Skip to content

O PPdeG reivindica a defensa do rural e dos maiores ante o “novo castigo” de Sánchez a Galicia, que suprime a colaboración dos concellos co Imserso

O PPdeG lamenta o “novo castigo” do Goberno central a Galicia ao decidir, de xeito unilateral, extinguir os convenios que permitían aos concellos pequenos colaborar na reserva de prazas e no apoio aos maiores dentro do Programa de Turismo do Imserso. Fronte a este “furto” aos galegos e galegas por parte do Executivo de Sánchez, cun BNG que “consente”, os populares reivindican a “defensa do rural e dos maiores” e esixen, a través de iniciativas en varias Cámaras, que se recupere este servizo municipal.

Así o manifestou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, durante unha reunión en Lalín, un dos municipios afectados pola decisión unilateral do Goberno central. Estivo acompañada do alcalde e senador, José Crespo, e por representantes políticos doutras zonas da comarca, tamén prexudicadas, como A Estrada e Valga. “Poñemos en valor o dereito das persoas maiores a ter unha atención máis personalizada, como a que se viña dando dende os concellos que colaboran co Imserso”, sinalou Prado, que asegurou que o PPdeG “seguirá pelexando” no Congreso e no Senado para que o Goberno de Sánchez reconsidere este asunto. Ademais, o PP de Lalín levará o asunto ao pleno municipal deste mes de xuño.

Os populares explicaron que o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, a través do Imserso, comunicou por carta aos concellos afectados que os convenios existentes para a reserva de prazas no Programa de Turismo do Imserso quedan extinguidos, xustificando a decisión cunha explicación meramente formal e sen que houbera diálogo cos municipios afectados. Con esta decisión, a partir da tempada 2026/2027, as persoas residentes nestes municipios xa non poderán utilizar o sistema de reserva de prazas a través do seu concello, debendo realizar elas mesmas as reservas por internet ou mediante axencias de viaxes.

José Crespo, explicou os inconvenientes deste novo sistema, xa que se elimina a atención personalizada que gozaban nos concellos as persoas que, en moitos casos, teñen dificultades para realizar xestións telemáticas e administrativas.

O BNG DI ‘SI’ A SÁNCHEZ E ‘NON’ A GALICIA

A secretaria xeral dos populares galegos pregúntase por que, “unha vez máis”, se castiga a Galicia por parte do Executivo de Sánchez que, sen embargo, “non castiga a outras comunidades como País Vasco ou Cataluña”.

Tamén critica o papel do BNG ante agravios coma este, xa que, de novo, “din si a Sánchez e non a Galicia”. Prado sinala que os independentistas galegos están “a deriva”, referíndose a acontecementos recentes como a visita do Papa, na que o BNG e Podemos foron os únicos partidos en ausentarse do Congreso.

Igualmente, lamentou o apoio dos independentistas galegos á CIUG, a comisión organizadora das probas de acceso á universidade, a PAU, cuxos erros na convocatoria deste mes de xuño afectaron gravemente ao alumnado de varias materias. “O BNG non está ao carón das familias. Pero agora xa entendemos porque defenden amplamente á CiUG: o seu presidente é do BNG”, destacou.

A número dous dos populares galegos tamén  afea o apoio do BNG ao Goberno de Sánchez, lembrando que a última “liña vermella” dos independentistas galegos é que haxa unha condena por financiación ilegal, obviando os casos de corrupción e a actualidade que rodea ao Executivo de Sánchez. “Moven os marcos ao seu interese pero os recortes que o Goberno de España fai aos galegos e galegas non lles importan”, puntualiza a secretaria xeral do PPdeG.

JOSÉ CRESPO REIVINDICA UN SERVIZO DE PROMIXIDADE

O rexedor lalinense e senador popular fixo referencia ao convenio do Imserso como un servizo “de proximidade”, que viña funcionando durante décadas. “O Concello non só informaba, senón que tamén resolvía dúbidas, organizaba grupos e facilitaba desprazamentos. Este apoio era especialmente importante para persoas maiores, con dificultades dixitais, de mobilidade ou de tramitación”, explicou.

Para Crespo, a decisión unilateral do Goberno central, “deixa ás persoas maiores do rural en peor situación que as das cidades” e rompe a dimensión comunitaria das viaxes. “Moitas persoas maiores participaban porque viaxaban con veciños, amizades e grupos organizados”, apuntou. Tamén lamentou que esta decisión incremente a fenda dixital e contribúa a baleirar servizos no rural.

Noticias recomendadas

Tellado presiona al BNG por sus contradicciones políticas y le acusa de tragar con todo: “Son cómplices de todo lo que está haciendo Sánchez”
• El secretario general del PP, Miguel Tellado, lanza duros reproches al BNG por sus contradicciones denunciando su incoherencia por criticar la carrera armamentística y el aumento de inversión en
O PPdeG leva ao Pleno unha iniciativa en defensa do Estado de Dereito e contra os ataques á Xustiza e aos medios de comunicación
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe os asuntos que se abordarán no vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia, unha sesión na que os populares galegos centrarán as
El PP denuncia la poca transparencia del Gobierno con el caso Zapatero: “Viajaba, negociaba, cobraba y el Gobierno ni se enteraba”
• José Manuel Barreiro reprocha la total opacidad del Gobierno en los casos de corrupción y pregunta el por qué ocultan las encomiendas a Zapatero • El portavoz adjunto del
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies