Skip to content

Os representantes do PPdeG nas cidades do Eixo Atlántico únense para reclamar ao Goberno central a chegada da Alta Velocidade e a mellora dos servizos ferroviarios

José Manuel Rey, Miguel Lorenzo, Borja Verea, Rafa Domínguez e Marta Fernández-Tapias fan unha fronte común e critican a Pedro Sánchez o incumprimento nos prazos de chegada dos trens Avril, así como a escaseza de frecuencias e os atrasos que sofre a segunda liña de media distancia con máis usuarios de toda España.

JOSÉ MANUEL REY: “FERROL NON PODE PERDER O TREN”

O alcalde de Ferrol critica que a cidade está “totalmente esquecida en materia de infraestruturas ferroviarias” e amósase categórico na súa defensa dos intereses dos ferroláns: “Ferrol non pode perder o tren”.

Explica que a liña entre a súa cidade e A Coruña “non ten nin un só euro de investimento nos últimos cinco anos”, o cal provoca que actualmente este traxecto “dure o mesmo que no século anterior cando se inaugurou”.

Rey Varela pon sobre a mesa ademais que aínda non se asinou un convenio para construír a estación intermodal de Ferrol e que a cidade continúa excluída do Corredor Atlántico de mercadorías.

MIGUEL LORENZO: “NON MERECEMOS ESTE MALTRATO DE SÁNCHEZ”

O voceiro do PP na Coruña faise eco das queixas “diarias” dos usuarios da liña de media distancia A Coruña-Vigo debido pola “baixa calidade do servizo, os atrasos, as avarías e a escaseza de frecuencias”.

“Cada vez hai menos frecuencias e cada vez hai máis usuarios, polo que cómpre incidir en que moitos deles empregan o tren para ir traballar e non é de recibo que teñan que mercar o seu billete con máis de 15 días de antelación”, explica.

Miguel Lorenzo incide en que a liña da Coruña a Ferrol ten unha extensión de 74 quilómetros e, sen embargo “tárdase máis dunha hora e cuarto en realizar”.

“Pedimos unha aposta clara por parte do Goberno central por mellorar as conexións entre as cidades galegas, así como no que se refire á chegada dos trens Avril”, engade ao tempo que recorda todas as promesas feitas por parte de Pedro Sánchez sobre estes trens: “A última promesa era que estarían en novembro de 2022, pero agora resulta que como moi pronto non será ata o primeiro trimestre de 2024”.

“Este servicio é esencial para o desenvolvemento de Galicia, polo que nin os galegos nin os veciños das cidades que conforman o Eixo Atlántico merecemos este maltrato por parte do Goberno de Sánchez”, conclúe.

BORJA VEREA: “NECESITAMOS E PEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE DE CALIDADE”

O líder dos populares de Santiago de Compostela ten claro que a súa cidade está “triplemente afectada polo caos no transporte ferroviario”.

Por unha banda, porque “como capital e centro loxístico de Galicia, calquera problema que se produce en Santiago afecta ao resto de cidades galegas”.

Tamén polo feito de que Compostela sexa unha cidade universitaria: “O bo funcionamento do sistema universitario esixe que os trens e os autobuses funcionen correctamente, e non podemos ter aos nosos estudantes con problemas como o de ter que mercar os seus billetes con semanas de antelación e a constante preocupación ante posibles cancelacións”.

Verea destaca ademais a afectación que as conexións ferroviarias teñen no turismo: “Se queremos un turismo de calidade, necesitamos e pedimos medios de transporte de calidade e, nomeadamente, a chegada dos trens Avril que levan tanto tempo prometendo e que nunca chegan”.

RAFA DOMÍNGUEZ: “ESIXIMOS A PEDRO SÁNCHEZ QUE CUMPRA CON GALICIA”

“Pontevedra non está desfrutando nin aproveitándose ao 100% da Alta Velocidade, entre outras cousas, porque Pedro Sánchez leva moito tempo esquecéndose de Galicia”, asegura o voceiro do PP na cidade do Lérez.

Neste sentido explica que “non se cumpriu en tempo e forma coa chegada dos trens Avril, que se están demorando dun xeito insoportable” e isto xera “enormes atrasos no tráfico ferroviario da cidade”.

Rafa Domínguez esixe a Pedro Sánchez que “cumpra con Galicia para que Pontevedra poida desfrutar dun AVE en condicións”.

MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS: “EN VIGO XA ESTAMOS ACOSTUMADOS AOS DESPREZOS DE PEDRO SÁNCHEZ Á NOSA CIDADE”

Ante o “enésimo atraso” na chegada dos trens Avril imprescindibles para a implantación da Alta Velocidade, a líder dos populares vigueses non se amosa sorprendida porque “en Vigo xa estamos acostumados aos desprezos de Pedro Sánchez á nosa cidade”.

“Non pode ser que a cidade máis importante de Galicia aínda non estea conectada como ten que estalo e máis aínda despois de que o seu alcalde prometera que en 2012 xa teríamos AVE”, asegura ao tempo que resume a situación en que “nin AVE, nin conexións, nin frecuencias”.

Marta Fernández Tapias asegura que o Eixo Atlántico “ten que estar conectado e dotarse das infraestruturas ferroviarias necesarias para que esa conexión sexa real e efectiva”.

De aí que esixa ao PSOE de Vigo que “pida ao seu xefe de filas en Madrid que estas conexións sexan reais e eficientes para poder así contar cunhas frecuencias e un servizo adecuados”.

“Non pode ser que se agochen nunhas supostas enquisas para dicir que non é necesario e é menos admisible aínda que a día de hoxe non se repuxeran as frecuencias previas á pandemia despois de tres anos”, engade.

 

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
Paula Prado augura unha lexislatura protagonizada polo “Estilo Galicia” que caracteriza ao Goberno de Rueda: “Estabilidade, rigor, xestión e cumprimento da palabra dada”
O PPdeG, logo da comparecencia do presidente Alfonso Rueda esta semana no Parlamento, considera que quedou claro que esta lexislatura estará protagonizada polo “Estilo Galicia” baseado na estabilidade e o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies