Skip to content

Pedro Puy afirma que os orzamentos de Galicia poñen en evidencia a falta de presupostos no Estado, dando estabilidade e certidume á economía galega, que medra máis que a española

Santiago, 18 de novembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que a tramitación dos presupostos de Galicia “poñen en evidencia a falta de orzamentos no Estado”, salientando o feito de que comunidades como a galega “levan as contas no seu prazo, o que lle da estabilidade e certidume a unha economía que está medrando máis que a española”.
 
Así mesmo, amosouse disposto a estudar unha reforma do regulamento do Parlamento galego “se o PSOE quere que os temas que están subiúdice non se podan investigar en sede parlamentaria”.
 

 

 

Respecto da tramitación dos orzamentos da Xunta para 2019, que mañá se debaten na súa totalidade no Parlamento galego, o portavoz popular  manifestou que as contas “son a translación da vontade política á práctica do gasto de cada ano”. Os presupostos “abren un debate amplo sobre como se pode ir mellorando a economía galega”, polo que sinalou que “é difícil ver que haxa acordos entre goberno e oposición”.
 
 

 

A preguntas nunha entrevista na Cadena SER sobre a creación da comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño, Pedro Puy lembrou que foi unha proposta dos grupos de En Marea e do BNG, á que o Grupo Popular se abstivo, “para que os 400 feridos e as súas familias teñan unha explicación e logo de que o alcalde de Vigo non só non quixera investigar formalmente a cuestión a nivel municipal, senón que se negara a dar a máis mínima explicación”.
 
 

 

SEN EXPLICACIÓNS A NIVEL LOCAL
 
 

 

“Nós teríamos votado en contra porque a nosa liña xeral de actuación é que se unha cuestión está subiúdice entendemos que o Parlamento debería esperar, pero neste caso non se deu a máis mínima explicación no ámbito local, que era o lugar máis adecuado para isto”, sinalou.
 
 

 

Neste sentido, sinalou que “ningún grupo da oposición ten proposto unha reforma do regulamento do Parlamento para excluír  que se investigue en sede parlamentaria cando hai un tema subiúdice”, unha proposta que considerou “interesante para analizar” e que “veríamos con bos ollos” se se chega a formular.
 

 

 

Cuestionado respecto da postura do Grupo Popular sobre a creación dunha comisión de investigación no Parlamento galego sobre o accidente do Alvia, Pedro Puy  sinalou que neste caso “todas as competencias, agás as que foron de auxilio aos feridos, sobre o que o Goberno galego compareceu inmediatamente no Parlamento galego, eran do Estado”, polo que apuntou que “de facerse unha comisión de investigación parlamentaria sería no Congreso, que é onde finalmente se está levando a cabo”.
 

 

 

PROPOSTAS INASUMIBLES DA OPOSICIÓN
 
 

 

Sobre a comisión de investigación da sanidade galega, Puy recordou que “o que a oposición quere investigar é si a evolución do gasto tivo unha incidencia na xestión sanitaria”. “Chama a atención que, sendo ese o obxectivo que a oposición propón, sexa o Grupo Popular o único que pida expertos tanto da Xunta como do Consello de Contas ou profesionais da economía sanitaria que veñan a explicarnos cal foi a evolución do gasto sanitario, porque se poden ver as cifras totais para comprobar se hai máis ou menos gasto, pero tamén os resultados da xestión, porque moitas veces o aforro non ten que ver cos recortes senón cunha boa xestión, como aconteceu co abaratamento dos fármacos a través da introdución dos xenéricos de forma máis intensiva”, explicou.
 

 

 

“A oposición decidiu unilateralmente abandonar a comisión de investigación logo de que a maioría lle fixera unha oferta na que máis da metade dos comparecentes eran a iniciativa da oposición, ademais de que iamos ter a comisión de investigación con máis comparecentes da historia do Parlamento galego”, sinalou.
 
 

Así mesmo, apuntou que “estamos dispostos a colaborar coa oposición para que faga o seu traballo parlamentario, pero non queremos facerlle o xogo de abrir en canal de forma indefinida a xestión sanitaria presentando propostas que son inasumibles en calquera cámara dirixidas a alongar indefinidamente a comisión de investigación e non chegar a conclusións”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies