Skip to content

O PPdeG reclámalle a Gonzalo Caballero que interceda para que Silva e Campos comparezan no Parlamento

Santiago, 3 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamoulle esta mañá a Gonzalo Caballero que interceda para que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, comparezan no Parlamento, tal e como deberían facer hoxe para presentar os seus orzamentos.

 

O número dous dos populares galegos lembrou que primeiro Silva e despois Campos anunciaron a súa intención de non asistir á Cámara a cumprir cun acordo parlamentario de novembro de 2005. Como sinalou, dito acordo foi impulsado por unha presidenta socialista, Dolores Villarino -recentemente recuperada por Gonzalo Caballero para a Executiva do Partido-; foi argumentado no seu día polos letrados da Cámara dun xeito impecable; e ten aínda hoxe total vigor, “por iso se respectou nos últimos anos”.

 

Tellado asegurou que desde o PPdeG cren que esta negativa de dous presidentes de Deputación a acudir ao Parlamento só pode ter tres explicacións posibles. A primeira é que tanto Darío Campos coma Carmela Silva avergóñanse da súa xestión ao fronte das Deputacións. “E cremos que teñen motivos para facelo, porque demostraron xa en moitas ocasións que cando teñen que tratar cun Concello o primeiro que fan é mirar a súa cor política”.

 

Sen ir máis lonxe, onte mesmo o Partido Popular denunciaba que Silva anuncia axudas aos Concellos que supostamente se destinan para paliar os efectos dos incendios e que son ficticias, xa que son fondos que por lei xa pertencían aos concellos.

A segunda explicación que deu Tellado é que ambos presidentes non cren nin na transparencia nin na cooperación entre institucións. “O cal tampouco nos estrañaría, xa que hoxe a Deputación de Pontevedra só funciona como anexo ao Concello de Vigo; e a de Lugo como reserva natural do Besteirismo”, dixo.

 

Por último, fixo referencia á posibilidade de que esta sexa a nova estratexia consciente do PSdeG de Gonzalo Caballero. “Quizá o novo secretario xeral dos socialistas galegos aposte por un partido que non dá a cara, que non rende contas, e que non respecta as institucións”, recoñeceu.

 

“Se estamos enganados, e a Gonzalo Caballero tamén lle avergoña ver o comportamento dos seus compañeiros de partido, o que lle pedimos é que lles reproche publicamente a súa conduta e interceda para facer que tanto Carmela Silva como Darío Campos rendan contas ante o Parlamento e, por tanto, ante o conxunto dos galegos”, insistiu.

 

Así mesmo, Tellado tamén recordou que ambas Deputacións son gobernadas polo partido socialista grazas ao apoio do BNG, co que firmou pactos de goberno. Polo tanto, pediu a Ana Pontón que, se non está de acordo con esta conduta dos seus socios de goberno, os force a comparecer ou lles retire o apoio na Deputación de Pontevedra. “Unha vez máis, estamos ante unha gran oportunidade para que a oposición sexa coherente co que di cando está na oposición, pero logo nunca fai cando está no goberno”, subliñou.

 

MELLORA DAS CIFRAS DO PARO
Durante a súa intervención, Tellado fixo unha breve valoración dos datos do paro do mes de outubro publicados esta mañá, celebrando que a tendencia de creación de emprego se consolida e xa academos os catro anos consecutivos de mellora das cifras de paro.

 

Nese senso, salientou que hoxe temos máis de 13.000 parados menos que hai un ano e 18.000 afiliados máis á seguridade social; un emprego de maior calidade, posto que medra a contratación indefinida e a contratación a tempo completo; e, en termos intermensuais, a menor caída da historia con respecto ao mes de setembro. Segundo apuntou Tellado, este é o froito dunha política económica baseada na estabilidade, no rigor, na aprobación dos Orzamentos en tempo e forma e en traballar cada día a favor dos intereses dos cidadáns.

 

Por outra banda, o secretario xeral quixo agradecer ao PSdeG a súa chamada no día de onte para solidarizarse e condenar o ataque que rexistrou esta semana a sede dos populares, con pintadas ameazadoras por parte de alguén que, ademais, lanzou ovos contra o cartel que inclúe o logo do partido.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies