Skip to content

Paula Prado urxe a Sánchez “medidas realistas e consensuadas” con Galicia para o sector primario, “afogado” coa crise de Oriente Medio

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, urxe ao Goberno de Sánchez e aos seus socios independentistas “medidas realistas e consensuadas” coas comunidades autónomas para paliar as consecuencias económicas que sofre o sector primario, derivadas do conflito de Oriente Medio. Deste xeito, reafirma o compromiso do PPdeG como “o partido do rural”, “aliado” de gandeiros, agricultores, pescadores e transportistas, que se ven “afogados con esta grave crise”.

Así o manifestou a número dous dos populares galegos durante unha visita á cooperativa agraria Coafor, en Forcarei, onde estivo acompañada pola alcaldesa Belén Cachafeiro e o coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto.

Prado afea a Sánchez que “teña outras prioridades”, mentres noutros países de Europa xa teñen medidas en marcha ante esta crise global. Así, dende o PPdeG esíxese, entre outras iniciativas, impulsar rebaixas fiscais no IRPF, reducir o IVE da enerxía e eliminar determinados impostos enerxéticos. Todas estas iniciativas están encamiñadas a reducir esa “presión económica” que sofre o sector.

O CHEQUE EN BRANCO DO BNG

Neste sentido, e ante o Consello de Ministros previsto para este venres, Prado advertiu que os populares estarán “vixiantes” para que estas medidas “sexan consensuadas” coas comunidades autónomas, xa que son “as que realmente coñecen as necesidades do sector e manteñen o contacto cos afectados”. Así, criticou que en Galicia “aínda non sabemos nada” das posibles medidas que se debaterán este mesmo venres, afeando a “pasividade” de Sánchez.

Tamén fixo unha chamada de atención ao BNG e a súa líder, Ana Pontón, “que lle deu un cheque en branco a Sánchez para facilitarlle a presidencia a cambio de nada para Galicia”.

CAMBIO DE XESTIÓN EN FORCAREI GRAZAS AO GOBERNO POPULAR

Por outra banda, Paula Prado puxo en valor o traballo de Belén Cachafeiro en Forcarei, á que felicitou por facerse co bastón de mando neste concello o pasado mes de xullo, “facendo xustiza”. Lembrou que é unha das 31 mulleres alcaldesas do PPdeG que teñen o obxectivo de “traballar por e para os seus veciños”, máxime a pouco máis dun ano de celebrarse eleccións municipais.

Belén Cachafeiro amosou o seu orgullo de “facilitar o cambio de xestión” nun concello que, en sete meses de mandato popular acadou, entre outras cousas, reducir o período medio de pago de facturas a dous días e aprobar unhas contas coas que logran aumentar os servizos para a veciñanza. “Este traballo merece a pena para darlle un futuro ao noso rural, estando á altura e posibilitando que o noso concello non quede atrás”, sinalou.

Ademais, definiu ao seu equipo de goberno como “responsable, que escoita, entende e atende á xente”, especialmente ante crises como a actual, demostrando a identidade do PPdeG como “o partido do rural”.

Noticias recomendadas

Pepa Pardo: “Lo único que ha hecho Sánchez por Galicia es subirse al Falcon de A Coruña a Santiago. Eso sí que es un hito y no la ley Bolaños”
Acusa al Gobierno de colocar a Galicia “del otro lado del muro” porque “no les ha votado y les ha relegado a la irrelevancia política” Afirma que la Xunta tiene
Millán Mon subraya que la Comisión de Pesca solicita 7.500 millones de euros para la financiación de la pesca
El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon ha intervenido hoy en la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo en varios debates, incluyendo la presentación por parte de la Comisión
O PPdeG urxe ao Goberno unha solución que garanta a continuidade do programa de auxiliares de conversa nun marco seguro e estable
O PPdeG urxe ao Goberno central a adoptar unha solución que garanta a continuidade do programa auxiliares de conversa nun marco xurídico e laboral seguro, estable e común para todas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies