Skip to content

O PPdeG amosa o seu rexeitamento a todos e cada un dos acordos políticos “con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos de ETA e pretenden lexitimar a súa existencia”

O PPdeG conmemorou o 28º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans da banda terrorista ETA recordando a súa loita “por manter unha España máis democrática, unida, plural e libre” e facendo un chamamento á sociedade para que non se esquezan “xamais” nin o seu legado nin o seu “exemplo moral e de coraxe democrático”.

Así o puxo de manifesto esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, na homenaxe que os populares galegos fixeron ao político vasco “con profundas raíces galegas” no cemiterio de Faramontaos (A Merca), onde repousan os seus restos. Un acto no que tamén participaron o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, o alcalde Manuel Garrido, o exalcalde Manuel Velo e Miguel Ángel López, primo político do homenaxeado, entre outros.

“Non entendemos como hai partidos galegos, como o BNG, aliados con herdeiros de ETA e mesmo asesorados por eles”, asegurou ao tempo que reiteraba o seu rexeitamento a “todos e cada un dos acordos políticos con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos da banda terrorista e pretenden lexitimar a súa existencia”.

Nesta liña subliñou que o Partido Popular ten “a conciencia tranquila” porque está “onde ten que estar”. Algo que volveu deixar claro hai uns días o presidente nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, ao afirmar que os únicos “cordóns sanitarios” que terá o seu Goberno serán con Bildu e que “nin vai sentarse con ningún representante dese partido nin lles vai abrir o Palacio da Moncloa”.

“Tampouco deberían facelo o PSOE e o BNG”, engadiu Paula Prado argumentando que “non hai nada que falar ata que non pidan perdón a todas as vítimas de ETA e non axuden a esclarecer todos os crimes que custaron a vida a tantas persoas”.

Trátase dunha cuestión que se lle debe, apuntou, a todas as vítimas e en especial a todos os compañeiros de partido que, como Miguel Ángel Blanco, se xogaron a vida pola liberdade. Todos eles merecen, na súa opinión, ser “reparados das humillacións e do esquecemento aos que algúns pretenden condenalas”.

“O prezo que pagaron Miguel Ángel Blanco e todas as vítimas de ETA por defender unha España libre e unida é o mellor recordatorio do valor que ten non renunciar a esta idea e seguir defendéndoa”, concluíu.

LUIS MENOR: “BENEFICIAR A BILDU É MOI DISTINTO A XESTIONAR”

Pola súa banda, o líder do PP de Ourense, Luis Menor, comprometeuse como presidente provincial a “dignificar” o espazo onde se atopa Miguel Ángel Blanco e que “ninguén se esqueza desta traxedia”, citando A Merca como “o símbolo máis representativo da democracia e de todas as liberdades” desde hai 28 anos.

Menor destacou que o concelleiro de Ermua “morreu pola barbarie daqueles que só sabían falar coas pistolas e non coa palabra” e esixiu “dignidade” a aqueles que “pactan cos herdeiros de ETA sen que, en ningún momento, ninguén neste país escoitara pronunciar a palabra perdón”.

“Estamos fartos de ver como partidos como Bildu son beneficiados por Pedro Sánchez para seguir ocupando a Moncloa, algo que é moi distinto a xestionar”, dixo Menor, e tanto el como Paula Prado tiveron un recordo para Aurelio Garrido, tío materno de Miguel Ángel Blanco, falecido hai apenas un mes. “Desde o PP, temos disposición para darnos sempre cita aquí, para manter vivo o recordo de Miguel Ángel e o que significa na nosa provincia e na nosa Democracia a súa figura”, engadiu Menor.

Por último, o alcalde da Merca, Manuel Garrido, lembrouno como un “veciño significado” que “só quería ser libre”, e tamén se comprometeu a seguir homenaxeándoo cada ano: “Meréceo, lembralo é o mínimo que lle podemos dar”.

Noticias recomendadas

O PPdeG enxalza o labor dos seus alcaldes “ofrecendo proximidade, seriedade, xestión e antepoñendo os intereses dos veciños por enriba doutros intereses”
O PPdeG quixo hoxe poñer en valor o traballo diario dos seus alcaldes e alcaldesas en toda Galicia enxalzándoos como os garantes dunha política “de proximidade, seriedade e xestión” e
<span style="font-style: italic;">Paradoxos acaídos</span>
Pedro Puy. No barrio madrileño de Lavapiés, non podía ser noutro, abondan as librarías alternativas especializadas en publicacións antisistema. «Anti» o sistema político vixente, quérese dicir. Presidindo a entrada dunha
Os deputados do Grupo Popular animan aos establecementos de venta de peixe e marisco a participar na campaña do Bono Peixe
Os deputados do Grupo Popular María Deza e Raúl Santamaría, acompañados da alcaldesa en funcións de Sanxenxo, Paula Martínez, visitaron a praza de Abastos de Portonovo para animar aos establecementos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies