Skip to content

Pedro Puy afirma que a nova lei de xestión do ciclo integral da auga garantirá unha prestación de servizos profesional e de calidade

Santiago, 18 de abril de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana debaterá a toma en consideración do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, “que porá a disposición dos concellos un sistema voluntario para garantir unha prestación de servizos profesional e de calidade”.

Con esta nova norma dáse resposta á demanda persistente de axuda dos concellos que teñen dificultades para o exercicio das súas responsabilidades sobre a xestión da auga, a través dun marco normativo que regula o apoio ás administracións locais nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das augas.

 

DECISIÓN VOLUNTARIA DOS CONCELLOS

 

Puy explicou que a Xunta “ofrecerá aos municipios a posibilidade de encomendarlle a Augas de Galicia, de forma sempre voluntaria, a xestión dos diferentes servizos da auga para obter garantías da súa eficiencia e eficacia, apostando por un uso racional do recurso e polo aforro da auga”.

 

Ademais, o Goberno galego asumirá un terzo do custo das obras que se identifiquen como necesarias para o bo funcionamento do sistema, priorizando as actuacións nas redes de saneamento e abastecemento co fin de limitar as fugas (que en ocasións chegan ao 40 por cento) e de evitar as infiltracións de augas de chuvia, de mar ou dos ríos.

 

“Este apoio aos concellos sumarase ao que xa viña prestando o Goberno galego nos últimos anos para que cumpran as súas competencias no ámbito do saneamento e abastecemento de auga, xa que a Xunta mobilizou desde 2009 máis de 1.000 millóns de euros para executar obras e infraestruturas hidráulicas municipais”, engadiu.

 

O portavoz popular manifestou que esta nova lei “reordena os tributos existentes, cunha denominación máis acorde ao seu obxecto, pero sen crear novas taxas que repercutan nos usuarios e preservando e garantindo a potestade tributaria dos municipios”. “Os concellos seguirán a ter o poder de decisión sobre o recibo final dos seus servizos municipais, cuns prezos únicos e xustos para o conxunto da Comunidade galega”, sinalou.

 

EFICACIA DO 95% NO ORZAMENTO DA XUNTA

 

Pedro Puy informou, ademais, que na sesión plenaria da vindeira semana está previsto o debate para a súa aprobación da Conta Xeral da Xunta de Galicia correspondente a 2019. Neste sentido, dixo que os informes realizados polo Consello de Contas “acreditan unha absoluta normalidade nos trámites orzamentarios por parte da Xunta, dando certezas ao tecido produtivo e favorecendo unha recuperación da crise pandémica como os problemas actuais derivados da invasión de Ucraína”.

 

“É unha foto positiva, cunha execución dos orzamentos cun 95 por cento de eficacia, moi por enriba do 68 por cento do Concello de Vigo ou do 40 por cento da Deputación de A Coruña”, salientou. No ámbito do endebedamento, o Consello de Contas acredita que a ratio débeda/PIB a prezos de mercado sitúase en Galicia no 17 por cento, seis puntos por baixo da media do conxunto das administracións públicas de España.

MAN LIBRE DO NOVO PRESIDENTE

Por outra banda, cuestionado sobre o relevo do Presidente do PPdeG, Pedro Puy reiterou que “o Grupo Parlamentario está a disposición do que diga o partido para acomodarnos a esta nova etapa”, polo que afirmou que o novo Presidente “terá man libre para adoptar as decisións que considere oportunas”.

“Aprecio absoluta responsabilidade e ánimo de cooperar para que esta nova etapa sexa exitosa”, manifestou Puy, quen puxo de manifesto “o ánimo de todos os responsables do PPdeG e do Grupo Popular de facer as cousas ben nestes momentos”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular afirma que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como o Valedor do Pobo”
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “para que Galicia siga funcionando é necesario que sigamos contando co traballo de institucións como
O Grupo Popular afirma que a instalación de Altri en Palas de Rei vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas, españolas e galegas, as máis respectuosas co medio ambiente do mundo”
O portavoz de Industria do Grupo Popular, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender “do
Ángel Moldes relevará a Héctor Corujo como voceiro do PPdeG e vicepresidente 1º da Fegamp
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, relevará ao rexedor do Incio, Héctor Corujo, como principal representante do Partido Popular de Galicia na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies