11 de xaneiro de 2023. Durante a visita realizada a unha explotación gandeira xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia, o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular alertou da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo. Lembrando que se Pedro Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.
Denunciou neste sentido a medida “sectaria e ideolóxica e sen ningún tipo de informe” adoptada polo Goberno que inclúe ao lobo na lista LESPRE pasando a ser “un animal intocable” e situando aos gandeiros nunha situación de “extrema vulnerabilidade e indefensión e ao bordo da extinción”.
“Os ataques dos lobos están a poñer en perigo a viabilidade das explotacións gandeiras” incide Rollán, quen destacou a “dubidosa credibilidade” dos datos que o Goberno remitiu a Europa. Á vez que lamentaba que, lonxe de recoñecer o seu erro, o Executivo siga veña e dálle no seu fracaso e pretenda que os gobernos autonómicos que queiran acceder aos 20 millóns de euros recolleitos no orzamento para o sector primario, adhíranse a unha folla de roteiro que prexudica ás explotacións gandeiras.
Subliñou o compromiso do PP co mundo rural e adiantou que cando Feijóo chegue ao Goberno, recuperará a situación anterior de “razoable equilibrio de convivencia, respecto e protección do lobo pero non en detrimento exclusivo dos gandeiros”.
Rollán defende que, dada a súa proximidade, experiencia, coñecemento e posibilidade de axilidade administrativa, as CCAA poidan ter a capacidade de determinar de que maneira queren efectuar o control de poboación do lobo. Poñendo en valor o esforzo investidor e a defensa do sector primario por parte da Xunta de Galicia que preside Alfonso Rueda: “Un exemplo a seguir para todas as CCAA”.
“En Galicia, a única administración que está a defender os intereses dos gandeiros é a Xunta” incide o vicesecretario do PP para lembrar que o Executivo tiña que transferir ao Goberno autonómico algo máis 4´3 millóns de euros.
ÁNGELES VÁZQUEZ: “HAI QUE PROTEXER AO LOBO, PERO TAMÉN AOS GANDEIROS”
A responsable de Medio Ambiente no Goberno galego e membro da Xunta Directiva nacional do Partido Popular defendeu pola súa banda a necesidade de loitar “polo equilibrio e a sustentabilidade” ante o descenso no número de explotacións gandeiras e o incremento das mandas de lobo. Criticando que o Goberno central incluira ao lobo na lista de especies de especial protección “a pesar das 1.700 firmas en contra recollidas polo sector en Galicia, a pesar das numerosas alegacións, pese ao voto en contra das comunidades autónomas con maior presenza do lobo e sen contar con ningún estudo científico que avale a decisión”.
“Desde o PP non estamos en contra da protección do lobo, pero si estamos a favor da protección dos nosos gandeiros”, remarcou Ángeles Vázquez á vez que afirmaba que “Galicia non vai admitir chantaxes”. En referencia aos 4,3 millóns de euros que o Goberno central nega á Comunidade por non aceptar a condición de asinar a estratexia de protección do lobo.
“Non podemos asinar esa estratexia porque suporía vender aos gandeiros galegos, porque hai unha gran inseguridade xurídica e porque suporía obrigar aos gandeiros a tomar unha serie de medidas que non son admisibles desde o punto de vista económico”, engadiu a este respecto.
A responsable autonómica de Medio Ambiente concluíu poñendo en valor o traballo feito desde Galicia á hora de conceder axudas aos gandeiros para aplicar medidas de protección ante o lobo e de conservación desta especie presente en máis do 90% do territorio: “Seguiremos loitando para que a xente do rural poida seguir coidando estes espazos que fan de Galicia unha das comunidades máis sostibles”.
PAULA PRADO: “O PP LEVA O RURAL NO SEU ADN”
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia reivindicou o “apoio serio, rigoroso e con feitos” da súa formación ao rural poñendo en valor medidas como o impostos cero no rural, as casas niño, as casas do maior, a Lei de recuperación e posta en valor das terras agrarias ou as axudas para a incorporación da mocidade á actividade agraria.
“O PP leva o rural no seu ADN e por iso sempre estaremos xunto á xente do rural e xunto ao sector gandeiro, mantendo o noso compromiso con eles e falando dos seus problemas reais”, afirmou contrapoñendo esta postura á de BNG e PSdeG, que “uns días din que apoian ao rural e ao día seguinte están detrás da pancarta dun ecoloxismo radical e falso”.
A secretaria xeral dos populares galegos reprochou ao BNG a súa pertenza ao Grupo dos Verdes en Europa “que tanto dano está a facer a Galicia” e puxo en evidencia a contradición de “poñerse un día a chaqueta a favor dos eólicos e ao día seguinte cambiala para poñerse detrás da pancarta do ‘non’ aos eólicos”.
“Pedimos ao PSdeG que abandone o seu servilismo e o seu seguidismo a Pedro Sánchez, cuxas políticas danan ao sector gandeiro e cuxo ministro de Consumo dana ao sector cárnico”, engadiu.
Paula Prado quixo aproveitar esta visita tamén para mostrar o seu apoio á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, da que afirmou que “é un exemplo do traballo das mulleres rurais e do apoio do PP ao rural galego”