Skip to content

O PPdeG pide ao Goberno central que rectifique o seu “errático” modelo enerxético e solicita que se convoque a Conferencia de Presidentes

Marta Nóvoa lamenta que o Executivo de Sánchez aprobara o Decreto de aforro enerxético sen escoitar ás Comunidades Autónomas, aos sectores afectados e as recomendación da Comisión Europea

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular e coordinadora de Industria e Empresa do PPdeG, Marta Nóvoa, afirmou que o Goberno central ten a oportunidade de rectificar o seu “errático” modelo enerxético se escoita ás Comunidades Autónomas, aos sectores afectados e, sobre todo, se segue as propias recomendación da Comisión Europea: “Solicitamos unha vez máis que se convoque a Conferencia de Presidentes, tal e como foi solicitada polo presidente da Xunta”.

 

Desta forma se referiu en rolda de prensa ao Decreto de aforro enerxético aprobado polo Executivo central, que optou por poñer en marcha, de forma unilateral, medidas impositivas ao comercio, ao turismo e ás PEMES e autónomos en xeral, cando noutros Estados da Unión Europa se teñen formulado como voluntarias. Neste sentido, criticou que non se quixeran estudar as propostas feitas polas Comunidades Autónomas nin sacar adiante un plan que realmente atendese as necesidades do tecido empresarial e produtivo ante unha situación na que a luz segue a marcar medias de 250 euros o MWh e que está provocando unha inflación do 10,8 %, a niveis de hai 38 anos.

 

Mentres o PSdeG novamente se coloca no lado do “seguidismo” a Pedro Sanchez, Nóvoa puxo en valor que a Xunta leva anos tomando medidas relacionadas coa eficiencia enerxética para as familias e as empresas, de forma voluntaria e a través de liñas de axudas que incentivan o aforro e a eficiencia. Do mesmo xeito, avanzou que os populares presentarán no Parlamento unha batería de iniciativas para o seu debate no arranque do período de sesións con propostas e medidas de apoio elaboradas desde o consenso.

 

“Pedimos ao Goberno central que estableza canto antes as liñas de axudas para as medidas que os establecementos teñen que poñer en marcha como a instalación de mecanismos para o peche de portas, a colocación de cartelería ou medidores de temperatura”, dixo avogando polo diálogo coas Comunidades Autónomas para coordinar e sumar esforzos.

 

LEI DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA

Durante a súa comparecencia, Marta Nóvoa sinalou tamén que o pasado mes de xullo pechouse no Parlamento o relatorio do Proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia que, xunto coa Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, “constitúen o mellor marco lexislativo para dar resposta ás necesidades do tecido empresarial e garantir a competitividade das áreas industriais”.

 

Como precisou, a finalidade desta Lei consiste en simplificar os procedementos de ordenación e execución de solo empresarial para adaptar a oferta de solo ás necesidades reais das empresas, en prazos máis breves e que permitan a rápida implantación de iniciativas. Ademais, inclúe unha demanda da comunidade empresarial como a creación de entidades para a conservación, xestión e modernización de áreas empresariais urbanas. Así mesmo, con esta Lei tamén se regula a figura de Concellos Emprendedores.

 

A viceportavoz subliñou que este Proxecto de Lei foi mellorado no proceso de ponencia, con 16 emendas aceptadas ou transaccionadas do PSdeG e do BNG. Máis polo miúdo, explicou que o Grupo Parlamentario Popular engadiu tres emendas, salientando a referida aos proxectos de enerxía eólica, que poderán ser considerados como iniciativas prioritarias, sempre e cando os seus promotores subscriban contratos de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa situada en Galicia, garantindo polo menos o 50% da súa produción de enerxía. Segundo resaltou, trátase dunha iniciativa demandada pola industria electrointensiva (empresas como Alcoa ou Ferroglobe, que consumen unha alta cantidade de enerxía e teñen paralizado ou reducido a súa produción pola situación enerxética).

 

“Creo que as Administracións Públicas estamos para facilitar a implantación de empresas no noso territorio, xerando o ecosistema axeitado, garantido sempre a convivencia e a viabilidade técnica de calquera asentamento empresarial con outros sectores produtivos. Esta é a máxima do presidente Alfonso Rueda e de todo o seu equipo ao fronte da Xunta de Galicia”, manifestou.

 

FONDOS NEXT GENERATION

Por outra banda, referiuse aos fondos Next Generation, lamentando que continúen sen materializarse os apoios do Goberno central aos proxectos tractores galegos como como o de hidróxeno verde, impulsado por Reganosa e Naturgy; o da Fábrica de Fibras téxtiles de Altri, ou o da fábrica de pneumáticos de Sentury.

 

Nese senso, criticou tamén que o Goberno do Estado deixara a Stellantis e á industria auxiliar da automoción fóra das axudas e denunciou que, ata agora, dos 11 Pertes aprobados por 33.090 millóns de euros só se leve convocado a quinta parte. Ademais, cuestionou que non se planifique un Perte para o sector da industria cultural e que o Perte agroalimentario non inclúa a estrutura de transformación dos produtos do mar.

 

Sobre esta cuestión, afeou tamén a falta de cogobernanza no deseño e planificación destas axudas coas Comunidade, que son as que teñen as competencias industriais e as que mellor coñecen os sectores produtivos. Por todo isto, solicitou ao Goberno central que rectifique, xa que ningún dos proxectos que foron anunciados “a modo de autobombo” polo Estado se traduciu en investimentos para Galicia.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies