Skip to content

O PP esixirá que deputacións e concellos se sumen á súa demanda para que o Goberno baixe as peaxes da AP-9

Os populares queren terminar co “agravio comparativo” que sofren os galegos respecto a outras comunidades onde si se baixaron os custes das autoestradas

O PPdeG anunciou hoxe que a súa formación levará ao pleno dos 313 municipios e ás catro deputacións unha moción na que esixe que todos estes gobernos se sumen á demanda que os populares xa trasladaron ao Executivo Central para que poña en marcha un sistema de bonificacións dirixido aos usuarios da AP-9. 

 

O texto recolle tamén a reclamación para deixar sen efecto as novas subas extraordinarias previstas para financiar as obras de ampliación da autoestrada, e esixe a convocatoria da comisión conxunta da AP-9 para abordar coa Xunta o modelo de bonificacións, e avanzar na transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada con todos os recursos necesarios para acometer as obras pendentes e para a súa axeitada xestión.

 

Os populares recordan que a autoestrada AP-9 é unha infraestrutura básica e vital de dinamización económica e social da comunidade autónoma. “Falamos dun eixe vertebrador que percorre a xeografía galega de norte a sur, na súa franxa atlántica, na que se concentra arredor do 60 por cento da poboación, e que conecta 5 das grandes cidades galegas”, asegurou Diego Calvo, portavoz de Infraestruturas no Parlamento de Galicia.

 

Neste sentido, Calvo lembrou que o Goberno anunciou, a finais do pasado ano e coincidindo coa presentación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2021, unha serie de actuacións sobre as peaxes que non se están a aplicar nesta autoestrada: como a bonificación das tarifas, e a invalidación das subas extraordinarias anuais.

 

“Non só non cumpriu ningún dos seus compromisos senón que permitiu á empresa concesionaria aumentar as tarifas, desoíndo o ditame do Consello Consultivo de Galicia que considera este incremento extraordinario nulo de pleno dereito”, dixo Calvo.

 

Este suba das peaxes redunda no “agravio comparativo” do que veñen sendo obxecto os galegos con respecto ao resto das autoestradas de competencia da administración central, onde a tendencia leva a rebaixar as peaxes. “O pasado 1 de xaneiro a AP-9 foi a autoestrada estatal que máis subiu as súas peaxes, o que a converteu nunha das máis caras de España”, lamentou o voceiro de Infraestruturas.

 

En consonancia coa Xunta de Galicia

A reclamación do Partido Popular súmase a feita pola Xunta de Galicia, que trasladou xa ao Ministerio de Transportes a súa proposta de bonificacións das peaxes da AP-9, para que os 50 millóns de euros previstos nos Orzamentos Xerais do Estado se traduzan en beneficios para os galegos e non para a concesionaria.

 

“O que buscamos é unha a maior rendibilidade social na aplicación das bonificacións, eliminar o impacto que produce a subida nos petos das familias e a diminución que xera na competitividade das empresas e do noso territorio”, asegurou Calvo

 

Gratuidade nas viaxes de volta

Para conseguir este obxectivo, a Xunta de Galicia propón a bonificación do 100% da viaxe de volta para os vehículos lixeiros que empreguen a telepeaxe e que realicen a volta nun intervalo de 24 horas calquera día da semana, ou ben un mínimo de dúas viaxes de ida e volta na mesma semana.

 

Ademais, Calvo expuxo que a proposta do executivo galego recolle un desconto adicional do 25% na viaxe de ida para os vehículos lixeiros que utilicen a telepeaxe e que volvan nun intervalo de 24 horas, agás en domingos e festivos. A todo isto, dixo o popular, hai que engadir bonificacións do 60% en todas as viaxes para o caso das familias numerosas. Unha porcentaxe de bonificación, do 60%, indicou, será a que se aplique para todas as categorías de vehículos pesados, así como para os vehículos eficientes enerxeticamente, con distintivo ambiental.

 

“Atendendo a razóns de competitividade do sector do transporte e de seguridade viaria, a nosa proposta demanda tamén o desconto do 50% nas viaxes de ida e volta en horario nocturno, entre as 23 horas e as 6 da mañá”, apuntou o popular, quen fixo fincapé en que son “bonificacións útiles” para os galegos que permitirían, por exemplo, a un traballador que realiza todos os días unha viaxe de ida e volta entre A Coruña e Santiago no seu coche con telepeaxe, un aforro de máis de 1.800 euros ao ano.

Noticias recomendadas

Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a “converter as prioridades galegas en prioridades europeas” e “impoñer o sentidiño” no novo Parlamento Europeo
Os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez aspiran a que nesta nova lexislatura que se iniciou hoxe no Parlamento Europeo “as prioridades galegas se convertan en prioridades europeas”
A Asociación Nacional de Pacientes con EPOC salienta o liderado de Galicia na loita contra esta enfermidade pulmonar
Os deputados do Grupo Popular Encarna Amigo, Julio García Comesaña e Noelia Pérez veñen de manter un encontro no Parlamento de Galicia con representantes da Asociación Nacional de Pacientes con
Os deputados do PPdeG no Congreso demandan maior compromiso do Goberno central coa conexión de AVE Vigo-Porto
Os deputados do Partido Popular no Congreso veñen de rexistrar unha iniciativa para demandar ao Goberno central un maior compromiso no impulso da liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto-Lisboa. Instan
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies