Skip to content

Pedro Puy sitúa a nova lei para a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade como “un exemplo máis do máximo interese da Xunta por paliar esta carencia”

 

Santiago, 3 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou o proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega como “un exemplo máis do interese máximo que está a poñer a Xunta por resolver a ausencia de médicos e a difícil cobertura dalgunhas prazas nos hospitais comarcais ou en áreas como a saúde mental”.

Así mesmo, destacou o debate da proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demandan ao Goberno central unha serie de cuestións de especial interese para Galicia en materia europea para que as inclúa na súa axenda lexislativa e as incorpore no seu programa de prioridades para a presidencia española do Consello da Unión Europea.

 

Pedro Puy salientou o “marcado carácter sanitario” que terá o Pleno que se celebrará no Parlamento galego esta semana, tanto pola aprobación do proxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega, principalmente en atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental. Neste sentido, salientou que 91 médicos se incorporarán nas vindeiras datas a raíz do proceso aberto pola Xunta a través de concurso de méritos, unha fórmula que agora se estenderá a través deste proxecto de lei para paliar o déficit de prazas en determinados postos.

 

“Cremos que esta é unha boa vía para a incorporación de sanitarios ao sistema que contrasta con outras que se pediron hai tempo e que o Congreso convalidou pero que seguen sen desenvolverse”, dixo o portavoz popular. En concreto, referiuse ao incremento de prazas MIR ou a creación da especialidade de urxencias sanitarias.

 

INCENTIVOS COA NOVA LEI

 

Esta nova lei tamén recolle incentivos para o persoal que cubra estas prazas de difícil cobertura, como un acceso máis rápido ao máximo grao da carreira profesional sanitaria ou unha valoración extraordinaria do tempo de servizos prestados nestes postos á hora de computar méritos en procesos selectivos ou concursos de traslados, así como a priorización da súa participación en actividades formativas e proxectos de investigación.

 

 

Co obxecto de que o sistema garanta o obxectivo de cobertura asistencial destas prazas de difícil cobertura, a norma establece a obrigatoriedade da incorporación efectiva e permanente ao servizo activo do persoal que obteña praza a través destes concursos de méritos, así como a necesidade de permanecer un mínimo de dous anos en situación de servizo activo no posto adxudicado antes de optar a un concurso de traslados ou a outro sistema de promoción interna.

 

 

Ademais do debate para a aprobación deste proxecto de Lei, o Pleno inclúe a comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar dos avances acadados grazas ás medidas postas en marcha para o reforzo da atención primaria, onde a Xunta está a actuar dentro das súas competencias para afrontar a falta de médicos existente.

 

MEDIDAS EUROPEAS E PERTE PARA A INDUSTRIA

 

Por outra parte, e dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular defenderá unha dirixida a facer ver cales son as prioridades de Galicia para incluír na axenda europea e na Presidencia española do Consello da Unión Europea. Pedro Puy explicou que o Congreso “vén de abrir unha ponencia para analizar as prioridades de España ante o reto de presidir o Consello da Unión Europea” e salientou que “Galicia será o primeiro parlamento autonómico que se pronuncia sobre este tema”.

 

En concreto, a iniciativa do Grupo Popular abrangue 10 ámbitos: os fondos europeos, para asegurar unha xestión e execución eficaces dos fondos Next Generation, de xeito que cheguen ao tecido produtivo galego, especialmente ás pequenas e medianas empresas; a pesca, para reorientar as normas europeas e asegurar a sustentabilidade social, económica e medioambiental da cadea mar-industria; o medio rural, adaptando as normas europeas sobre agricultura, gandería e montes á realidade galega; a cultura, promovendo o fenómeno xacobeo na Unión Europea como parte da nova Axenda Europea para a Cultura e a Estratexia da UE para as relacións culturais internacionais; a enerxía, apostando por un modelo de transición enerxética ordenada, garantista, sustentable e respectuoso co medio ambiente, que permita achegar ás familias, pemes e industria un prezo competitivo; os transportes, para aproveitar ao máximo os fondos europeos dispoñibles para impulsar as sinerxias entre Galicia e Portugal, co fin de poder reforzar a competitividade; a demografía e o despoboamento, integrándoos nos distintos programas de financiamento da Unión Europea; a política exterior, reforzando a protección consular dos europeos en terceiros países; as relacións con América; e, por último, a defensa, velando porque a renovada importancia da política europea de defensa beneficie a Galicia.

 

Por último, Puy referiuse á proposición non de lei do Grupo Popular que pide ao Goberno central a posta en marcha dun PERTE singular que permita dar viabilidade aos proxectos industriais priorizados na Comunidade galega. “Hai un problema coa execución dos fondos europeos e hai que facer uns Pertes viables que permitan consolidar e ampliar as cadeas de valor”, manifestou e alertou que “podemos perder unha ocasión única para mellorar o noso tecido produtivo”.

Noticias recomendadas

O PPdeG denuncia o plan de Pedro Sánchez para desmantelar á Garda Civil no rural e a falta de efectivos: “Cada día faltan 1.000 axentes en Galicia”
O Partido Popular de Galicia denuncia o plan que está poñendo en marcha o Goberno central para desmantelar os cuarteis da Garda Civil no rural –mediante a redución de horarios
O Grupo Popular solicitará o debate para a súa aprobación no vindeiro Pleno da nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a inclusión no vindeiro Pleno do debate para a súa aprobación da nova Lei de promoción dos beneficios sociais
O Grupo Popular avanza a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia
O deputado do Grupo Popular Borja Verea avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a “inminente” posta en funcionamento do Observatorio Turístico de Galicia, que dará continuidade ao traballo que xa
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies