O Parlamento demanda a Alcoa que reconsidere a súa decisión e retire o expediente de extinción de emprego sobre a plantilla de A Coruña

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada dos grupos do PSOE e En Marea, a través da que se demanda á empresa Alcoa que reconsidere a súa decisión e retire o expediente de extinción de emprego sobre a totalidade da plantilla da súa factoría de A Coruña, tentando buscar solucións entre todos os axentes políticos, económicos e sociais afectados, abrindo unha mesa de negociación con todas as partes.
Continue reading

O PPdeG reitera a demanda para que a Xunta manteña o nivel asistencial na poboación asignada a Povisa, protexendo os postos de traballo

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Pleno que “apoiamos a resolución aprobada no Debate sobre o Estado da Autonomía e seguimos defendendo que a Xunta manteña o nivel de calidade asistencial na poboación asignada a Povisa, protexendo os postos de traballo existentes no marco das obrigas pactadas no convenio asinado entre o Sergas e o hospital”.
Continue reading

O Parlamento demanda ao Goberno central unha estratexia de comunicación para contrarrestar a confusión a propósito do anisakis

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, coa abstención de En Marea, a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta ao Ministerio de Agricultura e Pesca que desenvolva unha estratexia de comunicación para contrarrestar a confusión xerada logo das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis.
Continue reading

O Grupo Popular demanda que o Goberno central aborde no seo da Unión Europea a revisión da estratexia comunitaria na loita contra a velutina

Santiago, 23 de outubro de 2018.-  A deputada do Grupo Popular Raquel Arias demandou hoxe no Pleno que o Ministerio para a Transición Ecolóxica traslade á Unión Europea a situación que atravesan Galicia e outras comunidades autónomas afectadas pola presenza da avespa asiática, de xeito que se proceda a unha revisión da estratexia comunitaria.
Continue reading

O Grupo Popular critica que o BNG traia ao Parlamento unha proposta para deixar sen traballo aos 400 empregados de ENCE

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, criticou hoxe que, “nun momento no que todos estamos moi preocupados porque están en perigo 400 postos de traballo en Alcoa, o BNG trae ao Parlamento unha proposición non de lei para pechar unha empresa como ENCE, deixando sen traballo a máis de 400 persoas e investimentos por un mínimo de 61 millóns de euros”.
Continue reading

O PPdeG asegura que os controis semanais no encoro e nas captacións de Caldas en ningún momento teñen detectado presenza de toxina

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe no Parlamento que “os controis semanais que se están a facer no encoro de A Baxe en Caldas e nas captacións situadas no río Umia en ningún caso teñen detectado presenza de toxina, senón de microcystis, un tipo de alga que lle da á auga ese aspecto de cor verde”.
Continue reading

O Grupo Popular fomenta o consenso no Parlamento para mellorar as condicións dos traballadores galegos

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda a mellora das condicións laborais dos traballadores galegos. O viceportavoz Miguel Tellado celebrou que o resto de formacións con representación se sumen ás receitas da Xunta e reclamen que se apliquen as políticas que leva anos executando o Goberno autonómico.
Continue reading