Skip to content

O PPdeG afea ao PSOE que use o Parlamento para reclamar á Xunta un plan de vertidos que xa funciona

Santiago, 12 de abril de 2022.- “O plan de control de vertidos da Xunta serve para identificar e lograr que se emenden os puntos de vertido que se producen ao dominio público hidráulico, poñendo especial atención nas rías pero seguindo tamén todos e cada un dos ríos. Cumpre a súa función e está dando bos resultados”.

Nesta afirmación baseouse esta mañá o deputado do Grupo Popular Diego Calvo para rebater unha proposta dos socialistas galegos no Parlamento encamiñada a solicitar ao Goberno galego o deseño dun plan para eliminar a contaminación no río Xuvia en Narón.

 

Así, Calvo afeou aos socialistas que utilizaran o Parlamento galego para tratar de enganar aos cidadáns formulando peticións sobre cuestións que xa está a realizar a Xunta dende hai anos, pois o plan de vertidos vixente data de 2009.

 

CONCELLOS, ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES

 

Durante o debate, o deputado popular lembrou que a maioría dos vertidos proveñen das redes de saneamento municipais, responsabilidade dos concellos, e que é a Xunta quen advirte de posibles incumprimentos para a súa emenda e, se é o caso, ábrese o expediente sancionar correspondente para corrixir a situación.

 

“Os concellos son as administracións competentes para levar a cabo o correcto saneamento das augas residuais e domésticas. Son eles os que teñen que controlar o que chega ás súas redes de sumidoiros ou depuradoras a través das ordenanzas de vertido e velar porque se cumpran esas directrices”, aseverou Calvo, que insistiu en que “non se pode descargar sobre a Xunta unha competencia que non é súa”.

 

Ademais destas cuestións, Diego Calvo lembrou que, ao igual que a Xunta asume competencias municipais para axudar aos concellos, non sucede o mesmo con outras administracións, en referencia directa á “escasa ou nula” colaboración das deputacións provinciais gobernadas polo PSOE e mesmo do Estado. “Todas as administracións son responsables de garantir a compatibilidade da actividade humana coa sustentabilidade ambiental”, matizou o deputado popular.

 

No caso concreto do río Xuvia, explicou que nos últimos cinco anos a Xunta contabilizou unha vintena de vertidos, e que só dous foron catalogados como contaminantes, o que significa que “o plan de control da Xunta funciona e que non é o mesmo un vertido controlado e autorizado que un vertido contaminante”.

 

APOIO Á LEI DE MELLORA DO CICLO DA AUGA

 

En canto ás melloras que solicitaron os grupos da oposición para a xestión e control dos vertidos, Diego Calvo lembroulles que teñen a súa disposición o instrumento idóneo para conseguilo, que é a Lei de mellora do ciclo integral da auga, xa en tramitación parlamentaria.

 

“A profesionalización da xestión integral do ciclo da auga é o mellor camiño para controlar e erradicar os vertidos”, matizou o popular, que explicou que esta Lei persegue, entre outros obxectivos, que unha xestión eficiente e eficaz da rede de colectores e dos sistemas de depuración contribúa a reducir e eliminar os vertidos contaminantes.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies