Skip to content

O PPdeG pedirá no Pleno que se exima da obriga de cotizar aos titulares de explotacións agrarias cando xa o fagan no Réxime Xeral ou de autónomos

Santiago, 18 de maio de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno central que restableza o réxime de excepcións vixente ata 2015 que excluía da obriga de cotizar como autónomo a aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias cando non superen determinados limiares de renda e rendemento económico.

Así mesmo, solicitará o apio do Parlamento ao Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico, acordado por 14 gobernos autonómicos e que sinala a necesidade de que o Goberno central impulse medidas lexislativas para ofrecer maior seguridade xurídica aos concellos nos que se anulan os seus instrumentos de ordenación.

 

Previamente á celebración da sesión plenaria ordinaria, terá lugar a celebración dun pleno específico para a designación como senadores en representación da Comunidade galega de Alberto Núñez Feijóo e de Miguel Tellado Filgueira, que virán cubrir as vacantes deixadas por Elena Muñoz e Juan Serrano.

 

CAVERNA NACIONALISTA

 

A visita que os Reis de España realizarán a Galicia o vindeiro martes pola mañá, para inaugurar a nova Cidade da Xustiza e a Feira Internacional da Industria Naval-Navalia en Vigo motivará que o Pleno ordinario dea comezo ás 16 horas, decisión que foi comunicada polo Presidente do Parlamento aos grupos parlamentarios na reunión da Xunta de Portavoces e que contou co visto bo do PPdeG e do PSdeG.

 

Neste sentido, a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, considerou “razoable” que a segunda autoridade da Comunidade galega acompañe aos Reis de España na inauguración da Cidade da Xustiza de Vigo e lamentou que o BNG “demostre, unha vez máis, que segue instalado no nacionalismo radical de sempre e na súa caverna nacionalista e independentista ao posicionarse en contra da máxima institución que representa ao Estado español”.

 

GOLPE AOS CONCELLOS RURAIS

 

Respecto das iniciativas que defenderá o Grupo Popular na sesión plenaria, Paula Prado explicou que “solicitaremos o Goberno de España restableza o réxime de excepcións vixentes desde o ano 2015 que excluía da obriga de cotizar como autónomo a aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias”.

 

A viceportavoz popular lamentou que o actual Goberno central aproveitara a pandemia sanitaria para incorporar no Real Decreto-Lei 15/2020 de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego medidas que “asestan un duro golpe á economía de milleiros de familias dos concellos rurais”. En concreto, explicou que desde esa reforma calquera traballador que se atope cotizando á Seguridade Social no Réxime Xeral ou no Réxime de Autónomos, e que dispoñan dunha pequena explotación agraria, polo feito de ter esta propiedade e realizar algún labor na mesma van ter que darse de alta e abonar mensualmente a cotización.

 

“Diante desa situación de inestabilidade, o ministro de Agricultura recoñeceu o erro e indicou que este réxime sería modificado a través dunha instrución que, a día de hoxe e despois de dous anos, aínda non se ten producido”, polo que desde o Grupo Popular considérase necesario que o Goberno central restableza o réxime de excepcións vixentes para estes traballadores desde o ano 2015.

 

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN

 

En segundo lugar, o Grupo Popular demandará o apoio do Pleno do Parlamento galego ao Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico, asinado o pasado mes de marzo por 13 gobernos autónomos no marco do Encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable. Este documento, entre outras medidas, considera necesario que o Goberno central impulse as medidas lexislativas necesarias para ofrecer maior seguridade xurídica e, en particular, promover solucións á problemática á que se enfrontan os concellos no momento no que se anulan os seus instrumentos de ordenación.

 

Paula Prado sinalou que con este manifesto “as comunidades autónomas trasladan ao Goberno central a súa disposición para dar un paso adiante e contribuír a adoptar aquelas medidas que resulten necesarias para acadar un urbanismo responsable e perdurable no tempo, á vez que se brindan a fortalecer a cooperación e coordinación entre a Administración Xeral e as autonómicas en materia de ordenación do territorio e de urbanismo”.

 

Respecto das preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase polas actuacións levadas a cabo ata o momento polo Goberno central en relación á execución dos PERTE e os proxectos estratéxicos presentados desde Galicia; polo desenvolvemento das medidas previstas na Estratexia de Educación Dixital 2030; e polas dificultades que está a atopar Galicia na execución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies