadoras desempregadas dispoñan dun crédito de formación, escollan a formación que queren recibir e a entidade na que queren que se imparta. Puy sinalou que esta iniciativa busca que “os traballadores teñan unha boa formación e que esta estea relacionada coas demandas do tecido produtivo local”.

 

En segundo lugar, o Grupo Popular demandará ao Ministerio de Xustiza que estableza, canto antes, o número de xulgados que lle corresponden a Galicia para 2018, de xeito que a Xunta asuma, apoie e dote de medios a todos estes xulgados.

 

No apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular cuestionará sobre o número de consultas especializadas que se teñen implementado nos hospitais comarcais desde a posta en marcha das estruturas organizativas de xestión integrada do Sergas; as novidades e medidas específicas que a Xunta levará a cabo para o desenvolvemento da nova estratexia galega de linguas estranxeiras EDUlungüe 2020; e as conclusións do informe sobre os botiquíns necesarios nas embarcacións pesqueiras.

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies