Skip to content

Pedro Puy demanda “unidade de acción” no Parlamento en defensa dos traballadores de Alcoa

Santiago, 22 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe “unidade de acción” no Parlamento galego en defensa dos traballadores de Alcoa e contra a decisión unilateral da empresa de pechar as factorías de A Coruña e Avilés.
 
Neste sentido, apuntou que o PPdeG defenderá no Pleno desta semana unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central que poña en marcha as compensacións previstas nos orzamentos para 2018, por importe de 150 millóns de euros, para as empresas electrointensivas, á que se sumará a comparecencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria para informar da situación da factoría de Alcoa en A Coruña logo da reunión que celebrará mañá en Madrid con representantes do Goberno central.
 
 

 

Pedro Puy amosou a “predisposición” do Grupo Popular a traballar conxuntamente cos demais grupos parlamentarios, “que espero se traduza na lectura dunha declaración institucional ao longo do Pleno desta semana, así como no apoio á proposición non de lei a través da que se pide que o Goberno central poña en marcha as compensacións para as empresas electrointensivas, como Alcoa, Megasa ou Ferroatlántica, e implante un novo réxime de compensación polos custos adicionais incluídos no prezo da electricidade soportados por estas industrias”.
 
 

 

Así mesmo, a sesión plenaria incorporará, logo de proceder de xeito extraordinario a unha modificación da orde do día, a comparecencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria para dar conta da reunión que mañá se celebra en Madrid con representantes dos ministerios de Industria e de Transición Ecolóxica, así como dos sindicatos. A comparecencia terá lugar o mércores, despois do apartado de preguntas ao Goberno galego.
 
 

 

“Con isto damos resposta a unha demanda da sociedade á que lle preocupa tanto o comportamento desta empresa multinacional como as consecuencias que iso pode ter en 400 familias galegas que poden ver como, de un día para outro, perden o seu traballo”, apuntou.
 
 

 

INFORMACIÓN SOBRE O ANISAKIS
 
 

Puy engadiu que o Grupo Popular tamén defenderá no Pleno outra proposición non de lei a través da que se demanda ao Ministerio de Agricultura e Pesca que desenvolva unha estratexia de comunicación para contrarrestar a confusión existente sobre as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do parásito do anisakis.

 
 
 

Neste sentido, lembrou que durante o pasado verán as autoridades sanitarias crearon unha tormenta mediática ao aumentar a cinco días a recomendación de conxelar o pescado antes de consumilo para diminuír o risco de infectarse co anisakis, logo de que se detectaran supostos casos de contaxio en peixe que fora conxelado previamente. “Esta situación xerou certa confusión que imos intentar reconducir porque afecta aos produtores galegos e o propio sector pesqueiro galego considerou que debía ser corrixida”, sinalou.

 

O Grupo Popular tamén preguntará no Pleno ao Goberno galego sobre o balance que fai das mudanzas introducidas na política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais un ano despois da vaga de lumes de outubro de 2017; os programas que desenvolve para incrementar o consumo de leite; e os trámites que se están a seguir para a construción do primeiro campus de FP en Vigo, logo de que recentemente a Zona Franca se desvinculara deste proxecto.

 

 
 

O portavoz popular avanzou que este xoves comezan as comparecencias na Comisión 3ª de conselleiros e responsables de organismos públicos para dar conta dos orzamentos da Xunta para 2019 en cada departamento. Puy incidiu que estas contas “incrementan o gasto, ao tempo que reducen a carga fiscal, o déficit e o endebedamento da Xunta”.

 
 
 
ORZAMENTOS AXEITADOS
 
 

 

“Son os axeitados para unha situación na que a economía galega está a ter un comportamento mellor que o de España, co crecemento de dúas décimas por enriba da economía española, catro décimas sobre as economías avanzadas e seis sobre a media dos países da zona euro”, apuntou.
 

 

Así mesmo, indicou que permitirán “achegar máis recursos para o pago dos servizos públicos”, subliñando que o gasto social representa arredor do 80 por cento do gasto total da Xunta para 2019.

 
 
 

En definitiva, “facemos unha valoración positiva duns orzamentos presentados en data, facendo as cousas cunha normalidade e cumprimento das normas que se convirte, dadas as excepcionalidades noutras administracións, nunha novidade que non debería ser”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies