Skip to content

Paula Prado sinala os “pequenos pasos pero grandes avances” no período de sesións no ámbito da igualdade e a lacra da violencia de xénero

Santiago, 9 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado fixo balance hoxe en rolda de prensa dos “pequenos pasos pero grandes avances” que se deron neste período de sesións no Parlamento no ámbito da igualdade e do seu máis cruel expoñente da súa falta como é a lacra da violencia de xénero na nosa sociedade.

Paula Prado sinalou que para o PPdeG a igualdade “é un obxectivo irrenunciable e fundamental” e destacou a “responsabilidade que temos de impulsar ao Goberno a levar a cabo medidas que favorezan a consecución da mesma en todos os ámbitos” e nese sentido sinalou a importancia do Plan de traballo aprobado no seo da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres que inclúe a solicitude de 20 informes ou documentos e a comparecencia de 61 persoas expertas.

“Despois da crise sanitaria estamos ante unha crise económica e social e son moitas as voces expertas que indican que as peor paradas son as mulleres e nese sentido queremos buscar solucións de mellora da súa situación social en base a estas comparecencias e estes informes facendo primeiro unha diagnose da situación” indicou a viceportavoz popular.

INICIATIVAS POPULARES

Paula Prado destacou as iniciativas presentadas polo PPdeG neste período de sesións e aprobadas por unanimidade referidas ao fomento das medidas e programas de conciliación e corresponsabilidade, en colaboración coas entidades locais, nos que se incorpore a perspectiva de xénero; ou o fomento de plans de igualdade en colaboración coas organizacións sindicais e empresariais; aplicar o impacto da covid-19 no ano 2020 nos traballos actuais de avaliación do Plan Galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2020 e ter en conta a “intersecionalidade” en virtude da cal algúns sectores da sociedade son particularmente vulnerables ao virus e as súas consecuencias; realizar un estudo sobre o reparto do traballo doméstico e plans de sensibilización e concienciación do conxunto da sociedade en favor dunha organización social corresponsable, así como horarios máis racionais.

Tamén destacou as demandas ao Goberno do Estado aprobadas neste período de sesións “das que aínda non sabemos nada”, como a aprobación da lei de igualdade salarial, e que mentres non estea aprobada se incremente e dote de recursos suficientes a inspección laboral; a modificación e actualización da Lei de conciliación e corresponsabilidade de 1999, que teña en conta a nova realidade, co incremento do teletraballo e racionalización horaria e se favoreza a compatibilidade do traballo coa vida persoal e familiar.
“E seguiremos reivindicando que o Goberno central cumpra co Pacto do Estado e cos acordos nel establecidos como a lei de trata e a modificación da Lei integral de violencia de xénero, pasos imprescindibles para seguir avanzando na protección e atención das vítimas” indicou a viceportavoz popular.

“En Galicia sí temos avanzado nese ámbito para incluír a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero, aínda que estas mulleres e cativos vítimas xa levan sendo recoñecidos e beneficiarios das axudas e servizos da Xunta desde o ano 2015” indicou Paula Prado.

Tamén sinalou que Galicia é a primeira comunidade autónoma que garante por lei que nas convocatorias de axudas no ámbito da investigación se estableza un factor corrector que permita compensar os períodos de inactividade investigadora e garantir a igualdade de oportunidades, tras a aprobación por unanimidade dunha iniciativa para garantir esa igualdade real no ámbito universitario e da investigación.

VIOLENCIA DIXITAL

Paula Prado destacou que nesta materia “temos que ir todos da man e remar na mesma dirección” referíndose a iniciativa do PPdeG para incorporar a violencia dixital como unha nova forma de violencia de xénero contra as mulleres, que está en trámite e aberto o período para as emendas e espera que fagan achegas os grupos parlamentarios “para loitar contra este tipo de violencia que está a afectar as adolescentes especialmente e que en moitos casos non se está a identificar como tal polo que é fundamental lexislar nesta materia”

SEGURIDADE NO CAMIÑO

Paula Prado falou tamén da seguridade no Camiño de Santiago e destacou que tanto Xunta como Goberno central están facendo campañas e o Camiño é seguro “pero ademáis de facer propaganda e publicidade pedimos ao Goberno do Estado que se implique na dotación de medios para que esa seguridade sexa efectiva”.

 

Así recordou a viceportavoz popular que o pasado mes de abril o Secretario de Estado de Seguridade acudiu a Galicia para presentar un plan de seguridade con máis efectivos “e a día de hoxe observamos que a visita quedou nun díptico e non se materializou en dotar máis efectivos a Unidade de Policía Adscrita (UPA), encargada da protección do Camiño”

Actualmente a UPA, continuou Paula Prado, conta con 385 efectivos, está no 78% da súa capacidade de recursos humanos, cando o normal é que estivera ao mesmo nivel que a xefatura da Policía nacional, que coas novas incorporación acada o 90%. “É un desprezo a unha Unidade tan importante que atende aos peregrinos e garante a súa seguridade no Camiño e polo que o Grupo Popular leva tempo solicitando o incremento de efectivos que se atopan na actualidade en mínimos históricos”

 

 

EXAMINADORES DE TRÁFICO

Paula Prado tamén fixo referencia a “unha nova situación que pon en evidencia o sectarismo do Goberno central e o seu ninguneo a Galicia como é o referido as prazas de examinadores de tráfico da Dirección General de Tráfico que, a través da Subsecretaría do Ministerio de Interior, convocou 60 prazas no mes de abril, que se engaden as 35 do pasado mes de marzo, para reforzar as plantillas das xefaturas que máis o poidan necesitar pero ningunha desas prazas será para xefaturas galegas.

En total, indica a viceportavoz popular, 95 prazas para as diferentes xefaturas provinciais en España pero Galicia seguirá vivindo o colapso das autoescolas, impedindo que, sobre todo, xente moza que aproveita o verán para sacar o carnet de conducir non poida facelo, mermando as súas posibilidades de empregar esta ferramenta de traballo, de mobilidade e de independencia”

Así, anunciou que o Grupo Popular presentará unha iniciativa parlamentaria para que o Goberno destine algunha desas 95 prazas a Galicia ou que convoque novas para que a nosa Comunidade conte cun número de examinadores suficientes para facer fronte a todos eses miles de persoas que desexan sacar o carnet e “lamentamos esta situación que pon de manifesto de novo o sectarismo do Goberno de España e ninguneo respecto a Galicia”.

Noticias recomendadas

O PPdeG reclama a Yolanda Díaz que explique o ‘caso Errejón’ e “teña a valentía de dimitir” no caso de que ela ou alguén máis colaborase en encubrir estes feitos
O Partido Popular de Galicia reclama á galega Yolanda Díaz que dea “todo tipo de explicacións” polo escándalo protagonizado por Íñigo Errejón e que, dada a gravidade do acontecido, “teña
O Parlamento galego demanda ao Ministerio do Interior un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes da unidade adscrita a Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio dos deputados do BNG nin do PSdeG, a través da que
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que dea maior flexibilidade ás comunidades autónomas para adaptar os fondos para políticas activas de emprego ás súas necesidades
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que modifique, de acordo coas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies