Skip to content

Pedro Puy avoga por concluír a Comisión de investigación das caixas cun ditame obxectivo, documentado e baseado en datos certos

Santiago, 11 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosouse hoxe “con ganas de rematar o ditame da Comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galegas, unha vez que está moi clarexado o panorama xudicial”. Porén, afirmou que “a nosa prioridade fundamental neste momento é a Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia creada neste Parlamento e a aprobación duns orzamentos para 2021 que van permitir combater a pandemia sanitaria a curto prazo”.

Ao remate da reunión de constitución da Comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro nesta XI Lexislatura, na que quedou configurada a Mesa, coa presidencia e vicepresidencia a cargo dos deputados populares José Manuel Rey e Lupe Murillo, respectivamente, Pedro Puy avogou, “por cortesía parlamentaria e tendo en conta a composición da comisión e a designación realizada por cada grupo, por deixar un pouco de tempo aos deputados que se incorporan por vez primeira para que analicen, estuden e vexan a inxente documentación que hai a disposición desta comisión no Parlamento”.

 

Neste sentido, apuntou que o obxectivo é “concluír un traballo que, unha vez escoitadas algunhas das cuestións que ten dito a oposición e tendo en conta a composición dos grupos na propia comisión, tanto da súa abstracción territorial como de antecedentes relacionados coas caixas, faga unha síntese obxectiva, documentada e baseada en datos certos, sobre cal foi o proceso, que fases tivo, que fixo cada un en cada fase e, a partir de aí, facer públicas as conclusións desa análise”.

 

TEMAS CLAREXADOS

 

“Aínda que quedan temas pendentes subiúdice en relación coas caixas galegas, aqueles temas que considerábamos fundamentais no seu momento, como saber por que as caixas remataron como remataron, saber o que pasou co tema das preferentes e saber o que ocorreu coas indemnizacións millonarias dos directivos das antigas caixas, xa están clarexados entre outras cousas gracias as intervencións xudiciais que houbo ao respecto”, manifestou.

 

Pedro Puy fixo unha reflexión sobre a conveniencia de manter comisións de investigación parlamentarias ao mesmo tempo que teñen lugar xuízos, sobre todo cando son de carácter penal e afectan ao obxecto de investigación do Parlamento. “O certo é que, se analizamos por que moitas das comisións de investigación que se fixeron na Cámara ultimamente non chegaron a resultados, entre outras cousas ten que ver polo feito de que moitas destas cuestións que o Parlamento decide investigar están sometidas a procesos penais”, afirmou.

 

Esta situación “dificulta o propio traballo da investigación, porque aqueles que están suxeitos a un proceso penal poden inhibirse e non responder nin aportar documentación, porque teñen o dereito á súa propia defensa que prevalece sobre calquera capacidade de investigación da Cámara; e, en segundo lugar, isto pode levar a alongar os traballos indefinidamente, porque se os adiantamos e despois hai unha contradición nas conclusións dun mesmo obxecto de estudo ou investigación por parte do poder xudicial e do poder lexislativo estaríamos facendo un fraco favor á verdade, en primeiro lugar, e ás institucións, en segundo lugar”.

 

PRIORITARIO ABORDAR A CRISE ACTUAL

 

Para rematar, o portavoz popular subliñou que “no Parlamento estamos rodeados de comisións en marcha e estamos traballando arreo”, pero concretou que “para nós é prioritario abordar a crise actual”. “Se a oposición cree prioritario plasmar por escrito algo que o país coñece polas comparecencias e pola documentación que se fixo pública nesta Comisión e polas sentenzas xudiciais, se equivoca”, indicou.

 

“Para nós, o prioritario é o que está vivindo o país, unha pandemia e unha crise económica sen precedentes, polo que temos claro que a nosa prioridade fundamental é a Comisión de Reactivación deste Parlamento e a aprobación duns orzamentos que van permitir combater a pandemia a curto prazo, o que non quere dicir que abandonemos outras responsabilidades”, concretou.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
Paula Prado augura unha lexislatura protagonizada polo “Estilo Galicia” que caracteriza ao Goberno de Rueda: “Estabilidade, rigor, xestión e cumprimento da palabra dada”
O PPdeG, logo da comparecencia do presidente Alfonso Rueda esta semana no Parlamento, considera que quedou claro que esta lexislatura estará protagonizada polo “Estilo Galicia” baseado na estabilidade e o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies