Santiago, 8 de maio de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, salientou hoxe no Parlamento galego “a sensibilidade total do Goberno galego coas familias máis necesitadas, fuxindo da demagoxia que utilizan os grupos da oposición”.
Neste sentido, asegurou que a Xunta foi “pioneira en 2014 coas axudas do tícket eléctrico, pero tamén é consciente de que a pobreza enerxética é un problema de Estado e, por iso, se mostrou a favor dunha solución estatal como o bono social, ao que se sumarán novas medidas autonómicas complementarias”.
No debate dunha proposición de lei sobre a pobreza e a eficiencia enerxética, Marta Nóvoa acusou ao deputado de En Marea de ser “un perfecto narrador de historias, pero de historias falsas”. En concreto, criticou que “intente crear alarmismo trasladando a Galicia como reais datos recollidos en informes da Asociación de Ciencias Ambientais, que son estimacións realizadas para outros países e que no mesmo informe se subliña que estes datos hai que tomalos de forma cautelosa”.
POR BAIXO DA MEDIA NACIONAL
“Galicia esta por baixo da media nacional en taxas de pobreza enerxética, como o recolle o propio Instituto Nacional de Estatística, un dato que non nos satisface nin ao Grupo Popular nin á Xunta e por elo seguimos a traballar en iniciativas que melloren esta situación que padecen as familias máis desfavorecidas”, indicou.
A portavoz popular lembrou que “unha boa parte da factura da nosa electricidade paga decisións políticas erróneas adoptadas polo Goberno socialista de Zapatero, que incrementou o déficit de tarifa de pouco máis de 1.500 millóns de euros en 2004 a máis de 30.000 millóns en 2011 ao primar excesivamente tecnoloxías enerxéticas inmaduras”.
Así mesmo, indicou que “a falta de emprego é outra das razóns da pobreza enerxética, que acadou os niveis máximos en 2011 ao superar os cinco millóns de desempregados nun momento no que o Goberno socialista aínda non recoñecía a crise económica e destruía 1.500 empregos diarios”.
MEDIDAS ADOPTADAS
Marta Nóvoa referiuse ás medidas adoptadas nos últimos anos polos gobernos do PP a nivel nacional e galego en beneficio dos fogares en situación de pobreza enerxética. En concreto, lembrou a reformulación do bono social aprobada en 2016 no Congreso, cos votos favorables de PP e PSOE, que inclúe a clasificación de tres categorías de consumidores vulnerables, aos que as facturas lle serán subvencionadas en función da renda; a creación da categoría de consumidor vulnerable en risco de exclusión social, aos que non se lles poderá suspender a subministración eléctrica; e a obriga das compañías eléctricas de notificar os impagos, antes de cortar a luz, para que os servicios sociais poidan actuar.
“A Podemos e En Marea non lles valía nada diste bono social, non lles valían os límites de renda e parecíanlle insuficientes o que se lle exise as compañías, pero agora incorpórano na súa proposta de lei amosando unha vez máis a súa incoherencia”, criticou.
A nivel galego, a portavoz do Grupo Popular salientou a creación do tícket eléctrico social, que xa ten beneficiado a máis de 7.500 familias e concedido axudas por corte de subministrou a case 5.500 fogares nos últimos dous anos. Así mesmo, apuntou que o Goberno galego activou axudas para que máis de 27.000 familias, cun orzamento de 34 millóns de euros, renovaran fiestras ou cubertas das súas vivendas, ou para que empregaran tecnoloxías renovables.
“Pare este ano, o Goberno galego está traballando na adaptación das medidas de protección para os consumidores domésticos máis vulnerables á Lei galega de pobreza enerxética aprobada o pasado mes de decembro, que significou un paso adiante na atención ás persoas máis necesitadas, xa que as familias en risco de exclusión social terán asegurado o servizo de subministración e a gratuidade dun consumo mínimo”.