Skip to content

O PPdeG valora positivamente que a UE se mostre aberta á posibilidade de reducir a protección do lobo

O Partido Popular de Galicia valora positivamente que a Comisión Europea se mostre aberta a estudar a posibilidade de reducir a protección do lobo, xa que isto é o que a formación leva demandando desde hai tempo da man do sector primario e desde diferentes ámbitos.

Así o manifestaron os populares esta semana nunha reunión informativa sobre a situación do lobo e o xabaril que organizaron na súa sede autonómica, en Santiago de Compostela. Alí alcaldes e voceiros, así como representantes do sector primario, tiveron a oportunidade de debater sobre a situación xunto á directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e os presidentes das comisións de Medio Ambiente e de Medio Rural do PPdeG, Marisol Díaz e Avelino Souto.

O recente comunicado da Comisión Europea sobre a posible revisión do nivel de protección do lobo en Europa vai na liña da postura defendida por Galicia desde hai anos, xunto ao resto de comunidades de España con presenza desta especie no seu territorio.

Desde o PPdeG insisten en que o seu obxectivo é garantir o equilibrio entre a protección do lobo e o mantemento do sector primario. Pola contra, critican, o “ecoloxismo de pancarta” que defende o Goberno de Sánchez “só serve para perpetuar ese desequilibrio ao que agora as autoridades europeas queren por fin poñer remedio”.

“O Goberno central faría ben se, como en tantas cousas, seguira o exemplo do que se fai en Galicia”, indican os populares destacando que a Comunidade conta cun plan de xestión do lobo desde 2009 que permitiu aumentar o número de manadas. Un plan que permitiu que o lobo en Galicia non estea en regresión, como argumenta o Executivo, senón todo o contrario: nos anos 90 o lobo estaba no 80% do territorio galego e agora está nun 94%.

Ademais, os gandeiros galegos teñen á súa disposición unha cuantiosa liña de axudas fronte aos ataques do lobo por parte da Xunta “que podería ser aínda máis cuantiosa se o Goberno central non tivera retidos de xeito arbitrario os fondos que lexitimamente corresponden a Galicia por non ter subscrito a súa estratexia”.

Uns fondos que Galicia continúa e continuará reclamando fronte ao bloqueo do Executivo e que son fundamentais para a prevención e a posterior indemnización aos gandeiros polos danos ocasionados polo lobo.

“Non estamos en contra da protección do lobo, pero si estamos a favor da protección dos nosos gandeiros. Porque sabemos, como temos demostrado nestes anos, que un modelo que garanta as dúas cousas é posible”, conclúen os populares.

MEDIDAS PARA O CONTROL DA POBACIÓN DO XABARIL

Na reunión informativa celebrada na sede do PPdeG tamén se abordou a problemática derivada dos danos ocasionados pola presenza de xabarís en núcleos urbanos galegos. Neste sentido, cómpre recordar que o Goberno galego vén de declarar a emerxencia temporal en 37 comarcas co fin, precisamente, de controlar a poboación desta especie. Unha medida que entra hoxe en vigor.

No que respecta á presenza de xabarís nos núcleos urbanos, os populares recordan que son os concellos os únicos responsables do mantemento das súas rúas urbanas e periurbanas. Polo tanto, teñen a obrigación de implicarse nas medidas  informativas e preventivas de xestión da biomasa e control das zonas de maleza nestes ámbitos, para evitar que estes animais se acheguen a zonas poboadas. Unha labor que desde a Xunta se lles recorda periodicamente a través da Fegamp.

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda reivindica a vitoria do PPdeG nas eleccións autonómicas coa mobilización máis alta da historia: “Galicia participou como nunca e votou como sempre”
Hoxe, acompañado polo presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, na Xunta Directiva do PPdeG “Galicia tiña que escoller entre as mentiras que algúns intentaron contar e o camiño da
A xornada de reflexión de Alfonso Rueda
Durante a xornada de reflexión deste sábado, 17 de febreiro, o presidente e candidato do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, saíu camiñar a primeira hora desta mañá coa súa
Alfonso Rueda: “Cada galego, viva onde viva e vote o que vote, ten en min alguén en quen confiar”
Hoxe, no mitin de peche de campaña na Coruña ao que asistiron 3.500 persoas e no que tamén participaron o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, o cabeza de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings