Santiago, 23 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.
Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.
ÁMBITO XUDICIAL
Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.
Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.
En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.
O PPdeG reitera “o interese claro de que se esclarezan as causas do accidente de Angrois” para o que pide realizar un informe independente e incontrovertido
- Mércores, 24 de Maio de 2017
- 10:48 a.m.
- Duración de lectura aproximada: 2 minutes
Noticias recomendadas
Alfonso Rueda anima aos lucenses a amosar a fortaleza do PPdeG para impulsar en España o 29N o modelo galego “da política real e útil”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, insistiu hoxe en que Galicia ten que ser “o motor do cambio” para que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de
O PPdeG pon en valor as axudas da Xunta de máis de 3,6 M€ para compensar o sobrecusto do gasóleo e dos fertilizantes no sector agrogandeiro
O PPdeG reivindicou “o compromiso firme e con feitos” do Goberno galego co sector agrogandeiro fronte ao incremento dos custos de produción, principalmente, no referido ao gasóleo agrícola e aos
Rueda chama a “pisar o acelerador” para que Galicia sexa, de novo, “o gran motor do cambio” en España, con Alberto Núñez Feijóo á fronte
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, aspira a que o PPdeG sexa, de novo, “un gran motor de cambio”, con “valentía, forza e convicción”, polo que urxe aos populares que