Santiago, 9 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe o teito de gasto, que mañá se debaterá e aprobará no Pleno do Parlamento, de “realista” co que a Xunta “intenta dar resposta con recursos para a recuperación da economía, ás demandas sociais e permitir a posta en marcha de medidas directas de axuda aos sectores afectados pola pandemia”. Respecto das axudas á hostalería, Puy sinalou que as anunciadas pola Xunta son “significativas”, pero demandou maior implicación tanto do Goberno central como dos concellos na rebaixa de impostos como o IVE ou o IBI.
Pedro Puy lembrou que o teito de gasto aprobado polo Goberno galego para 2021 ascende a 11.664 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,9 por cento, o que vai permitir incrementar as capacidades de gasto ao redor de 1.500 millóns. “Estamos a falar dun teito de gasto extraordinario, por ser o máis alto da serie histórica, para facer fronte a unha situación extraordinaria”, manifestou.
?️En Galicia o debate do teito de gasto se da no @Par_Gal, algo que non ocorre na meirande parte das CCAA, Puy salienta o teito de gasto extraordinario de máis de 11.600M€ que sube en 1.500M€ dada a situación extraordinaria que estamos a vivir ? pic.twitter.com/uABjsla9yJ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 9, 2020
Porén, sinalou que “é un teito de gasto realista”, porque, a pesar de que todas as previsións indican que Galicia medrará máis que a media, “consideramos que o crecemento galego será menor que as previsións excesivamente optimistas do Goberno central para o conxunto da economía española”. Deste xeito, considerou que “nestes momentos convén atinar coas previsións de crecemento”.
▶️Un teito de gasto extraordinario,indica o voceiro Pedro Puy, para ter recursos que permitan reactivar a economía, facer fronte as demandas sanitarias e sociais e por en marcha medidas de axudas directas aos distintos sectores afectados como na actualidade ocorre coa hostelería pic.twitter.com/sveICzijd0
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 9, 2020
COMPARECENCIAS E PROXECTOS DE LEI
O portavoz popular informou tamén que a sesión plenaria debaterá as propostas de resolución sobre o informe de fiscalización do sector público de Galicia de 2018 realizado polo Consello de Contas, así como o debate de totalidade dos proxectos de lei de ordenación do territorio de Galicia e de pesca continental de Galicia.
Respecto do proxecto de Lei de ordenación do territorio, Puy indicou que actualiza a norma vixente de 1995 e suma un novo fito ao traballo realizado polo Goberno galego nos últimos dez anos para modernizar e actualizar o corpo urbanístico da Comunidade galega.
O proxecto de lei de pesca continental de Galicia aposta por impulsar a remuda xeracional e un modelo de pesca sostible capaz de xerar emprego e riqueza no rural. O obxectivo é facer da pesca un motor de fomento do turismo e canalizador das actividades tradicionais e do patrimonio ictícola de Galicia.
A sesión plenaria inclúe a comparecencia do Presidente da Xunta, para dar conta da evolución da pandemia do coronavirus en Galicia e as medidas adoptadas polo Goberno galego; e da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, para informar da situación e das medidas adoptadas polo Goberno galego ante a situación de turbidez do río Eume e o seu impacto no abastecemento de auga en Pontedeume.
REXEITAMENTO A APROBAR CON SUSPENSOS
Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular amosará o rexeitamento ao Real Decreto-Lei do Ministerio de Educación que, ignorando o previsto na normativa orgánica de educación e sen pactalo coas comunidades autónomas, rebaixa o nivel e os requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-21 con independencia do número de materias suspensas.
Pedro Puy considerou esta decisión como “incorrecta” porque “se está deteriorando a educación pública e é unha medida contraditoria con todas as accións de incremento da calidade e diminución do abandono escolar que se están adoptando en Galicia con bos resultados”.
?O @ppdeggalicia defenderá mañá no Pleno o rexeitamento do @Par_Gal ao Real Decreto-Lei do Ministerio de Educación co que, segundo Puy, se está deteriorando a calidade da educación pública,a igualdade de oportunidades e é contraditorio coas medidas contra o abandono escolar pic.twitter.com/rgMJPtBwRJ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) November 9, 2020
Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que a Xunta, no marco do seu futuro Plan Galego de Oncoloxía, elabore unha estratexia de medicina personalizada e terapia celular avanzada e poña en marcha un centro de terapia CAR-T en Galicia.
A denominada terapia avanzada é aquela coa que se pretende que o sistema inmune do paciente recupere a capacidade de recoñecer e destruír de forma selectiva as células tumorais. “Ter en Galicia un centro CAR-T implicaría dotar á Comunidade galega da posibilidade de fabricar no noso propio territorio os medicamentos indicados para estes tratamentos”, sinalou o portavoz popular.
DIALOGO CO SECTOR DA HOSTALERÍA
Cuestionado sobre as axudas da Xunta á hostalería, Puy referiuse ao diálogo que a Xunta está a ter co sector e cualificou as subvencións de “significativas e relevantes”, ao tempo que complementarias coas acordadas a nivel estatal para todos os sectores.
Neste sentido, sinalou que se trata dunha “labor conxunta de todas as administracións”, polo que insistiu en que o Estado rebaixe o IVE ao sector turístico e os concellos reduzan os impostos municipais aplicados a este sector. “As taxas municipais son planas e non teñen que ver cos ingresos dos locais, senón coa ocupación de espazos públicos”, apuntou.