Skip to content

O PPdeG aposta por acadar máis mulleres candidatas e alcaldesas de cara ás eleccións municipais do 2027

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, anuncia a aposta popular para que “sendo o partido con máis rexedoras de toda Galicia e con máis maiorías absolutas, en 2027 sería un enorme éxito ter máis candidatas e, tralas eleccións municipais, máis alcaldesas”.

Así o manifestou na clausura do acto ‘Mulleres que Gobernan’, organizado polo PPdeG en Ribeira para conmemorar o 8M, Día da Muller. Precisamente, neste concello elixiuse o pasado mes de outubro como nova alcaldesa á popular María Sampedro, á que Rueda aproveitou para darlle os parabéns, converténdose así na muller número 31 de rexedoras do partido.

“Imos traballar para obter máis candidatas e máis alcaldesas, sería un magnífico síntoma de como funcionamos no PPdeG, o partido que máis se parece a Galicia, porque damos oportunidades a quen as merece e cremos na igualdade como base dunha sociedade, sen consignas, con traballo”, reivindicou Rueda.

No “encargo” ás mulleres do partido para obter máis representación feminina de cara ao 2027, fixo un guiño á rexedora de Boborás, Patricia Torres: “O seu 87% de apoio está aí para quen o queira superar”.

Ademais, quixo amosar o seu “orgullo e apoio” ás mulleres da formación no seu conxunto, dende as que ocupan cargos de responsabilidade máis elevados como as “centos de concelleiras que traballan a diario, porque se lle vai ben ás políticas do PPdeG, vaille ben a Galicia”. Así, agradeceu o labor de “mulleres con principios, traballadoras e enérxicas”, dende a secretaria xeral, Paula Prado, pasando por conselleiras como Fabiola García e o resto de mulleres con representación no Goberno galego ou nas diferentes cámaras.

“Se este partido é grande é porque hai moitas mulleres que o facedes grande”, dixo o presidente dos populares galegos, en contraposición “cos que nos queren dar leccións, pontifican e son campións e campioas de todo”.

AS LECCIÓNS DO PSOE E O BNG

Así, foi moi crítico co PSOE e co BNG, asegurando que o legado que deixarán vai na liña de que “deixaron centos de agresores sexuais na rúa, non foron capaces de protexer ás mulleres tendo cartos para iso pero sen saber facelo e dando leccións cando teñen querelas e casos de acoso sexual”.

Pola contra, no PPdeG “somos máis de facer camiño, conseguindo leis pioneiras en igualdade de oportunidades dende hai tempo, dende os tempos de Manuel Fraga”. Referiuse tamén ás medidas actuais impulsadas polo Goberno galego, destinadas a mellorar a conciliación ou a presenza de mulleres en cargos nos que aínda hai desequilibrio. Neste sentido, tamén tivo palabras para todas aquelas “precursoras”, que cando “todo era aínda máis difícil, estabades aí, conseguindo apoios masivos”.

“Isto non consiste en enfrontarse a ninguén, vai no día a día. E somos conscientes de que hai moitísimas mulleres que mereciades destacar máis e agora ímolo conseguindo, sendo unha tarefa inacabada pero pola que seguiremos traballando”, sinalou Rueda.

UN ACTO POLAS “MULLERES QUE GOBERNAN”

Ribeira foi o epicentro da conmemoración do 8M do PPdeG e a alcaldesa, María Sampedro, fixo de anfitrioa do evento, no que tamén participaron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a responsable de Política Social e Igualdade do Goberno galego, Fabiola García, así como numerosas alcaldesas e exalcaldesas de toda Galicia, deputadas autonómicas e nacionais e senadoras.

Houbo dúas mesas redondas: unha de exalcaldesas, moderada por Fabiola García, na que participaron Teresa Villaverde (Lousame), María José Gómez (Guntín), Carmen Leyte (Cartelle) e Luisa Piñeiro (Moraña); e outra mesa de alcaldesas actuais, moderada por Paula Prado, con Fina Suárez (Trazo), Mariña Gueimunde (Viveiro), Patricia Torres (Boborás) e Cristina Correa (Oia). As mulleres do PPdeG explicaron as súas experiencias persoais á fronte de gobernos en Galicia, así como numerosas anécdotas do seu paso pola política, e ao remate fíxoselles entrega dun agasallo conmemorativo.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia que se volva instrumentalizar a Fegamp ao servizo do PSOE para atacar a Lei de administración local de Galicia
Os alcaldes do PPdeG denunciaron hoxe que “unha vez máis se pretenda instrumentalizar politicamente a Fegamp, esta vez para atacar a Lei de administración local de Galicia e poñer esta
O Parlamento avanza na modificación do proxecto de Lei de saúde de Galicia, unha norma que reforza a protección do persoal sanitario fronte ás agresións
A Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o proxecto de lei de modificación da Lei de saúde de Galicia, pola que se
O PPdeG pregunta ao Goberno no Congreso polo “deplorable estado” das estradas galegas tras o tren de borrascas
O Partido Popular de Galicia, a través de varios deputados galegos no Congreso, presentou este xoves unha batería de cinco preguntas dirixidas ao Goberno de España acerca do recoñecemento do
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies