Skip to content

O PPdeG lamenta que Villares acepte no seu grupo a outro deputado que intentou intimidar a un Policía Local

27, abril, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que coa entrada de Xoán Hermida no Parlamento de Galicia “estamos nunha situación na que como Luis Villares non quería ter no seu grupo unha deputada que abusa da súa autoridade ante axentes da Policía, aceptou no seu grupo a outro deputado que tamén abusa da súa autoridade ante axentes da Policía”.

 

Por este motivo, o número dous dos populares galegos precisou que despois de terse preguntado cal é o máximo nivel de humillación pública que Luis Villares está disposto a soportar dos seus compañeiros, agora habería que preguntar canto está disposto a humillarse a si mesmo.

 

“Desde o Partido Popular de Galicia temos que lamentar este espectáculo que leva máis dun mes dando un partido que recibiu a confianza de máis de 270.000 galegos, que hoxe seguramente verán esa confianza traizoada”, indicou engadindo que as Mareas de Podemos están a lixar a boa imaxe do Parlamento de Galicia co único ánimo de facer un axuste de contas interno.

 

“Creo que o señor Villares desacredítase cada día un pouco máis como líder do seu Partido e as Mareas de Podemos desacredítanse cada día un pouco máis para representar a vontade dun pobo serio, traballador e respectuoso coas institucións e as persoas como é o pobo galego”, manifestou.

 

Así mesmo, Tellado dirixiuse aos deputados do “vostede non sabe con quen está falando” para explicarlles que “os galegos xa saben con quen están falando, o que son capaces de facer, ata onde son capaces de chegar coa súa soberbia e que non son uns bos representantes duns galegos que saben que teñen que respectar á Policía Local e aos veciños en xeral”.

 

UNHA SITUACIÓN ESPERPÉNTICA

Por outra banda, Tellado tamén valorou os novos episodios do “esperpento da Deputación de Lugo”. “De toda esta pelexa as verdadeiras vítimas son os lucenses, que están a ver como as residencias de Lugo seguen pechadas e como os socialistas non invisten un só minuto nin un só euro en resolver os seus problemas”, aseverou.

 

Para os populares, tanto a cidade como a provincia de Lugo merecen algo mellor que o que teñen hoxe pois “son dúas institucións gobernadas polos últimos restos do besteirismo”. Nese senso, insistiu en que os lucenses merecen gobernos serios, de maiorías, estables, preocupados de verdade polos intereses dos veciños e non polos intereses dos políticos, así como unha nova etapa na Deputación e no Concello “que rache cun período de escurantismo e conspiracións para abrir un período de crecemento e de normalidade institucional”.

 

A INCAPACIDADE DE CABALLERO

Ademais, o secretario xeral fixo referencia ao último revés xudicial contra a xestión de Abel Caballero, xa que a decisión dun xuíz do contencioso administrativo foi suspender a esixencia de empadroamento no Concello de Vigo para ter a tarxeta de transporte da cidade.

 

Segundo expresou Tellado, xa non sorprende que a reacción do alcalde a esta situación sexa intenta culpar á Xunta dos problemas que el mesmo crea cos seus erros como xestor e coa súa infinita capacidade para xerarlle problemas á súa cidade e aos seus veciños; pero os populares non consentirán que lle minta na cara a todos os vigueses, aos cidadáns da área metropolitana nin aos galegos. Ao respecto, apuntou que malia que é certo que unha das leis nas que o xuíz fundamenta a súa decisión é a Lei de Medidas autonómica, a outra é a Lei Nacional 16/1987 de Ordenación de Transportes Terrestres, aprobada polo propio Caballero como ministro de Transportes, “o mesmo ministro que prometeu a chegada do AVE a Galicia en 1993”.

 

Así, e seguindo o razoamento de Abel Caballero, o secretario xeral do PPdeG ironizou coa idea de que “sería moi grave que un presidente da Xunta lexislase contra os intereses de Vigo. Pero seguramente sería aínda moito máis grave que un alcalde de Vigo lexislase contra os intereses de Vigo”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies