Skip to content

Paula Prado reivindica na primeira reunión do Comité de Campaña do PPdeG que Galicia “estará á altura para o cambio: toca elixir entre delincuencia ou decencia”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que o partido en Galicia terá a “forza” e a “unión” necesaria para ser  unha peza máis, dentro de todas as que hai que encaixar en España, para lograr o “obxectivo común” de que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España. “Sei que en Galicia estaremos á altura, porque a gran maioría de galegos e galegas quere un cambio, un Goberno que colabore e que teña en conta as necesidades e potencial de Galicia”, engadiu. Para Prado, é o momento de elixir “entre a delincuencia ou a decencia”.

A número dous dos populares galegos fixo estas declaracións esta mañá na sede autonómica do partido, na primeira reunión do Comité de Campaña do PPdeG para as Eleccións Xerais do 29 de novembro. “O noso traballo será coordinar todo o que ocorra en Galicia” e apoiar o traballo do Comité de Campaña do PP nacional.

Definiu ao PPdeG como “un gran equipo que percorrerá cada recuncho de Galicia para defender, por fin, o cambio”. Unha necesidade que, para Prado, é evidente en cuestións “que afectan día a día aos galegos e galegas” e que dependen do Goberno central, como a urxencia de máis investimento, máis colaboración e máis atención aos problemas que afectan aos cidadáns, como a vivenda, a sanidade, a educación ou o emprego.

Sobre o Comité de Campaña do PPdeG, Prado subliñou que “no PPdeG non somos de sorpresas”, e por iso, está conformado por persoas con experiencia noutras campañas e con magníficos resultados electorais acadados polo partido nas últimas eleccións municipais, autonómicas, xerais e europeas.

Este órgano volverá estar liderado por Paula Prado, que pediu a todos os seus compoñentes que deseñen unha campaña en positivo. Neste sentido, Prado amosou o seu “orgullo” por repetir como directora de campaña. Como número dous, tamén repite o vicesecretario de Organización, Pedro Rojo.

No Comité tamén participan coordinadores provinciais e coordinadores de cidades, así como coordinadores doutras áreas, persoas “moi preparadas e con experiencia”, como o portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Alberto Pazos, aos que se suman outros perfís potentes das filas populares, como o coordinador de Medio Rural, Avelino Souto, e o coordinador de Emprego, Pablo Fernández. E todo, apoiado por un importante equipo técnico que, en palabras do presidente Alfonso Rueda, “ten a máquina de gañar eleccións sempre engraxada”.

“Xa estamos somerxidos de cheo no 29N, unha cita que pensabamos que non chegaría pero por fin Pedro Sánchez fixo algo bo nesta lexislatura: convocar eleccións e darlle a oportunidade a todos os españois a que falen”, apuntou.

Ademais, sinalou a “oportunidade” que suporá o 29N para os galegos e galegas, “que levamos anos sufrindo os recortes e castigos do Goberno central”. Así, animou aos cidadáns a “elixir entre a incerteza ou a seguridade, entre a corrupción ou a dignidade, entre o desgoberno ou o rigor, entre o declive de España ou o cambio e, en definitiva, entre a delincuencia ou a decencia”.

Prado insiste en que os españois agora teñen a oportunidade do cambio, “de dar paso a un goberno serio, que se preocupe polos problemas reais da cidadanía, da vivenda, da sanidade, da economía, do que lle preocupa ás persoas e non do que lle preocupa ao círculo de Sánchez”.

ANUNCIO NA XUNTA DIRECTIVA AUTONÓMICA

A Xunta Directiva do PPdeG do pasado luns, presidida por Alfonso Rueda, aprazou o Congreso do Partido Popular de Galicia para centrar todos os esforzos nas Eleccións Xerais e, nesta liña, aprobou por unanimidade a composición do Comité de Campaña do PPdeG, que conta con persoas que xa foron partícipes dos magníficos resultados electorais acadados polo partido nas últimas eleccións municipais, autonómicas, xerais e europeas.

Noticias recomendadas

Rueda pide “esforzos renovados” aos populares coruñeses para contribuír a que Galicia sexa “motor do cambio” en España con Feijóo á fronte
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, aspira a que Galicia sexa “peza fundamental e motor do cambio en España” para contribuír á vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións Xerais
Alberto Pazos: “España merécese un Executivo que se pareza máis a un goberno democrático que ao clan dos Soprano”
“Estamos ante un Goberno central en absoluta descomposición”, apuntou, hoxe, o portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, quen indicou que a convocatoria de eleccións xerais anticipadas
Os eurodeputados do PPdeG poñen en valor a aprobación no Parlamento Europeo de 2,7 millóns de euros para os traballadores do sector auxiliar do automóbil en Galicia
O eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, sinala como “moi positivo” que a Unión Europea responda a problemas reais dos territorios. Así o trasladou tras o pleno do Parlamento Europeo que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies